Faremos unha convocatoria para rascar e pintar A Meca, vía movil e internet.
A noticia en Todogrove.com
na Voz de Galicia
Solicitamosvos a vosa participàción individual na campaña para que se acepte unha enmenda na futura «Ley General de Navegación Marítima» que recoñeza ás embarcacións tradicionais e históricas.Pronto se vai reunir a Comisión de Justicia do Congreso dos Deputados para tratar este tema e cantos máis apoios se teñan máis posibilidades haberá de que se acepte.
Neste momento son moitos os colectivos e institucións de toda España que enviaron o seu apoio, pero ainda precisamos máis apoios individuais.
Se cres que a enmenda é necesaria escribe a enmiendalgnm@gmail.com co seguinte texto:
Por el presente documento, (NOME APELIDOS E NUMERO DE DNI) manifiesta su pleno apoyo a la enmienda al Proyecto de Ley General de Navegación Marítima que contempla la introducción de una disposición adicional titulada «Protección del Patrimonio marítimo flotante. Estatuto jurídico de las embarcaciones históricas y tradicionales». Con ello se pretende que dichas embarcaciones se rijan por una legislación específica que garantice su protección y su uso, y contribuir a la protección de nuestro patrimonio marítimo flotante, en línea con otros países de nuestro entorno.
LUGAR DE RESIDENCIA E DATA.
Non se responderá aos correos nin se gardarán datos despois da presentación da enmenda.
Anímate a participar, enviando un simple correo electrónico poderemos conseguir esta consideración para as embarcacións tradicionais
Nesta asamblea reunímonos preto de 30 socios, e algúnhas caras novas que se incorporan á asociación con ganas de navegar e participar, dámoslles a benvida e agardamos que así sexa en canto o tempo no-lo permita.
O pequeno Rakú tamén se apuntou. Foto: Dani Otero O Raquel C ofrece unha preciosa estampa
Carmen, a pequena de Cores, no seu optimist seguida de cerca pola Meca

Clasificación da II Regata de San Vicente de Dornas a Vela
1ª Cariñosa ACD Dorna
2ª Xarandeira AC Fasquía
3ª Fuxe Dorna Meca
4ª Forza R ACD Dorna
5ª Zenaida ACD Dorna
6ª A Rona Dorna Meca
7ª Tiñana Dorna Meca
8ª Nerea Rabandeira
9ª Maristela Rabandeira
10ª Semparada Dorna Meca
11ª Freixana CM Salnés
12ª Siña María (Negra) Dorna Meca
13ª Maria Victoria Dorna Meca
14ª Siña Pepa Dorna Meca
15ª Nocra Dorna Meca
16ª Bicoca Portonovo
Por fin saímos! Hoxe mércores realizamos a primeira saída divulgativa na Dorna Meca. Nesta primeira ocasión navegaron n’A Meca catro rapazas, que pasaron unha tarde de navegación na que a choiva non nos respetou.
Con todo as nosas primeiras convidadas quedaron satisfeitas coa experiencia e esperamos que volvan e decidan incorporarse ao mundo das embarcacións tradicionais.







ESTE GRUPO ESTÁ ABERTO Á PARTICIPACIÓN DE TODOS AQUELES QUE DESEXEN SUMARSE, a cita é na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey, o mércores ás 20.30 horas.
A noticia na prensa:
Todogrove.com
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
Lugar: Centro de Interpretación da Salga e a Pesca. Punta Moreiras. Ogrobe
Día: sábado 22 de novembro 2008 Hora: 20.00 h.
Orde do día
1. Aprobación da acta anterior, se procede
2. Dación de contas
3. Memoria de actividades 2008
4. Calendario de actividades
5. Informe de xestións
6. Varios:
Rogos e preguntas
ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
1. Convocatoria de Eleccións á Xunta Directiva.
Para ese mesmo día, ás 22.00 horas estamos a organizar a Cena de Fin de Temporada, con un menú de 25 euros o plato, os que queirades participar debedes comunicalo ao movil 636748698 (a partir das 6 da tarde), antes do día 20.