O pasado sábado tivemos a Asamblea Xeral, pero antes quixemos aproveitar a tarde e a vontade de un bo número de socios para facer o traslado do RAKÚ ata Punta Moreiras.
O viaxe por carretera xuntou a unha cantidade ben xeitosa de voluntarios, que o colleron no varadoiro de Peralto para achegalo ata o CIPES. Unha vez alí cambiouse para un carriño de varada máis pequeno e foi levado ata o lugar onde pasará este inverno.
A arquitectura do CIPES non nos permitiu empiar o palo e izarlle a vela... que lle imos facer.
Mentras estea en seco instalarémoslle un motor e remataremos de acondicionalo.

Nesta asamblea reunímonos preto de 30 socios, e algúnhas caras novas que se incorporan á asociación con ganas de navegar e participar, dámoslles a benvida e agardamos que así sexa en canto o tempo no-lo permita.
# publicado por Amigos da Dorna Meca @ 18:30
0 comments
Queda convocada a
ASEMBLEA XERAL ORDINARIALugar: Centro de Interpretación da Salga e a Pesca. Punta Moreiras. O Grove
Día: sábado 14 de novembro de 2009 Hora: 19:00 h.
Orde do día
1. Lectura e aprobación da acta anterior, se procede
2. Dación de contas
3. Memoria de actividades 2009
4. Cambios nas regatas
5. Saídas abertas
6. Varios:
Rogos e preguntas
# publicado por Amigos da Dorna Meca @ 19:00
0 comments

Foi unha pena, pero finalmente non puidemos rematar a Regata do Marisco deste ano, saímos ao mar un total de 34 dornas (12 delas eramos do Grove) e máis A Meca, e despois de moito esperar polo vento, este non deu chegado.

A nosa idea era darlle a volta á Illa da Toxa, o que podería ser unha regata ben bonita, pero quedámonos pouco máis adiante da Cabreira.

Agradecémoslles a participación a todos os dorneiros que se achegaron ao grove neste día e despedimos as regatas ata o ano que ven.

# publicado por Amigos da Dorna Meca @ 18:27
0 comments

Este sábado 3 de outubro teremos a Regata do Marisco 2009, organizada pola Asociación de Amigos da Dorna Meca co patrocinio do Concello do Grove, e que está incluída no programa da Festa do Marisco deste ano.
Para esta ocasión temos preparada unha pequena sorpresa para a regata.
Animamos e convidamos a participar nesta última regata da temporada, que será a última das 4 regatas celebradas no Grove este anos, no que desde a asociación comezamos con iniciativas de fomento e participación social das embarcacións tradicionais, na medida do posible.
# publicado por Amigos da Dorna Meca @ 22:55
0 comments
Velas de todo tipo no Grove
Onte sábado saimos a navegar e disfrutar da fantástica tarde de setembro, con unha brisiña do noroeste. A saída consistiu na Festa da Vela, organizada polos compañeiros da Escola de Vela O Grove, que a veñen celebrando desde hai catro anos, e á que nos convidaron.
O pequeno Rakú tamén se apuntou. Foto: Dani Otero
Pois resulta que pouco antes das 5 da tarde saímos todos a velear: A Meca, o Rakú, a Lamaschica e a Nocra. Pero eso non foi o único, a maior parte das embarcacións de vela lixeira da escola tamén sairon, acompañados polo Raquel C e algún que outro cruceiro que se animou a participar.
O Raquel C ofrece unha preciosa estampa
Ao remate cando estabamos todos en terra reunímonos nas dependencias da escola, no Pavillón de Deportes Naúticos, para tomar un pincho e unha fresca.
Carmen, a pequena de Cores, no seu optimist seguida de cerca pola Meca
O sábado que ven despediremos a temporada de regatas de dornas no porto do Grove.
A nova en:
# publicado por Amigos da Dorna Meca @ 18:34
0 comments
Este sábado tivemos o II Premio Regata de Dornas a Vela de Porto Meloxo, organizada polos amigos do Bar Meloxeira, (algúns deles son os que nos axudan coas lanchas nas regatas) e cos que colaboramos moi a gusto.

Salimos coas dornas varadas na praia, co palo arriba e a vela armada, despois de dar a saida empuxámolas e armamos o timón para disfrutar da tarde navegando.
Nesta ocasión contamos con 30 dornas nesta xornada coa que pretendemos espallar o mundo da navegación tradicional alí onde se nos requira, e sobre todo, onde mostren o seu interes por apoiar todo este movemento, como é neste caso.

Ganou a Fuxe, con Manolo Parada á caña, seguida pola Cariñosa, do Checo, e de terceira rematou a Cariñosa de Santi Mougán. Tamén houbo un pequeno trofeo para os que pechaban a lista, por aquelo de non desanimarse.
Ao remate sardiñas, xurelos e outros "benmesabes" e o convite aberto a voltar a Porto Meloxo a próxima tempada.
Vémonos o día 3 na Regata do Marisco, onde nos depediremos da competición oficial.
# publicado por Amigos da Dorna Meca @ 23:52
0 comments

Este ano volveremos a facer unha regata en Porto Meloxa, colaboraremos cos amigos deste barrio que se movilizaron para facer posible o II Premio Regata de Dornas a Vela de Porto Meloxo, a cita é o sábado 19 de setembro ás 4 e media da tarde.
Alí nos veremos.
# publicado por Amigos da Dorna Meca @ 16:36
0 comments