Este sábado hai regata de dornas a vela en Porto Meloxo, preténdese que sexa unha festa para todos, participantes e visitantes. Farase un percorrido entre o Porto de Meloxo e o Carreiro e logo en terra unhas cañas e lume na parrilla!!!viernes, septiembre 26, 2008
Regata en Meloxo
Este sábado hai regata de dornas a vela en Porto Meloxo, preténdese que sexa unha festa para todos, participantes e visitantes. Farase un percorrido entre o Porto de Meloxo e o Carreiro e logo en terra unhas cañas e lume na parrilla!!!lunes, septiembre 01, 2008
A Meca impresionou na Regata de Clásicos Emprosal
Tedes máis fotos e a clasificación en todogrove.com
Tamén saiu a noticia na Voz de Galicia
miércoles, agosto 27, 2008
Barcos clásicos en San Vicente

Espíritu de Tradición: Barcos construidos con técnicas e materiais actuais pero que, na súa apariencia externa, gardan certa similitude cos barcos de épocas pretéritas.
sábado, agosto 16, 2008
Unha ducia de dornas do Grove na I Regata de San Vicente
Foron 20 as dornas que participaron na primeira edición da Regata de San Vicente, entre elas a "A Meca", que nas últimas semanas conta con gran actividade saíndo moitos dos días da semana.Tamén agradecemos a asistencia e participación de todos os que vos achegástedes ao porto de Pedras Negras, foi unha auténtica mágoa que non tiveramos máis vento.
No aspecto da competición o podio quedou como sigue:
1. Xarandeira. Asoc. Fasquía (Santi/Fernando)
2. Barzarra. A.C. Dorna (Pardavila/Luís)
3. Fuxe. Dorna Meca (Manolo/Brais)
Ademáis hoube máis premios, todos eles e máis fotografías pinchando aquí.
martes, agosto 12, 2008
I Regata de San Vicente, todo a punto
Este venres día 15 de agosto, ás 12.00 horas, celebrarase no Porto de Pedras Negras a I Regata de San Vicente de Dornas a Vela, en colaboración co Club Náutico San Vicente do Mar, que opera neste porto. Haberá premios en diversas categorías ademais dos tres primeiros clasificados, como o tripulante máis moz@, o máis veteran@, a muller mellor clasificada, a asociación da que participen máis dornas ou o "premio á dorna máis fermosa", que será elixida entre todos os tripulantes. pola noite como remate da xornada festiva actuará o grupo Os Hackleberries no mesmo porto.Tódolos interesados en participaren terán que comunicar os seguintes datos, (por cuestións de organización e servicio de restaurante) antes do xoves 14 ás 20 horas ou ben á Asociación de Amigos da Dorna Meca, ou ben ó Club Náutico San Vicente (administración@cnsvicente.org ou 986738325) a. Nome, apelidos e teléfono do patrón
b. Nome e apelidos do/s tripulantes
É importante ler as normas da regata para maior información
domingo, agosto 10, 2008
As dornas do Grove protagonistas en Cambados

jueves, agosto 07, 2008
A Fuxe cuarta na XX Regata do Bao

domingo, julio 27, 2008
Os da "Nécora" levan para a Illa a Regata dos Faros
Braulio e Harry foron os primeiros en completar o circuito da Regata dos Faros 2008. Todo saíu ben en canto a organización, aínda que contabamos con ter maior participación. Houbo 23 dornas en total, 9 delas dos socios de Amigos da Dorna Meca. A uns e outros moitas gracias por vir.A seguinte cita por estes lares será o 15 de Agosto en Pedras Negras, Seguiremos informando.
Tedes a clasificación e todas as fotografías en www.todogrove.com
martes, julio 22, 2008
XII Regata dos Faros
O próximo sábado 26 de xuño imos celebrar a XII Regata dos Faros no Porto do Grove, estades todos convidados. Agradecemos a colaboración da Confraría de Pescadores que nos cede a Lonxa para a entrega de premios e tamén a colaboración da Copistería Técnica Copyman.NOTA: Se algunha persoa está interesada en probar a navegación tradicional cos Amigos da Dorna Meca, só ten que poñerse en contacto.

