lunes, enero 26, 2009

A Asamblea aposta pola continuidade da Directiva

A asemblea da Asociación de Amigos da Dorna Meca manifestou o seu desexo unánime de que a actual Xunta Directiva continue ao fronte da entidade, pero cunha maior participación da masa social, a cal comezará por elaborar de inmediato un plan de traballo para esta temporada.

Preto de trinta socios participaron na Asemblea Xeral Extraordinaria da asociación da que debería saír unha nova Xunta Directiva. Finalmente e tras un extenso debate decidiuse dar continuidade á Directiva actual, pero replanteando o seu funcionamento co aumento da participación dos socios dun xeito máis activo, redistribuíndo as tarefas. A partir deste punto o actual presidente en funcións, Lino Prieto, coordinará a un grupo de 15 membros da entidade a fin de elaborar un equipo que leve a cabo un plan de traballo co que afrontar a temporada.


ESTE GRUPO ESTÁ ABERTO Á PARTICIPACIÓN DE TODOS AQUELES QUE DESEXEN SUMARSE, a cita é na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey, o mércores ás 20.30 horas.


A noticia na prensa:
Todogrove.com

Faro de Vigo

Diario de Arousa

La Voz de Galicia

No hay comentarios: