sábado, febrero 25, 2012

Convócanse Asambleas

Facemos pública unha doble convocatoria, a celebrar na Sala de Xuntas do Pavillón de Deportes Náuticos, no Porto do Grove, o vindeiro sábado 17 de marzo de 2012, a partir das 19.30: h. Como veredes na comunicación que recibiredes nos coso domicilios e enderezos electrónicos, é tempo de eleccións á nova Xunta Directiva da nosa Asociación, queremos que saibas que o actual equipo directivo non se vai a presentar á reelección, e polo que vos animamos a dar o paso cara á xestión de Amigos da Dorna Meca.

domingo, enero 29, 2012

As dornas de tope xa están no mar


Este sábado volveron ao mar a Laxe de Boibas e A Rubia, aprobeitando que abrigándose ben temos uns bos dias...


O Faro de Vigo interesouse pola actividade e Pablo, Constante e Manolo (especializados en dornas de tope) posaban así de xeitosos para a prensa.

Foto: Miguel Muñiz

domingo, enero 22, 2012

Outro video


Seguimos a recopilar documentos gráficos da temporada pasada, xa que é tempo de dique seco e mantementos diversos nas embarcacións e deste xeito lembramos bos momentos no mar.
O sábado primeiro de outubro de 2011 celebrouse no porto do Grove a Regata do Marisco, un total de 27 dornas sairon con un tripulante abordo e outro sobre o dique de abrigo.

miércoles, enero 11, 2012

Video de Porto Meloxo


O compañeiro Rafa Paterí, da Fanequeira, fainos chegar este pequeno video da II Regata de DOrnas de Porto Meloxo para que o compartamos con todos vos. Nos vindeiros días iremos compartindo outros videos que se van subir ao canal de Amigos da Dorna Meca no Youtube.

lunes, diciembre 26, 2011

Pinos para palos

Rezumando a resina

Neste tempo no que se celebra o cumpleanos de Jesucristo, tamén é época de picar os pinos, ou piñeiros (pinus pinaster), que servirán para aguantar as velas da Meca e da Laxe de Boibas, os pinos secando e as embarcacións están en terra descansando e preparadas para recibir os coidados que merecen na invernada. Tamén toca rematar da aparellar a Laxe de Boibas no que respecta a vela, palo e outros detalles, xa que esta temporada o que se fixo foi deixala co preciso para navegar en Carril.

viernes, diciembre 23, 2011

Adianto do Video de Carril


Ramón xa está a montar o video do X Encontro, coma todos os anos: un traballo de calidade.

miércoles, diciembre 21, 2011

Os barcos en terra

Aínda que estaba previsto facer a varada uns dias atrás, por diversos motivos vímonos obrigados a adiar o asunto, pero finalmente esta mañán subimos A Meca no carro para que pase as festas na casa.
Coa varada desta mañán xa están todos os barcos da asociación en terra.
Proximamente anunciaremos a Asamblea por esta e outras vías.

lunes, diciembre 12, 2011

O Concello de Vilagarcía sigue negándose a pagar a débeda

O Concello imputa aos Encontros de Carril gastos que nada teñen que ver co evento para tentar xustificar o seu incumplimento como parte da organización.

Fotografía: Iñaki Abella, Farodevigo.es

Representantes da FGCMF presentaron por rexistro no Concello de Vilagarcía un escrito no que se debulla, e desarma, a resposta dada polo goberno desa cidade á Federación en relación á debeda do X Encontro de embarcacións Tradicionais de Galicia, celebrado en Carril este verán.

A groso modo esto é o que pasou: a Xunta de Goberno do Concello de Vilagarcía comunicou por escrito que o Concello non vai asumir a débeda de 21.000 euros do Encontro este ano 2011, e tampouco a vai incluir nos orzamentos do 2012. Alega para non facer esto último que xa aportou ao Encontro 100.000 euros, cousa que é totalmente falsa. Sin embargo di que estarían interesados en falar do Encontro de 2013... sen comentarios.

Tedes a información ampliada nestes enlaces do Faro de Vigo e na Voz de Galicia

martes, diciembre 06, 2011

Varada da Meca

Mañán mércores imos a varar A Meca, para que pase o nadal en terra, que xa lle vai tocando, a partir das 14.00 horas estaremos arriandolle os cabos para lavala para a rampa do varadoiro vello e metela no carro.

domingo, noviembre 27, 2011

O número 6 da revista Ardentía xa está a venda

Desde esta fin de semana atópase a vosa disposición o número 6 da revista Ardentía, todos aqueles que estean interesados en facerse con un exemplar poden poñerse en contacto por correo electrónico ou por teléfono.
Nesta ocasión vaise vender a revista directamente na Asociación, así que todo aquel que a queira mercar pode xa pedila.

miércoles, noviembre 02, 2011

O Concello de Vilagarcía rexeita facerse responsable dos gastos ocasionados polo seu abandono no X Encontro

Amigos da Dorna Meca aportou 10 socios á mobilización convocada pola FGCMF o pasado luns no Concello de Vilagarcía, finalmente despois do preceptivo cruce de acusacións e reproches entre os grupos políticos, a Corporación votou sobre a aceptación ou rexeitamento da moción presentada pola FGCMF, dando un resultado de empate, polo que o alcalde daquela cidade botou abaixo a reclamanción da Federación co seu voto de calidade.

