domingo, agosto 20, 2006

Volta a Rúa: unha mala tarde tena calquera...



A regata que fora aplazada a semana anterior, celebrouse o día 19, o emplazamento orixinal fora o marabilloso peirao de Palmeira, aínda que ó final a proba celebrouse saíndo da plaia de Coroso, en Ribeira. Sun vento do NW saímos cara ás Eiroas para deixalas por babor, despois da virada as varas de portar abriron as velas para a empopada rumbo ó faro de Gidoiros Pedregoso , virando neste para bolinar duramente en dirección a Ribeira. A victoria finalmente foi para o Checo e Victor na Ladra, as nosas dornas foron 9ª Fuxe, 18ª Cacharula, sorprendente 19º posto para a Siña María, 25ª Chunga e como non: 28ª a Luz Divina. O total de dornas participantes foron trinta e unha.

martes, agosto 15, 2006

Festa da Dorna de Rons



O
Bar Rons organizou para o día 15 de agosto unha Festa da Dorna, para os veciños e os amigos desta embarcación, esta festa xa se ten feito anos atrás e este ano decidimos recupoerala un grupo de compañeiros navegantes. Á unha da tarde sairon as 11 dornas que alí se xuntaron, a travesía de dúas voltas fíxose diante de Rons, nun triangulo aberto no cal os tripulantes tiñan que facerse con un xamón que estaba nun faro (virada) e outro nunha batea (tamén virada), ó chegar a terra houbo cochinillos, xoubas asadas, xurelos asados, mexilóns, empanada... xuntoue numeroso público, entre amigos, tripulacións e veciños daquel barrio, que tamén colaboraron na festa, todo unha festa que se prolongou en cantos e brindis ata ben entrada a noite. Gracias por vir ós amigos da Forza R, da Xarandeira e da Julicheira, esperamos que esta festa sexa cita frecuente nos próximos anos.


lunes, agosto 14, 2006

Ragata do Bao, a Fuxe cuarta de novo















O sábado 5 de agosto estivemos navegando na Illa de Arousa, a cita era na praia do Bao, con vento fresco do nordés durante toda a mañán que baixou en intensidade para o momento da regata, xuntámonos 35 dornas. Da nosa Asociación estiveron: Cacharula, Fanequeira, Fuxe, Luz Dinina, Siña María e Siña Pepa. A Fuxe trouxo o trofeo de cuartos clasificados, a Chunga, con Maribel e Fabián a bordo, levaron o premio á primeira fémina clasificada. A Fanequeira e a Siña María tiveron algún que outro contratempo na navegación. Despois da entrega de trofeos houbo foleada con gaitas e tamboriles. Pinchando aquí podedes ver unhas cantas fotos