lunes, agosto 13, 2012

Fotos dos ultimos eventos

Xa no mes de ajosto que  estamos e despois de unha pequena falta de imaxes dos ultimos eventos o socio Eduardo Parada dounos unha sorpresa e trouxonos un bo feixe de imaxes as que lle agradecemos de corason. Aki volas deixamos que ben e sabido por todos o que nos gusta vernos nas fotos e recordar as anecdotas de cada regata.Animar a todos os socios que teñades imaxes das regatas e eventos a enviarnolas o correo da asociacion que as publicaremos encantados,un saudiño queridos dorrneir@s e que o vento e o bo tempo non nos falten(e curioso poñer esto despois de ver a climatoloxia que levamos este mes de ajosto,si e que xa desia miña aboa "meu netiño primeiro de ajosto primeiro de inverno"e canta rason tiña)



    REJATA DOS FAROS 2012





























REJATA DORNAS A REMOS O CARMEN 2012





















REJATA DO BAO 2012










































 
 Fotos :Eduardo Parada
Tamen as podedes ver no feisbuk:A min tamen me justa a dorna Meca





viernes, agosto 03, 2012

Travesia ao Bao

Todol@s que queirades acudir a regata do Bao coas vosas embarcacions quedaremos este Sabado as 11:30(e sede puntuales)nas inmediacions da cafeteria Estacion para sair por mar tod@s xuntos,recordade que para acudir a regata e obrigatorio ter as embarcions cos seguros obrigatorios e equipadas con remos ,flotabilidade,rizons etc etc.Esperamos vervos  a tod@s.Bos ventos¡¡

miércoles, agosto 01, 2012

Regata do Bao

Como ben sabedes dorneir@s este fin de seman disputase a Regata do Bao unha das citas imperdoables da tempada.Saida dende terra coa dorna sen preparar,montalo timon colocar o palo enverjar a vela e tirando millas para cumprir o percorrido,unha regata donde non todo e ser fino veleando senon case q imprescindible coñecer o barco a fondo.Dende a asociacion estamonos organizando para sair por mar o sabado dende o muelle do Grobe por eso esperamos  q pasedes a informarvos pola caseta da asociacion  ou chamedes o telefono para poder organizarnos.Un saudiño e bos ventos queridiños Dorneir@s

Aqui vos deixamos o enlace da regata:
http://acddorna.org/blog/blog.php?id=651

viernes, julio 27, 2012

Suspension Regata Dorna de Prata

Na tarde de onte  recibiamos unha chamada para confirmarnos a suspension da regata ata novo aviso.Teremosvos informados¡¡¡¡¡¡q a vela non pare¡¡¡¡.Un saudo queridos dorneir@s.

miércoles, julio 25, 2012

Regata Dorna de Prata 2012

Chegou o Gran trofeo das Dornas "A Dorna de Prata" e con mais ganas ca nunca este sabado 28 de Xullo iremos a Ribera dispostos a traela po Grobe,temos prevista a saida en barco dende o muelle do Grobe as 12:00 (sede puntuales¡¡¡)e os que queiran sair de Meloxo recolleremolos polo camiño o pasar o Faro das Pedras  estades avisados¡¡¡¡que non volo conten vide a disfrutar dun dia de vela tradicional e a loitar pola Dorna de Prata¡¡¡¡¡bos ventos para tod@s¡¡

Regata dos Faros 2012

Despois dunhas semans un pouco baixo de moral,hoxe dia de Galiza vinme con forzas para poder escribir unha pequena cronica sobre a regata.
A mañan aparecia perfecta,sin moito vento nin pouco algunha nube no ceo,catro pingas caian a media mañan pero nin chegaba a mollar a cuberta,no local ultimabamos para ter todo listo para a tarde.A comida lista , a bebida arrefriando,e uns nervos no estomago desexando que todo fora ben.As dornas no lavadero esperando os seus tripulantes e patrons parecia que incluso elas non querian esperar a subir a marea e xa se querian facer o mar, algunha posta a punto de ultima hora e coa hora da comida xa enrriba marchabamos a aplacar aquela fame e con ganas xa de volver a estar no lavadero coa dorna no mar e disfrutar dunha boa tarde de vela.
Xa eran as tres e unhas quince dornas navegaban polo muelle,outras chegaban por mar dende Meloxo,a Illa de Arousa e de Ribeira,os dous lavaderos cheos de dornas que chegaban por terra a regata prometia,e un vento oeste que iba en aumento.
Chegou o momento da saida e case unha trintena de dornas tomaban rumbo a baliza do Arido,donde ali se divideu a regata e veianse estratexias distintas, o vento iba en aumento e con alguhas rachas importantes que facian ir os tripulantes atentos para facer banda, A Faisca collia o primer posto no inicio de regata,e despois dunha travesia dura ata o faro das Umias e un traves ata a a praia de Rons xa A  Rona collia a cabeza de regata,moy seguida de preto pola Jalerna e A Faisca  que  rematarian a regata xa con estos postos.Contentisimos dende a asociacion pois facia anos que unha dorna da asociacion non ganaba esta regata,a continuacion vos deixo a clasificacion da regata,e algunhas imaxes da regata cedidas  por particulares e outras asociacions xa que cos nervos olvidousenos designar un fotografo para a regata e agradeceriamos todas aquelas imaxes da regata que nos poiderades mandar o correo da asociacion.