domingo, julio 20, 2008
Somos unha máis!!
Tamén gracias a Juan Antonio e o seu fillo, da Asociación Cantodorxo, que amenizaron a botadura cunhas pezas a base de gaita e tambor
Botámola no varadoiro de Moreiras, ao lado do CIPES, e logo fumos de travesía ata o Faro das Pedras, para recalar no Makoki, na praia do Carreiro.
A Rona, benvida á familia!!
A noticia e máis fotos en todogrove.com
jueves, julio 10, 2008
En Brest
No intre que escribimos estas liñas A Meca xa está amarrada no sexto porto máis importante de Europa: BREST.
Moitos meses de traballo e xestión precederon ao destino final. Amigos da Dorna Meca aporta unha embarcación e 6 tripulantes á expedición oficial que participará na Festa Marítima Internacional Brest 2008, ademais moitos socios e achegados viaxan tamén ata a cidade bretoa por terra e por mar.
A todos eles o noso máis sincero desexo de que disfruten desta semana chea de barcos, navegacións, tripulantes, concertos, xornadas, visitas… Aquí estaremos agardando o seu retorno.
Na TVG, o pasado domingo 6/07/2008, emitiuse un De Proa a Popa especial sobre a festa de Brest, aquí tedes o enlace por se non tivestes oportunidade de ver a súa emisión
domingo, julio 06, 2008
E completamos a XXIV Volta á Illa de Arousa
Ás 11 da mañan quedamos no varadoiro de Peralto, logo de desaiunar botamos os barcos pola rampa abaixo e comezamos o día da XXIV Volta a Arousa, as condicións do tempo prometían, víase que iamos ter un bo día para navegar, e así foi, incluso na cara noroeste da Illa non estaría mal algo máis de ventiño.
Comezaron as regatas
O día 21 de xuño tivo lugar a estrea dos Amigos da Dorna de Portonovo na organización de regatas, coa I Regata do Sepelo, nesta ocasión o vento foise quedando en nada na segunda volta da regata. Participaron 7 dornas do Grove nesta proba, para o ano voltaremos.
domingo, junio 08, 2008
Suspendida a Area Seba
Estamos xa a traballar na organización da Regata dos Faros, polo que tamén convidamos a todos aqueles que se ofreceran como voluntarios para colaborar na organización que se poñan en contacto coa directiva.
martes, mayo 06, 2008
Regata de dornas en San Vicente
Este ano imos a levar a cabo a I Regata de San Vicente, en colaboración co Club Náutico San Vicente, a cal terá saída e chegada no porto de Pedras Negras.No mesmo día haberá gran actividade na zona xa que tamén se celebra unha regata de traiñeiras, co que nos aseugramos unha boa afluencia de público.
A data é o 15 de agosto, verémonos alí.
viernes, abril 11, 2008
A Meca na TVG
ACTUALIZACIÓN
Para os que non puideron ver o programa no momento da súa emisión, pinchando aquí podedes velo na web da TVG, emisión correspondente ao 13/04/2008
martes, abril 08, 2008
Asamblea Xeral de socios
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
Lugar: Centro de Interpretación da Salga e a Pesca. Punta Moreiras. Ogrobe
Día: sábado 19 de Abril Hora: 19:00 h.
1. Lectura e aprobación da acta anterior, se procede
2. Dación de contas
3. Brest 2008, (Datos definitivos)
4. Calendario de actividades
5. Equipos de organización
6. Convenio CIPES
8. Varios:
Rogos e preguntas
martes, marzo 18, 2008
Xa temos datas para as regatas de dornas no Grove

Logo de reunirnos na FGCMF para confeccionar un calendario de actividades, acordamos xa as datas para as nosas regatas, que este ano serán:
IV Regata Area Seba, o 14 de Xuño
XII Regata dos Faros, o 26 de xullo
Regata do Marisco 2008, 11 de outubro.
Seguide atentos porque pode haber máis novedades
martes, marzo 04, 2008
Convenio para dinamizar o CIPES
Onte luns día 3 de marzo asinamos un covenio de colaboración co Concello do Grove para a dinamización de actividades no Centro de Interpretación da Pesca e a Salga, en Punta Moreiras, alí faremos actividades e amarraremos as embarcacións da asociación, a partir de agora xa temos onde traballar.Diario de Arousa
La Voz de Galicia
Todogrove.com
miércoles, febrero 13, 2008
As mareas no Grove
jueves, febrero 07, 2008
Os Astilleros Nereo no seu peor momento

