lunes, julio 04, 2011

Alá foi o X Encontro

O xoves comezaron a arribar as primeiras embarcacións a Carril, algunhas delas desde Vilaxoán, onde se celebraron as xornadas previas e outras chegaban desde os seus portos de orixe. O pequeno porto de Carril foi "desaloxado" para dar cabida ás 150 embarcacións inscritas para o X Encontro, organizados no interior da rada por tipoloxías e medidas na medida do posible; e no exterior os máis grandes e os barcos con orza.


Na mañá do sábado, desde as 11 da mañá, as tripulacións tiveron oportunidade de visitart a illa de Cortegada, todo un paraíso natural digno de ver, e que durante moitos anos foi propiedade privada nas mans da monarquía e de unha promotora inmobiliaria, ata que o 30 de agosto de 2007 foi recuperada pola Xunta, despois de pagar 1,8 millóns de euros de xustiprezo. Moi recomendable a visita a este histórico enclave da nosa ría.

Agardando a pasaxe

O primeiro que se atopa ao desembarcar en Cortegada

A tarde do sábado foi un dos puntos álxidos do X Encontro, o muelle ateigado de xente e sobre as 5 da tarde o persoal botouse a aparellar os barcos e a navegar con unha brisa do sur. A sensacíon que transmitía o estar no mar, no medio de ducias e ducias de velas: cangrexas, latinas, mísitcas, ao tercio, marconis... era algo moi dificil de explicar. Era todo unha mostra do que se pode facer con ilusión e compromiso de moitas moitas persoas.

O ambiente en terra era excelente



Velas e máis velas no mar de Arousa

A Sara O tamén andaba por alí

A Meca, coa vela nova, e o Rakú daba justo velos

"Quen estivo en Carril puido percibir un estado de ánimo entre todos os implicados no Encontro, un sentimento de estar xuntos nunha tarefa. Houbo pequenos fallos como sempre hai, houbo xente molesta por eses fallos, pero incluso esas persoas facían a súa crítica deixando claro que o importante era tirar para adiante, que o Encontro era o importante"


A estrea da LAXE DE BOIBAS
Hai un par de anos facíamonos con unha embarcación que se ia desguazar, hai uns meses Manolo e Pablo (os da Siña María) decidiron porse mans á obra e recuperar a dorna de tope e preparala para a navegación a vela.
Aquí vos deixamos un par de fotos da LAXE DE BOIBAS, que toma o nome da laxe sobre a que foi restaurada, que foi navegando a Carril, participou nos encontros e chamou a atención de quen se fixou nela, este foi o primeiro acontecemento no que tomou parte o novo navío da Asociación, e seguro que seguirá a navegar no futuro.
A falta de uns pequenos detalles de aparellar a dorna navega xa, e navega moi ben, gracias ao bo traballo que fixeron Manolo e Pablo!!

Chegando a Carril

GRACIAS E NORABOA POLO VOSO TRABALLO

2 comentarios:

bou de vara dijo...

Benvida a LAXE DE BOIBAS, unha nova loita gañada á desfeita e que aporta saúde á tipoloxía de "dornas de tope" das que hai uns pocos anos apenas tiñamos referencias.
Noraboa

Lino dijo...

Gracias polo teu comentario.
Esta dorna de tope foi construida hai 32 anos en Astilleros Garrido, aroxinariamente armaba motor de calzos e foi dedicada á pesca ata o 2006, aproximadamente.
O méritoi da recuperación do barco en sí correspondelles a Pablo e Manolo, que traballaron duro e ben para tela para Carril