Clasificacion Regata dos Faros 2012:


1ª A Rona

2ª Jalerna

3ª Faísca

4ª Bazarra

5ª Maristela

6ª Fanequeira

7ª Petela

8ª Mimela

9ª Chunga

10ª Lara Doce

11ª Fuxe

12ª Zenaida

13ª Betty Boop

14ª ForzaR

15ª Rosalía

16ª Marijuana

17ª Montañesa

18ª Treboada

19ª Uxoa

20ª Chilera

21ª Gesta

22ª Semparada


Descalificadas:

Maraxe

Muxica

Pendona

Marilús

Moncha

Rabuda II

Áncora






















Imaxes de Mari Carmen Aguin-noticia no blog www.acddorna.org Cronica da regata dos Faros 2012 e Pablo Blanco Nuñez.

Dende a Asociacion agradecer a tod@s os negocios,establecementos,comision de festas,entidades soci@s,lanchas de apoio e participantes por facer que estos eventos se sigan facendo e non caian no olvido.Esperando vervos a tod@s para a proxima.Bos ventos para tod@s





lunes, julio 09, 2012

Volta a Arousa 2012

Estaba un dia perfecto,a climatoloxia acompañaba e cargados con todo o necesario saimos a o mediodia rumbo a Arousa.Durante a travesia os nervios facian aparicion e o mellor para calmalos era abrir a cadeira e sacar a empanada e unhas frescas(coa desculpa dos nervios) xa co bandullo ocupado e despois de menos dun cuarto de hora de travesia  chegabamos a Arousa.Inscribiamos a dorna e preparabamos todo para a regata,unha ollada o mar chegaba para ver que esto non e unha tradicion esquecida, senon que esta en auxe ,mais de coarenta dornas tomaban a saida,que bonita estampa¡¡¡¡¡
Con un vento case constante de entre 8 e 10 nós a regata iba voada,tamen decir que da Punta Barbafeita ata o faro do Galiñeiro unha travesia de popa complicaba a regata incluso forzando alguns abandonos para as tripulacion menos experimentadas devido a subida do vento e o mar que entraba na ria de compoñente Oeste,do faro e direccion a ponte un traves rapido ,donde xa os postos pouco cambiaron,eiqui vos deixamos a clasificacion final da regata e algunhas imaxes da travesia.

     Clasificacion:


1º Nécora

2ª Jalerna

3ª Bazarra

4ª Cariñosa

5ª Xarandeira

6ª Pereka

7ª Fuxe

8ª A Rona

9ª Zoa

10ª ForzaR

11ª Caracola

12ª Faísca

13ª Zenaida

14ª Amoncha

15ª Treboada

16ª Roxiña

17ª Lara Doce

18ª Xaimiña

19ª Marijuana

20ª Betty Boop

21ª Moura

22ª Mimela

23ª Maristela

24ª Acheron

25ª Rosalía

26ª Laberca

27ª Favorita

28ª Volandeira

29ª Vikinga

30ª Fanequeira

31ª Chati

32ª A Fiuza

33ª Habana

34ª Rabuda II

35ª Maraxe

36ª Nova Froíña

37ª Marilús

38ª Carminha

39ª Ortelinda













Fonte das fotos e a clasificacion:Dani Otero,http://acddorna.org/blog/ e Juan R. Piñeiro's https://plus.google.com/photos/106535674358729349029/albums/5757970706117826689



Esperamos vervos a tod@s na Regata dos  Faros o dia 14 de Xullo as 16:00 horas no porto do Grove.Un saudiño e vos ventos a tod@s.

miércoles, julio 04, 2012

Regata dos Faros 2012

Querid@s Dorneir@s á voltiña do faro...está a Regata dos Faros 2012, o 14 de Xullo as 16:00 horasno Porto do Grove.Cita ineludible do calendario da tempada ..... dende a Asociacion queremos e esperamos vervos a tod@s para disfrutar dunha tarde de veleo tradicional.Aqui vos deixamos esta fermosura de cartel deseñada por Dani Otero.