Astilleros Nereo está baixo ameaza de derribo.
Debido a un proxecto urbanístico é posible que desapareza o estaleiro, a pesar da súa inclusión como "Actividad de Interés Etnológico" no Catalogo General del Patrimonio Histórico Andaluz, porque non está protexido o entorno no que ten lugar a actividade. Xa está a información pública a licitación das obras de remodelacion da zona, e a Plataforma para la Defensa de la Carpintería de Ribera de Astilleros Nereo como Patrimonio Histórico Andaluz fai un chamamento para que se presenten o maior número de alegacións posibles ante a Demarcación de Costas antes de 20 días. O obxectivo é conseguir modificar a catalogación dos estaleiros delimitando o territorio que lle afecta, xa sexa como lugar de interés etnolóxico ou BIC.
Ademais de escribindo a Costas (Dirección General De Puertos Y Costas Delegación Provincial.
Paseo de la Farola 12, 29016, Málaga. 952 211 537), pódese apoiar a iniciativa a través do web creado para a ocasión: A Flote.
Mais información en:
El mar es el camí
Observatorio del Patrimonio Histórico Español
El País
La Taberna del puerto
jueves, enero 17, 2008
Gañadores do Sorteo CM da Amizade Galego-Portuguesa
Xa coñecemos os gañadores do sorteo que artillamos hai uns meses os blogueiros galegos e portugueses, iniciativa da que seredes xa coñecedores, pois chegou o momento de repartir a sorte.
Os libros en portugués foron para:
1-História do Batel Vae com Deus, de Raul Brandão (oferta da Orfeu) - Mar Adentro, Ventosga
2-A Noite Abre Meus Olhos, de José Tolentino (oferta da Orfeu)- Blogue dos Navios e do Mar
3-Cais e Navios de Lisboa, de Luís MIguel Correia (oferta do autor) - Oli
4-A Campanha do Argus, de Allain Villiers (oferta do blogue Mar Adentro Ventosga) - Besbe
Os libros en Galego correspondéronlle a:
1- Joao Quaresma- Lanchas e dornas
2- mch- O Patrimonio Marítimo de Galicia
3- Julio Quirino- O Bote Polbeiro de Bueu
4-Rute&Joao- A Odisea
lunes, enero 07, 2008
A Asociación Amigos da Dorna Meca colaborou na Cabalgata
Para ver máis fotos da cabalgata pincha aquí e accederás a todogrove.com
jueves, enero 03, 2008
Boletos para o sorteo

Listado provisional de Boletos de Participación no Sorteo CM da Amizade Galego-Portuguesa outorgados por Amigos da Dorna Meca:
Eugénio de Imagens con agua
João Veiga de Mar Adentro Ventosga
J.C. de O Blogue do J.C.
SWT de O Blogue do SWT
Hugo de Órzalle aí
Manuel de Homes de Pedra en Barcos de Pau
O'Fartura de Singradura da Relinga
Luis Miguel Correia de Blogue dos Navíos e do Mar
Sailor Girl de Atlântico Azul.
lunes, diciembre 10, 2007
A revista do Encontro do Grove
e remata o ano poñemos a vosa
disposiciónen pdf a
revista dos III Encontros de Embarcacións
Tradicionais de Galicia, celebrado no
Grove hai xa 10 anos, parece
que foi onte. Disfrutade dos
seus interesantes contidos.
domingo, diciembre 02, 2007
Seguiremos reuníndonos para falar de Brest
Rematamos a temporada oficialmente coa cena anual e a última asamblea deste ano.domingo, noviembre 25, 2007
Cena de fin de temporada este venres
O día seguinte, sábado día 1, faremos a Asamblea Xeral Ordinaria no local veciñal de Virxe das Mareas, ás 19 horas. Á que esperamos a máxima asistencia, xa que no orde do día hai un par de puntos de moita trascendencia.
Os socios recibiredes no voso mail e no voso enderezo puntual información do menú da cena e da orde do día.
Os que queirades confirmar asistencia para a cena facedeo canto antes
jueves, noviembre 08, 2007
A TVG emitirá este sábado o documental "MAR DE VELAS"

miércoles, noviembre 07, 2007
Dorna Meca na Mostra do Patrimonio Inmaterial en Pontevedra
Do 7 ao 11 de novembro vai ter lugar a Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués na praza da Ferrería. Coa intención de visibilizar este patrimonio e concienciar a sociedade da necesidade de salvagardalo, o Proxecto RONSEL, organiza esta Mostra na cidade de Pontevedra.O programa é moi amplo, variado e con presencia de exposicións, obradoiros de oficios tradicionais, conferencias, música tradicional e unha notable oferta audiovisual, polo que recomendamos unha lectura demorada.martes, noviembre 06, 2007
Sorteo Cultura Mariñeira da Amizade Luso-Galega
A divulgación da Cultura Marítima e do patrimonio material e inmaterial marítimo que nos teñen legado as comunidades mariñeiras así como o mar como medio natural, é a motivación que nos move, como administradores de blogues de temática marítima, a promover o Sorteo Cultura Mariñeira da Amizade Luso-Galega. Temos como principal obxectivo transmitir que un aspecto destacado da cultura mariñeira é a amizade entre os pobos, o respeto e o coñecimento mutuos a través do mar e, em particular, dos pobos galego e portugués.
2. Libros a sortear
2.1. Sorteamos os seguintes libros en galego:
- «O Patrimonio Marítimo de Galicia», de Dionisio Pereira. Editora FGCMF Oferta da Federación Galega da Cultura Marítima e Fluvial. Exemplar con dedicatoria e asinatura do autor.
- «Lanchas e Dornas», de Staffan Mörling. Editora Xunta de Galicia. Oferta da Libraría Sisargas
- «A Odisea», de Homero. Editora Toxosoutos. Oferta da Libraría Sisargas.
- «O bote polbeiro de Bueu», de Fidel Simes . Editora Xunta de Galicia. Oferta do Grupo de Cultura Mariñeira da Asociación Cultural O Xeito.
2.2. Sorteamos os seguintes libros en portugués:
- «Cais e Navios de Lisboa», de Luís Miguel Correia. Oferta do Autor. Exemplar con dedicatoria e asinatura do autor.
- «História do Batel Vae com Deus», de Raúl Brandão, Editora Edieum. Oferta da Livraria Luso-Galáica «Orfeu».
- «A noite abre meus olhos», de José Tolentino Mendonça, Editora Orfeu. Oferta da Livraria Luso-Galáica «Orfeu».
- «A Campanha do Argus, de Alain Villiers. Oferta de Mar Adentro Ventosga.
3. Participantes
Integran o sorteo os administradores de blogues escritos em calquera das línguas oficiais dos pobos da Península Ibérica, que participen realizando comentarios nos blogues promotores. O dereito a un boleto para o sorteo adquírese pola participación en cada un dos blogues promotores, ata un máximo permitido de seis boletos. Aos agraciados seranlles remitidos os libros ao enderezo postal que indiquen. O espazo xeográfico no que se desenvolve a iniciativa é a Península Ibérica, sen prexuizo de valorarmos a posibilidade de ampliar o ámbito territorial do sorteo en función das solicitudes recibidas e do eventual aumento dos gastos de envio que esto implique.
4. Período de participación
O período de obtención de boletos de participación decorre desde a publicación do presente Regulamento en cada blogue promotor ata o 31 de Decembro de 2007 (inclusive), realizándose o sorteo na segunda semana de 2008 no local das librarías promotoras a través do sistema da «man inocente», garantizando os responsables da libraría e dos blogues promotores a correcta realización do mesmo.
5. Libros en Língua Portuguesa
Sortearanse os libros en Língua Portuguesa entre os blogueiros que teñan participado nos blogues galegos en: Libraría Luso-Galáica «Orfeu», de Joaquim Pinto da Silva, en Bruxelas. Rue du Taciturne, 43 Willem de Zwijgerstraat Bruxelles/Brussels 1000 Belgique/België. Tfno: +32(0)27350077. Bitácora: http://www.orfeu.net/
6. Libros en Língua Galega
Sortearanse os libros en Língua Galega entre os blogueiros que teñan participado nos blogues portugueses na: Libraría Sisargas, de Roberto Castro, en Rúa Curros Enriquez, 9 15002 A Coruña Galiza Tfno: +34(0)981200082. Correo Electrónico: libreriasisargas@gmail.com
7. Blogueiros promotores:
Sailor Girl, do Blogue «Atlântico Azul»
Luis Miguel Correia, do «Blogue dos Navios e do Mar»
João Veiga, do Blogue «Mar Adentro-Ventosga»
O Fartura, do Blogue «Singradura da Relinga»
Manuel, do Blogue «Homes de Pedra en Barcos de Pau»
Lino, do Blogue «Amigos da Dorna Meca».
8. Blogueiros adheridos:
Adquiren o estatuto de blogueiro adherido ao Sorteo CM da Amizade Galego-Portuguesa todos aqueles que nos seus blogues publiquen unha entrada co presente Regulamento e inclúan as ligazóns dos blogues promotores nas súas recomendacións, comunicándollo a Sailor Girl e a O’Fartura, o que lles confire o dereito á obtención de sete boletos suplementarios de participación no Sorteo.
Amigas e amigos, ata o 31 de decembro do 2007 administrar un blog e navegar participando activamente nos blogs promotores do Sorteo da dereito a premios!....Sen máis recibe un abrazo mariñeiro.
Le atentamente as bases e participa!
sábado, octubre 13, 2007
A Fuxe e a Chunga fan podio na Regata do Marisco
Case 20 dornas tomaron parte da última regata do ano, a vencedora foi a Cariñosa de Victor e Checo, despois de un percorrido bastante aberto e vistoso para as persoas que seguían a regata desde terra, foron chegando á liña de meta polo seguinte orde: Fuxe, Chunga, Xarandeira, Julicheira, Bicoca, Fungona, Zenaida... A entrega de premios foi a cargo do Alcalde do Grove. A noticia nos medios:
Diario de Arousa
Faro de Vigo
Todogrove.com
miércoles, septiembre 19, 2007
Regata do Marisco, dornas a vela

