Como dixo o poeta: "Volven os barcos..." e agora era o turno do noso racú. Despois de unha longa tempada de retiro, restauración e coidados a cargo dos profesionais e alumnos do Centro de Formación A Aixola (Marín), un centro dependente da Consellería do Mar e o CETMAR, onte 16 de xuño procedemos á súa recollida de mans dos responsables do centro.
O traslado ao Grove foi posible gracias á colaboración da Concellería de Vías e Obras do Concello do Grove, que nos facilitou o camión para o seu transporte.
O traslado ao Grove foi posible gracias á colaboración da Concellería de Vías e Obras do Concello do Grove, que nos facilitou o camión para o seu transporte.
Agora a embarcación atópase na explanada do Asteleiro Garrido para proceder ao seu coidado, e tamén a confeción de un timón e as panas necesarias para o seu uso. Logo procederase a botalo a hinchar no mar, lembramos que o racú dispon do aparellamento preciso para navegar. Procuraremos que o RAKÚ asista ao Encontro de Muros, polo que se aceptan voluntarios para todos estes traballos.
5 comentarios:
Vese fermosisimo, agora hai que coidalo con mimo, vai a Muros?.
Sería interesante, non hai ningún da súa tipoloxia. Ainda que fora soio para exposición.
Fernando
amigo Fernando:
debaixo das fotos hai algunhas letras e din unha cousa así como "Procuraremos que o RAKÚ asista ao Encontro de Muros, polo que se aceptan voluntarios para todos estes traballos."
Tes razón leer a presa e un problema. Por certo non dubides do incondicional apoio que dende aquí se presta as labouras de poñerbonitooracu, avisa
en principio estamos indo á tarde baixa
ainda que hoxe temos liada semi-noturna coa meca. pero todas as mans son necesarias
Y hablando de Rakús... me dijo Braulio que llevaría A Oleira a Muros.
Ya estamos ahí, como quien dice!!!
Salitre para todos!!!!
Publicar un comentario