Dende a Asociacion queremos agradecer a tod@s os colaboradores e os patrocinadores a sua participacion xa que sen eles esta clase de eventos non se poderian levar a cabo   ¡¡¡¡¡¡MOITISMAS GRACIAS A TO@S!!!!!!


viernes, junio 22, 2012

Preparativos e arranxos para a Volta a Illa 2012

A menos de 24 horas para o jran acontesimiento o que moitos chaman "A Olimpiada das Dornas" os socios non paran e levan varios dias preparando as embarcasions para esta dura rejata flotabilidades,panas,remos e tapas todo sempre ben trincado.Velas e embarcasions apunto,mañan parte dos socios iran por terra inda que outra parte prefire facelo  por mar debido as boas condicions climatoloxicas previstas unha tanda saira dende Meloxo as 13.30 os socios que saian dende o porto do Grove se queren que vaimos todos xuntos quedamos a eso das 14.00 no faro Do Sinal de Lordelo e dende ahy facer a travesia todos xuntos.
Un saudo e bos ventos para to@s queridos Dorneir@s.

sábado, junio 09, 2012

Suspension da pachanga¡¡¡¡¡

Suspendida a pachanga deste sabado por motivos claramente ajenos a asosiasion(causas metereoloxicas claro esta).Teremosvos informados o longo da seman para quedar para o proximo finde¡¡¡¡Bos ventos e que mellore o tempo¡¡

viernes, junio 08, 2012

V Regata do Sepelo

Era una tarde de molura,piollosa,morriñenta e en Portonovo cociase o arranque da tempada de dornas e ali nos presentamos oito embarcacions da asociacion con ganas de dar guerra.Na rampa non colliamos tanta dorna,era unha estampa digna de ver,baixo  unha poalla que caia espesa pero non constante @s dorneir@s afanabanse en poñer as embarcions no mar para sair a navegar e dar unha voltiña polo campo de regata,o vento viñase a menos por veces con calmas momentaneas e a organizacion avisabe q o percorrido fariase a so unha volta e non duas como estaba previsto,momento da saida e case todas as dornas elexian o mesmo rumbo menos a Xarandeira que elexia facer o percorrido pegada a terra e levaria a cabeza de regata ata o final o peloton que a seguia loitaria a morte na entrada do muelle donde o abrigo do muelle faria variar moitisimo os postos finales,os gaiteiros dende o muelle recibianos sen parar de tocar ....q momentos¡¡¡¡¡¡A Rona conseguia un moy bo resultado o segundo posto¡¡¡¡ A Faisca remataba septima a Fanequeira o noveno a Maraxe o decimo a Marijuana o posto doceavo a Fuxe o posto catorce a Muxika o dezasete ea Uxoa o vinecatro.Xa coas dornas en terra dirixiamos a lonxa donde a organizacion poñianos un moy bo aperitivo pa repoñer forzas e a entrega de premios,despois case o mellor momento da tarde ese no cal te topas con vellos conocidos,que non levas tanto sen ver pero que a veces botas tanto de menos¡¡¡¡¡charla anecdotas da tarde e da regata unha tarde cojonuda e disfrutando sempre a tope.Un agradecemento para os Amigos da Dorna de Portonovo pola magnifica organizacion e por atendernos a tod@s como se foramos da casa.un saudo e bos ventos para tod@s e en nada esperando vervos a to@s na Volta a Illa¡¡¡¡¡


  Parte da expedicion meca chejaba a meta moy xunta esto prometia jerra¡¡¡
                                 Momentos previos a chegada


                              Expedicion Dorna Meca a V Regata do Sepelo
                                     Fotos:Lucia AS



Un saudiño a tod@s querid@s Dorneir@s¡¡¡.



1º Pachanga Championslije de Dornas

Esta sabado a asociacion ten pensado facer a 1º Pachanga Championslije de Dornas as 4 da tarde en Meloxo se a climatoloxia o permite,animar a tod@s a acudir e a disfrutar dunha boa tarde e das nosas embarcacions a vela,esperamos vervos a tod@s.

Un saudo e bos ventos querid@s Dorneir@s.

miércoles, junio 06, 2012

Reunion Desembarco Pirata

Informase a todos os soci@s q este xoves 7 de xuño as 8 da tarde farase unha reunion na caseta para organizar as tripulacions para o tema do desembarco pirata que tera lugar este finde semana,tamen para informar os soci@s sobre as saidas que a asociacion ten previstas facer de cara o veran coas embarcacions,asi como informar os soci@s e os  non soci@s que queiran sair a navegar que e imprescindible o "carton de navegante" e o cal se pode xestionar a traves da asociacion.