Máis información no seguinte enlace:
http://culturamaritima.org/node/17105

lunes, octubre 31, 2011

O X Encontro e a débeda do Concello de Vilagarcía a Pleno.

Hoxe imos a Vilagarcía de Arousa, xa que este Concello e a sua corporación entrante se fixeron os locos no Comité Organizador dos X Encontros de Embarcacións Tradicionais de Carril, hoxe imos asistir ao pleno para saber que pasa cos mais de 20.000 euros de gastos que provocou o seu incumplimento, as 15.00 h estaremos no local de Confín para repartirnos nos coche e ir alá.


A Convocatoria da FGCMF di:

Durante a organización e celebración do Encontro en Carril houbo problemas co Concello de Vilagarcia, quen simplemente "desapareceu" do Comité Organizador desde o cambio de goberno propiciado polas últimas eleccións municipais.

Debido a que o Concello non fixo ningunha aportación directa ao Encontro, tívose que asumir o que en principio lle correspondía ao Concello e como consecuencia hai un desfase no orzamento de 21.000 euros aproximadamente.

Dende a realización do Encontro ata o día de hoxe non foi posible falar co equipo de goberno do Concello de Vilagarcía de Arousa, a pesares de solicitálo a FGCMF en numerosas ocasións e por diferentes vías. Por esta razón a Xunta Directiva da FGCMF non lle quedou outra solución que manter reunións cos grupos políticos da oposición do Concello de Vilagarcia para tratar este tema (en principio mostráronse favorables), e fíxose unha petición para que sexa tratado no próximo Pleno e que poida intervir un representante da FGCMF nese Pleno.

O xoves, soupemos que o tema non estaba incluído na Orden do día do Pleno do Concello de Vilagarcía do vindeiro luns 31 de outubro. Por esta razón, os grupos da oposición van pedir o mesmo luns no Pleno, que pola vía de urxencia se inclua na orden do día o asunto do X Encontro. Na solicitude que se presentou no Concello se pide que un representante da FGCMF interveña no Pleno para explicar a problemática.

A xunta directiva da FGCMF pide o voso apoio e solicita a vosa presenza o luns no Pleno que terá lugar na sede do Concello ás 17:00 horas. É importante que fagades chegar esta solicitude de apoio a todos os interesados en defender o patrimonio marítimo galego.

Para coordinar o tema propoñemos:
-Estar o luns 31 na entrada do Concello as 16:30 horas, alí repartiremos unhas camisetas que nos identificarán.
-Neste intre trátase de facernos ver, polo de agora non faremos ruído. Polo tanto no caso de que ao inicio do Pleno non se acepte tratar o tema nese Pleno retirarémonos en silencio.

É importante que se poida pechar correctamente o X Encontro, xa que se así non fose estaríase poñendo en perigo, como mínimo, a convocatoria do seguinte Encontro.


sábado, octubre 29, 2011

Dias de marusía


Esta semana tivemos mal tempo, na praia de Confín notouse ben a marusía, como vedes na fotografía o mar chegou aos cimentos do local, mais concretamente no repunte da marea mollouse a plataforma e todo, afortunadamente o vento non foi moito e evitou que houbera máis destrozos que que dos que xa houbo en Virxe das Mareas... e coma sempre despois do temporal veu a calma.

lunes, octubre 17, 2011

Poñendo juapo o local


A pesares de que temos un tempo primaveral, xa vai sendo hora de pensar en invernar os barcos. Durante a Festa do Marisco quixemos facer algo de ambiente poñendo na plataforma do local unha dorna e o Rakú, como o racusiño estaba ben seco xa lle demos un par de mans de mejunge, como da fé a foto na que o vice Manolo puxo a sulfatadora ao rojo vivo.



Cando o barco estivo listo, esperando a ser gardado para pasar o duro inverno, foi momento de poñernos a adecentar o local que nos ten cedido o Concello do Grove, que xa que o usamos queremos que estea en condicións. O primeiro foi reafirmar a barandilla, tanto os postes como os cables e os listóns de madeira, que foron atornillados e recibiron unha man do protector da madeira que usaramos para o propio local.


O sábado pola tarde a plataforma na que se encontra o local foi chorreada con agua a presión, como preparación do que lle esperaba nesta tarde de luns, na que lle demos un tratamento a base de producto protector da madeira, quedou todo arranxadiño, e queda para outro dia a parte de atrás, na que está o Rakú.
Aínda que hai un grupo xeitoso de voluntarios a axuda que poida vir nunca está de máis, se botar unha man nestes traballos pásate por Confín pola tarde.



jueves, octubre 13, 2011

Pachanga do Pilar



Como o día da Regata do Marisco fallou o vento, que non se presentou en todo o día, quedamos con ganas de máis. Si a esto lle sumamos que temos unha climatoloxía que nin na primeira quincena de agosto, obtemos a Pachanga do Pilar, é decirl que o 12 de outubro a tino de que non é dia de traballo para a inmensa maioría quedamos no local para facer unha regatiña máis informal, entre nós...

