viernes, enero 30, 2009

A Chunga en Fitur

Foi hai algúns meses cando unha axencia de publicidade contactou coa nosa asociación para facer unha fotografía. Para esto querían unha dorna a vela na praia de Area Grande entre as 2 e as 4 da tarde. Así foi, a dorna estivo alí e os profesionais fixeron o seu traballo.
O resultado? aquí o tedes, unha imaxe xigantesca no stand de Galicia na Feira Internacional de Turismo FITUR 09.
Desde O Grove, desde Amigos da Dorna Meca para o mundo!!

lunes, enero 26, 2009

A Asamblea aposta pola continuidade da Directiva

A asemblea da Asociación de Amigos da Dorna Meca manifestou o seu desexo unánime de que a actual Xunta Directiva continue ao fronte da entidade, pero cunha maior participación da masa social, a cal comezará por elaborar de inmediato un plan de traballo para esta temporada.

Preto de trinta socios participaron na Asemblea Xeral Extraordinaria da asociación da que debería saír unha nova Xunta Directiva. Finalmente e tras un extenso debate decidiuse dar continuidade á Directiva actual, pero replanteando o seu funcionamento co aumento da participación dos socios dun xeito máis activo, redistribuíndo as tarefas. A partir deste punto o actual presidente en funcións, Lino Prieto, coordinará a un grupo de 15 membros da entidade a fin de elaborar un equipo que leve a cabo un plan de traballo co que afrontar a temporada.


ESTE GRUPO ESTÁ ABERTO Á PARTICIPACIÓN DE TODOS AQUELES QUE DESEXEN SUMARSE, a cita é na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey, o mércores ás 20.30 horas.


A noticia na prensa:
Todogrove.com

Faro de Vigo

Diario de Arousa

La Voz de Galicia

viernes, enero 09, 2009

Asamblea Xeral EXTRAORDINARIA

Convócase a
ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
Lugar: Centro de Interpretación da Salga e a Pesca. Punta Moreiras. Ogrobe
Día: sábado 24 de xaneiro Hora: 19:00 h.

Orde do día

1. Presentación de candidaturas para a Elección de Xunta Directiva
2. Eleccións á Xunta Directiva da Asociación


Na data na que se fai o envío desta convocatoria non se presentou ningunha candidatura, en todo caso a Xunta Directiva en funcións non ten coñecemento, polo que desde aquí vos animamos a presentar as vosas propostas para asumir a dirección desta entidade. Como xa se anunciou no seu momento a Xunta Directiva actual non se presentará á reeleción