Ás 11 da mañan quedamos no varadoiro de Peralto, logo de desaiunar botamos os barcos pola rampa abaixo e comezamos o día da XXIV Volta a Arousa, as condicións do tempo prometían, víase que iamos ter un bo día para navegar, e así foi, incluso na cara noroeste da Illa non estaría mal algo máis de ventiño.
Con todo, o día foi espléndido, moi bo ambiente e unha regata bonita con 49 dornas, das de lebrar, con unha interesante bolina final. Voltamos a costumbre de entrar todos os do Grove xuntos, aquí tedes a
clasificación completa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario