Braulio e Harry foron os primeiros en completar o circuito da Regata dos Faros 2008. Todo saíu ben en canto a organización, aínda que contabamos con ter maior participación. Houbo 23 dornas en total, 9 delas dos socios de Amigos da Dorna Meca. A uns e outros moitas gracias por vir.
Agradecer tamén a colaboración da Copistería Técnica Copyman e da Confraría de Pescadores de San Martiño do Grove.A seguinte cita por estes lares será o 15 de Agosto en Pedras Negras, Seguiremos informando.
Tedes a clasificación e todas as fotografías en www.todogrove.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario