Proximamente convocaremos unha reunión para todos aqueles que estean interesados no tema das regatas: patróns, proeis, lanchas de apoio, organización en terra, colaboración... para ir preparando a temporada.
Avisaremos con tempo.

Para empezar o ano presentámos-vos estas pegatinas que fixemos; diseño propio en vinilo adhesivo, o mesmo material que se utiliza para rotular, polo de agora dispoñemos delas en blanco e negro como podedes ver na imaxe. O seu tamaño aproximado é de 12 cm. de alto por uns 7 de ancho.
A dorna de máis recente incorporación na Asociación, a "Lamaschica" de Dani Otero, está na páxina www.modelismonaval.com, que acaba de publicar unha reportaxe sobre o proceso de restauración desta pequena dorna con máis de 70 anos nas súas cuadernas, e que para a próxima temporada andará entre nós de porto en porto.
CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL
Lugar: Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey. Ogrobe
Día: sábado 2 de Decembro Hora: 19:00 h.
Menú do día
1. Dación de contas
2. Situación de trámites actuais (subvencións, solicitudes, novo e-mail...)
3. Posta ó día de datos dos socios
4. Aprobación de compra do dominio www.dornameca.org
5. O Racú
6. Convocatoria de eleccións da nova Xunta Directiva
7. Varios:
Lotería de Nadal
Rogos e preguntas
seguintes estlabecimentos:
O día amaneceu desagradable. con choiva e vento calmo e brisas variables por momentos. Os clubes de Cambados e a Illa de Arousa decidiron no acudir por non confiar en ter bo tempo para volver ó remate da proba.
Ó final a maioría das dornas da asociación saímos, acompañados pola Xarandeira de Fasquía, e a Bicoca dos Amigos da Dorna de Portonovo. Demos tres voltas a un circuito triangular disposto entre o Paseo de Confín e a Toxa, a regata foi rápida, e con constantes variacións no desaroio. A clasificación final quedou así:
Fuxe, Xarandeira, Chunga, Triñana, Siña María, Bichasa, Bicoca, Luz Divina, Fanequeira, Lamaschica e Siña Pepa.
O picoteo a base de mariscos variados foi na carpa da Festa, onde se celebrou a entrega de camisolas e premios. Para despedir a época de navegación, e antes de varar as dornas ata a primavera próxima, tivo lugar o concerto da Viñalar Fantastic Band na Casa da Cultura. Alí estivemos casi todos cantando e bailando. Estamos a preparar a galería de imaxes.
De hoxe nun ano...


| 1ª NECORA |
| 2ª PEREKA |
| 3ª FUXE |
| 4ª BAZARRA |
| 5ª CACHARULA |
| 6ªCHUNGA |




a o momento da regata, xuntámonos 35 dornas. Da nosa Asociación estiveron: Cacharula, Fanequeira, Fuxe, Luz Dinina, Siña María e Siña Pepa. A Fuxe trouxo o trofeo de cuartos clasificados, a Chunga, con Maribel e Fabián a bordo, levaron o premio á primeira fémina clasificada. A Fanequeira e a Siña María tiveron algún que outro contratempo na navegación. Despois da entrega de trofeos houbo foleada con gaitas e tamboriles. Pinchando aquí podedes ver unhas cantas fotos
