viernes, enero 09, 2009

Asamblea Xeral EXTRAORDINARIA

Convócase a
ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
Lugar: Centro de Interpretación da Salga e a Pesca. Punta Moreiras. Ogrobe
Día: sábado 24 de xaneiro Hora: 19:00 h.

Orde do día

1. Presentación de candidaturas para a Elección de Xunta Directiva
2. Eleccións á Xunta Directiva da Asociación


Na data na que se fai o envío desta convocatoria non se presentou ningunha candidatura, en todo caso a Xunta Directiva en funcións non ten coñecemento, polo que desde aquí vos animamos a presentar as vosas propostas para asumir a dirección desta entidade. Como xa se anunciou no seu momento a Xunta Directiva actual non se presentará á reeleción

1 comentario:

O´Fartura dijo...

A renovación das Entidades Non Lucrativas como a vosa normalmente é un proceso de complicidades e consensos que non necesariamente segue as pautas establecidas nos estatutos.
Amigos da Dorna Meca é unha entidade coñecida e apreciada en toda Galicia. Unha referencia positiva de O Grove e da cultura marítima.
Sexamos optimistas e confiemos na presentación de candidatura.
Xente do mar do Grove, animádevos¡¡¡
Sorte, que as boas mareas están aseguradas.