lunes, junio 13, 2011

8 dornas do Grove en Portonovo e podio!

Un total de 8 dornas dornas compoñía a expedición de Amigos da Dorna Meca en Portonovo, onde este sábado se celebrou a IV Regata do Sepelo (que non sepelio) e que organizaron os compañeiros de Amigos da Dorna de Portonovo.
Un ventiño suave do noroeste con algunha racha moderada foi a constante de toda a tarde. A saída deuse pouco despois das 16.30 h e comezou o percorrido habitual desta proba, na que os primeiros clasificados empregaron preto de 2 horas en completar.

Das embarcacións de Dorna Meca desplazadas destacar os bos resultados na competición, xa que en un total de 24 participantes, das nosas metéronse 4 nos 10 primeiros, a todos eles noraboa!


Clasificación:

1ª NECORA - Cultual Dorna
2ª XARANDEIRA - Fasquía
3ª BAZARRA - Cultural Dorna
4ª FAISCA - Dorna Meca
5ª A RONA - Dorna Meca
6ª FUXE - Dorna Meca
7ª JALERNA - Cultural Dorna
8ª CARACOLA - Cultural Dorna
9ª MIMELA - Cultural Dorna
10ª TRIÑANA - Dorna Meca

Fotografías cedidas por Amigos da Dorna de Portonvo

No hay comentarios: