domingo, diciembre 24, 2006
Feliz Ano 2007
Agradecer tamén o traballo de todas as persoas e empresas cercanas a nós: Sen persoas coma vos, nós nunca poderíamos facer o que fixemos.
Para todos: que pasedes unhas boas festas e que o ano 2007 só vos traia cousas boas.
Amigos da Dorna Meca.
jueves, diciembre 14, 2006
www.dornameca.org
miércoles, noviembre 29, 2006
A "Lamaschica" en Internet

miércoles, noviembre 15, 2006
ASAMBLEA XERAL 2/XII/06
CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL
Lugar: Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey. Ogrobe
Día: sábado 2 de Decembro Hora: 19:00 h.
Menú do día
1. Dación de contas
2. Situación de trámites actuais (subvencións, solicitudes, novo e-mail...)
3. Posta ó día de datos dos socios
4. Aprobación de compra do dominio www.dornameca.org
5. O Racú
6. Convocatoria de eleccións da nova Xunta Directiva
7. Varios:
Lotería de Nadal
Rogos e preguntas
martes, noviembre 14, 2006
Novo correo electrónico
amigosdornameca@gmail.com
sábado, octubre 28, 2006
Lotería do Nadal xa á venda

Bar O Camionero
Bar Rons
Cafetería La Fragata
Bar O Peirao
Restaurante Paraíso do Marisco
Taberna Casa Abel
Casa Martinez
Taberna Casablanca
Astilleros Hijos de J. Garrido
Ferretería Kinito
domingo, octubre 08, 2006
A Fuxe gaña na Regata do Marisco

O día amaneceu desagradable. con choiva e vento calmo e brisas variables por momentos. Os clubes de Cambados e a Illa de Arousa decidiron no acudir por non confiar en ter bo tempo para volver ó remate da proba.
Ó final a maioría das dornas da asociación saímos, acompañados pola Xarandeira de Fasquía, e a Bicoca dos Amigos da Dorna de Portonovo. Demos tres voltas a un circuito triangular disposto entre o Paseo de Confín e a Toxa, a regata foi rápida, e con constantes variacións no desaroio. A clasificación final quedou así:
Fuxe, Xarandeira, Chunga, Triñana, Siña María, Bichasa, Bicoca, Luz Divina, Fanequeira, Lamaschica e Siña Pepa.
O picoteo a base de mariscos variados foi na carpa da Festa, onde se celebrou a entrega de camisolas e premios. Para despedir a época de navegación, e antes de varar as dornas ata a primavera próxima, tivo lugar o concerto da Viñalar Fantastic Band na Casa da Cultura. Alí estivemos casi todos cantando e bailando. Estamos a preparar a galería de imaxes.
De hoxe nun ano...
miércoles, octubre 04, 2006
Regata do Marisco, festa de despedida da temporada (NOVIDADES)

Este sábado día 7 de Outubro ás 4 da tarde, e dentro do programa da Festa do Marisco, terá lugar a Regata do Marisco 2006, organizada en colaboración co Concello. Será un triángulo ubicado entre o paseo marítimo e a Illa da Toxa.
Ó remate da regata faremos a entrega de premios, que será carpa da Festa onde faremos un picoteo, e unha vez finalizada a entrega empeza a festa: despediremos a temporada por todo o alto, coa Viñalar Fantastic Band en concerto. O concerto será ás 20 horas na Casa da Cultura
martes, septiembre 12, 2006
Regata do Albariño 2006, decidiuse o Trofeo Galicia

Asistimos a Cambados para a Regata do albariño, que se aplazou ata o 2 de setembro. A primeira hora da mañán estaba pechado de neboa, pero como parecía que levantaría saimos veleando para alá. A travesía foi tranquila pero moi divertida.
A regata foi co recorrido de costumbre: Porto de Cambados, batea de control do Bohído, baliza do Arido e de novo ó porto, completaronse as dúas voltas en cousa de dúas horas. Na regata copamos os postos do 8 ó 11: Fuxe, Chunga, Marijuana e Cacharula.
Esta foi a última regata puntuable para o Trofeo Galicia de Dornas a Vela, da FGCMF e Deporte Galego, (notase o poderío das dornas do Grove) que ó final quedou deste xeito:
1ª NECORA |
2ª PEREKA |
3ª FUXE |
4ª BAZARRA |
5ª CACHARULA |
6ªCHUNGA |
domingo, agosto 20, 2006
Volta a Rúa: unha mala tarde tena calquera...

martes, agosto 15, 2006
Festa da Dorna de Rons
O Bar Rons organizou para o día 15 de agosto unha Festa da Dorna, para os veciños e os amigos desta embarcación, esta festa xa se ten feito anos atrás e este ano decidimos recupoerala un grupo de compañeiros navegantes. Á unha da tarde sairon as 11 dornas que alí se xuntaron, a travesía de dúas voltas fíxose diante de Rons, nun triangulo aberto no cal os tripulantes tiñan que facerse con un xamón que estaba nun faro (virada) e outro nunha batea (tamén virada), ó chegar a terra houbo cochinillos, xoubas asadas, xurelos asados, mexilóns, empanada... xuntoue numeroso público, entre amigos, tripulacións e veciños daquel barrio, que tamén colaboraron na festa, todo unha festa que se prolongou en cantos e brindis ata ben entrada a noite. Gracias por vir ós amigos da Forza R, da Xarandeira e da Julicheira, esperamos que esta festa sexa cita frecuente nos próximos anos.



lunes, agosto 14, 2006
Ragata do Bao, a Fuxe cuarta de novo
O sábado 5 de agosto estivemos navegando na Illa de Arousa, a cita era na praia do Bao, con vento fresco do nordés durante toda a mañán que baixou en intensidade par

domingo, julio 16, 2006
X Regata dos Faros para a Nécora e a Cacharula de segunda

Case todo saiu ben na X Regata dos Faros, pouco vento e 35 dornas participando, cumplironse as especativas de participación, pola escaseza de propulsión decidimos anular o paso obligado da boia de Meloxo, polo que despois do faro do Pragueiro as dornas puxeron proa ó porto do Grove. Braulio e Jarri, a bordo da Nécora, foron recibidos con bombas de palenque, o noso compañeiro Elías tirouse da Cacharula I ó mar, deixando solo abordo a Nito, para celebrar o seu segundo posto nesta emblemática regata e o terceiro lugar foi para a Tixosa dos Lajareu por barlvento de Ribeira.
A noticia está no Diario de Arousa.
A entrega de premios foi na Lonxa, os trofeos foron unha figuras de cerámica Galos. Van dez anos e esperemos que haxa moitos máis Se fas click na foto do encabezado podes ver máis.
A semana que ven a Ribeira.
domingo, julio 09, 2006
X Regata dos Faros

A entrega de premios será na lonxa.
Temos que agradecerlle á FGCMF, á Concellalía de Cultura e os locais do Distrito Noite a súa inestimable colaboura.
Estrenando o web
Haberá unha serie de enlaces que consideramos de interés, pormos fotos de regatas, intentaremos ter actualizada a páxina con noticias, convocatorias de asambleas, de regatas... en fin, todo aquelo que non nos sexa alleo. Ó mesmo tempo animavosmos a colaborar neste web coas vosas fotografías, opinións ou o que queirades.
Polo momento iremos vendo que posibilidades nos ofrece a web para o que queramos transmitir, é decir, que estamos en construción.
Gracias pola vosa colaboración e as vosas visitas