A saída decidiuse por sufraxio universal entre os participantes, así que 14 dornas vararon na praia de Confín, ao pé do local para completar un percorrido, con pouco vento pero un ambiente inmellorable.

Estaban case todas as dornas dos Amigos da Dorna Meca, ás que se sumaron a Lara Doce e a Secreta, e solo faltaron a Triñana, a Tesedeira e a Uxoa, que por motivos diversos non puderon estar, penso que non me queda ningunha atrás!

Foto: Lucía Álvarez

Aqui tedes a foto de familia do día, que non se diga que no Grove non hai afición ás dornas, e con esto rematamos a temporada 2011.
Agora toca ir arranxando as embarcacións para pasaren o inverno e traballar un pouco no local, manteremosvos informados.

domingo, octubre 02, 2011

Calma na Regata do Marisco 2011

EnlaceFoto: Alejandro Agrelo

O sábado, con unha previsión de tempo excelente, pero sin apenas vento, xuntáronse no Grove un total de 27 dornas, case toda a flota dorneira de Amigos da Dorna Meca estivo no mar para compartir unha tarde de navegación.
Na primeira fotografía podedes ver que introducimos unha novidade, a saída da regata fíxose con un dos tripulantes da dorna "en terra", mais concretamente no dique flotante do porto do Grove, e a vela recollida, no intre da saída o tripulante salta abordo e a navegar. O percorrido non pudo completarse porque o vento non dou para máis, e á altura do faro do Sinás ca correntada das mareas vivas facian que as dornas fora máis para atrás que para avante.

Foto: Alejandro Agrelo

Con todo, a nivel organizativo todo saíu moi ben, fixemos a entrega de premios (aos que foron entrando primeiros nos pasos obligados) e tomamos uns pinchos antes de despedirnos, xa non quedan regatas pero se o tempo nos deixa, o sábado que ven intentaremos facer unha pachanga ou algo. Mentras tanto, e para dar ambientillo puxemos a Siña María e o Rakú á beira do local e unhas dornas varadas na praia de Confín, os veciños encantados din que da gusto ver a plaia así, e os turistas facéndolle fotos.



Tedes máis fotos da regata nestes enlaces de:
Todogrove.com
Diario de Arousa


martes, septiembre 27, 2011

Regata do Marisco 2011


Un ano máis remata a temporada de regatas de dornas a vela coa Regata do Marisco, esta edición terá lugar o vindeiro sábado 1 de outubro en augas do porto do Grove, a saída está prevista para as 4 da tarde, teremos a marea para arriba toda a tarde.
Esta regata inclúese no programa da Festa do Marisco, organizada por Amigos da Dorna Meca e co patrocinio do Concello do Grove.

lunes, septiembre 26, 2011

A Rona remata segunda na Regata de Porto Meloxo

Dani Otero, ecapouse do peltón na saída abordo d'A Rona

Este sábado celebrouse a IV Premio-Regata de dornas a vela de Porto Meloxo, na que participaron 30 dornas de calime, e acompañaron a travesía os barcos da asociación: a Laxe de Boibas e A Meca.

Cando o pelotón entrada na segunda volta do percorrido, que foi o de costumbre, empezou a chover, pero a maioría das embarcacións completou o percorrido. O podium quedou como sigue:

1º - Cariñosa. ACD Dorna
2º - A Rona. Dorna Meca
3º - Jalerna. ACD Dorna

Máis información e fotografías da regata en:
Todogrove.com
Farodevigo.es/arousa
blog da ACD Dorna

jueves, septiembre 15, 2011

Volven as dornas ao Porto de Meloxo

Mentras imos preparando a Regata do Marisco, chega a semana que ven unha cita que nos agrada moito, trátase da cuarta edición da Regata de Porto Meloxo, que organiza a xente do Bar Meloxeira e co patrocinio de diversas empresas locais.


O próximo sábado 24 de setembro, ás 3 da tarde por cousa da marea, imos a varar!!

martes, agosto 23, 2011

Así foi a Concentración de Clásicos de San Vicente

Pasamos a fin de semana en San Vicente, o venres chegábamos coa Meca, o Rakú e a Laxe de Boibas e o domingo saimos a navegar na regata, que este ano foi como unha especie de rally. Houbo bastantes embarcacións e moi variadas.
Pero non solo estivo Amigos da Dorna Meca representada cos barcos do club, senon que varios membros da asociación participaron cos seus barcos e algúns deles, como Fabián e Leiro, levaren estatuillas de premio para a casa.
Moitas gracias aos que vos animástedes a mover as embarcacións da Dorna Meca.


Tedes unha crónica e máis unhas cantas fotografía na prensa:

Todogrove.com

La Voz de Galicia

El Correo Gallego