Un saudo da directiva.

jueves, mayo 31, 2012

A regata que marca o inicio da Tempada 2012



Querid@s Dorneir@s ahora si que xa non hay volta atras,o comezo da tempada temolo a volta da esquina.Con ganas de volver a disfrutar desas  tardes a vela,de recontros con vellos amigos,das tertulias o final da regata disfrutando dunhas boas cervezas ou refrescos ben fresquiños acompañados sempre con algo para repoñer forzas,tardes de anecdotas e aventuras e historias contadas polos mais vellos que os oidos da xente nova poderian incluso parecer novelas de Julio Verne,e das que tanto gustamos de oir.


Este sabado 2 de Xuño a Asociacion Amigos da Dorna de Portonovo organiza a V Regata do Sepelo donde esperamos vervos a tod@s ali¡¡¡¡¡


Dende aqui animar a todos os soci@s a acudir as regatas xa que como se informou na ultima reunion e ben sabedes tod@s a asociacion dispon dun carro e organizandonos para o transporte todo e posible¡¡¡¡¡¡¡¡


Un saudiño querid@s Dorneir@s e que a tempada veña cargada de boas tardes de vela¡¡¡¡¡¡¡Bos ventos para tod@s¡¡¡¡

martes, mayo 22, 2012

Reunion cos soci@s e patrons

Como di aquel refran si mal non recordo antes de final de mayo ten o bote preparado....jajajajajja.Como tod@s sabedes o comenzo da tempada das regatas de dornas esta o cair e dende a asociacion gustarianos ter unha pequena reunion cos socios e sobre todo cos patrons  para poñernos o dia coas embarcacions que estan listas para acudir as regatas ,tema de transporte ,uso do carro da asociacion, xa que o dia 2 de xuño(si si estades lendo ben...o 2 de xuño e non queda nada) sera a regata do Sepelo en Portonovo e para poder organizarnos.

Por esto a xunta directiva convoca unha reunion para o viernes 25 de Mayo a partires das 20 horas no local da asociacion (na caseta da praia de Confin) Contamos con vos¡¡

Un saudo,a Directiva.

Aparellamento da Meca


Esta seman estara a caseta aberta e estaremos no lavadero de Peralto aparellando"A Meca" e preparandoa para navegar.Todos aqueles soci@s que queirades pasar a axudar xa sabedes que sodes benvidos,xa que cantos mais sexamos primeiro acabaremos¡¡¡¡¡un saudiño a todos e bos ventos¡¡¡¡

Dia das Letras Galegas 2012

A esta cita non podiamos faltar e inda que a mañan parecia un pouco brava sairon dende Meloxo "A Laxe de Boibas" e "A Rona" con rumbo a Illa.

Xa coas embarcacions amarradas,disfrutabamos da botadurad o racú O Republicano, o bote de Ribadeo O Unicornio e o galeón Rei do Mar


 Despois unha paradiña para disfrutar dunha boa comida para que os navegantes recuperan forzas e comentar as anecdotas da travesia,recibiamos unha chamada para darnos o ultimo parte metereoloxico que previa ventos de hasta 20 nós apurabamos o cafe para  a volta decidindo vir as embarcions por debaixo da ponte da Illa buscando un pouco mais o abrigo...cal seria a  sorpresa q disfrutouse dunha travesia de pouco vento e navegacion tranquila(habera que cambiar de servidor de partes metereoloxicos.....)Un dia incrible cunha navegacion tradicional inmellorable¡¡¡¡¡¡

lunes, abril 09, 2012

A tope nas dornas de tope.






O sabado inda que a tarde aparecia un pouco gris despois de unhas cantas chamadas decidimonos a sair para disfrutar dunha tarde de vela nas dornas de tope,sen rumbo nin obxetivo ningun saimos de Meloxo e decidimos ir hasta Rua inda q o final rematamos indo a Ribeira.Despois dunha paradiña "tecnica" para repoñer forzas volviamos as dornas para iniciar a travesia de volta a casa,unha travesia fermosa nunha compaña inmellorable as dornas de tope volveron a surcar a ria desta vez non para traballar senon para facernos disfrutar dunha tarde de vela tradicional.

viernes, abril 06, 2012

Calendario de actividades FGCMF 2012


Calendario oficial da federacion coas actividades previstas para este 2012.Xa estamos en semana santa e non queda nada querid@s dorneir@s e tempo de rematar os ultimos preparativos despois do inverno e pronto as embarcacions volveran o mar pa cubrir a ria co as suas velas,pa facernos disfrutar de inesquecibles tarde de vento en inmellorables compañias.Dende a asociacion esperamos vervos a tod@s pronto xa que o inverno sempre se fay longo pa volver a disfrutar destas xornadas,un saudiño e bos ventos para tod@s.