domingo, noviembre 23, 2008

Búscase nova Xunta Directiva


Ás asembleas, convocadas para ás 20.00 horas a ordinaria, e para o remate desta a extraordinaria acudiron uns trinta socios dos noventa cos que contamos na entidade.

Orde do Día

O primeiro punto da Orde do Día, Acta anterior, foi aprobado. O segundo foi a Dación de Contas, que reflexa un saldo acumulado a favor de 5.235 euros. O terceiro a Memoria de Actividades 2008, na que destaca a organización de tres regatas; participación en outras cinco: o desprazamento da Meca a Brest (Francia) con seis tripulantes; colaboración con outras entidades coma a Asociación de Veciños as Besadas na cabalgata de Reis, co Club Náutico San Vicente do Mar na organización dunha regata de clásicos e outra de dornas, e mesmo coa FGCMF. O quinto punto foi o informe de xestións realizadas pola Xunta Directiva: como a renovación da Asociación no REDIM, convenio co Concello para utilización do CIPES, ou, entre outros, a xuntanza mantida polo presidente da entidade, Lino Prieto, co Presidente de Portos de Galicia, ao que lle entregou unha memoria xustificativa para ter en conta ás embarcacións tradicionais na elaboración do Plan Director do futuro porto deportivo do Grove, proxecto respaldado pola Corporación municipal.

Eleccións
A continuación realizouse a asemblea extraordinaria, na que se convocaron eleccións á Xunta Directiva, a data da próxima asemblea quedou fixada para o 24 de xaneiro de 2009, na que se deberan presentar candidaturas ou candidato a presidente que forme despois o seu equipo. O actual presidente, Lino Prieto, declarou a súa intención de non presentarse á reelección, ao tempo que agradeceu o apoio de todos os socios e membros da Directiva que estiveron ao seu carón durante a súa presidencia iniciada en 2003.
Xa pola noite celebramos unha cea de confraternidade no restaurante Ruamar.

Mais fotografías en Todogrove.com

2 comentarios:

bou de vara dijo...

Agardo que Dorna Meca atope unha nova directiva para que esta asociación siga sendo un dos referentes históricos e un puntal de futuro para o conxunto do asociacionismo cultural galego a prol do mar.
Á directiva que agora se despide encabezada por Lino Prieto, sumo o meu agradecemento ó dos socios desta asociación por estes anos de rexurdimento e abondosa actividade no Grove e aportación ó conxunto da FGCMF.
Moita sorte a moitos folgos.
xaquin

Lino dijo...

Esperemos que así sexa Xaquín, que todo ese rexurdir e actividade da que falas teña sentido na continuidade e o relevo. Senon todo o que se leva feito non serviría de nada.