Foron 20 as dornas que participaron na primeira edición da Regata de San Vicente, entre elas a "A Meca", que nas últimas semanas conta con gran actividade saíndo moitos dos días da semana.Tamén agradecemos a asistencia e participación de todos os que vos achegástedes ao porto de Pedras Negras, foi unha auténtica mágoa que non tiveramos máis vento.
No aspecto da competición o podio quedou como sigue:
1. Xarandeira. Asoc. Fasquía (Santi/Fernando)
2. Barzarra. A.C. Dorna (Pardavila/Luís)
3. Fuxe. Dorna Meca (Manolo/Brais)
Ademáis hoube máis premios, todos eles e máis fotografías pinchando aquí.












































