
Asistimos a Cambados para a Regata do albariño, que se aplazou ata o 2 de setembro. A primeira hora da mañán estaba pechado de neboa, pero como parecía que levantaría saimos veleando para alá. A travesía foi tranquila pero moi divertida.
A regata foi co recorrido de costumbre: Porto de Cambados, batea de control do Bohído, baliza do Arido e de novo ó porto, completaronse as dúas voltas en cousa de dúas horas. Na regata copamos os postos do 8 ó 11: Fuxe, Chunga, Marijuana e Cacharula.
Esta foi a última regata puntuable para o Trofeo Galicia de Dornas a Vela, da FGCMF e Deporte Galego, (notase o poderío das dornas do Grove) que ó final quedou deste xeito:
| 1ª NECORA |
| 2ª PEREKA |
| 3ª FUXE |
| 4ª BAZARRA |
| 5ª CACHARULA |
| 6ªCHUNGA |