domingo, diciembre 02, 2007

Seguiremos reuníndonos para falar de Brest

Rematamos a temporada oficialmente coa cena anual e a última asamblea deste ano.
Na asamblea falamos de mellorar a organización de regatas e de crear grupos para encargarse de levalas a cabo, a fin de repartirmos o traballo para que sexa máis levadeiro.

Tamén se falou da nosa asistencia a Brest 2008, que xa temos que empezar a preparar, polo que aqueles que non estivested presentes na asamblea e teñades interese e intención de viaxar a Francia podedes poñervos en contacto coa Directiva para ir mirando cantos barcos e tripulantes imos desplazar. Seguimos estando totalmete abertos a ideas e colaboración.

Podedes ver a noticia no portal meco http://www.todogrove.com/ pinchando aquí

6 comentarios:

O´Fartura dijo...

Estupenda a reportaxe en Todogrove.com.
Esto é un exercicio de transparencia na xestión dunha entidade no que Amigos da Dorna Meca da exemplo.
Un saúdo mariñeiro.

jc dijo...

Muy bueno el reportage!Gracias.

lino dijo...

Ola JC:
Noraboa de novo pola creación do teu blog.
Polo comentario que fixeches neste post outorgaseche un boleto para o sorteo CM.
Saúdos:
Lino

Sailor Girl dijo...

FOTOGRAFIAS LINDAS!!!

Hugo dijo...

Encontro BREST.
E como hai que facer para falar coa directiva?

Eu creo que sería moi interesante aproveitar Brest para facer un intercambio de grupo con mozos e mozas de varias rexións do Atlántico, dentro dun programa Europeo que se chama Xuventude en Acción, que financia bastante (desprazamento e actividades) e que ademais pode afondar nun maior coñecemento da mocidade neste eido do Patrimonio ... eu fago destas cousas e por iso digo ...

lino dijo...

Hugo:
Desde Amigos da Dorna Meca só coordinamos os barcos e os tripulantes da nosa asociación, o mellor que podes facer neste tema que nos comentas é porte en contacto coa Federación Galega pola Cultura Maritima e Fluvial desde a web www.culturamaritima.org
Saúdos:
Lino