lunes, septiembre 10, 2007
A Dorna Meca na Radio Galega.

Mil Ribeiras ten unha bitácora do programa que vos recomendamos visitedes.
Ben, se queres escoitar a entrevista non tes máis que sintonizar a Radio Galega o vindeiro sábado 15 de 9:05h. a 11:00h.
martes, agosto 21, 2007
Boa representación en Combarro e Cambados
Por outra parte a "Fuxe" e a "Siña María" participaron na Regata do Albariño, a "Fuxe" dos Parada foi segunda, Manolo e Pablo chegaron no número 15 coa "Siña María".
Podedes ver as fotos da fin de semana pinchando aquí.
viernes, agosto 03, 2007
domingo, julio 15, 2007
A Cariñosa gaña a XI Regata dos Faros
1 Cariñosa AC Dorna
2 Noelia AC Dorna
3 Chunga Dorna Meca
4 Xarandeira Fasquía
5 Bazarra AC Dorna
6 Fuxe Dorna Meca
7 Forza R AC Dorna
8 Estela AC Dorna
9 Favorita Fasquía
10 Jalerna AC Dorna
11 Caracola AC Dorna
12 Petela Fasquía
13 Freixana C. M. Salnés
14 Galana AC Dorna
15 Laberca AC Dorna
16 Bicoca AD Portonovo
17 Maristela Rabandeira
18 Zanaida AC Dorna
19 Siña Maria Dorna Meca
20 Nécora AC Dorna
21 Maraxe Dorna Meca
22 Onza AC Dorna
23 Pelexa Dorna meca
24 Pelijata Fasquía
25 Cacharula
26 Siña Pepa Dorna Meca
27 Lamaschica Dorna Meca
A noticia con fotos en http://www.todogrove.com/index.php?option=com_content&task=view&id=51&Itemid=1
martes, julio 10, 2007
XI Regata dos Faros, este sábado
Este sábado 14 de xullo ás 4 da tarde imos celebrar a tradicional Regata dos Faros que alcanza nesta ocasión a súa décimo primeira edición, e que será puntuable para o Trofeo Galicia 2007 de dornas a vela. O percorrido será o de sempre e esperamos ter un bo día para a práctica da navegación tradicional. A entrega de premios será na Lonxa.
Aproveitamos a ocasión para darlle a benvida e agradecer o traballo dos novos colaboradoresjueves, julio 05, 2007
Arrancaron os VIII Encontros de Ferrol 2007
Volta á Illa 2007
domingo, junio 24, 2007
Bos resultados para as nosas dornas na Area Seba

miércoles, junio 13, 2007
APLAZADA a III Regata Area Seba , 23 de xuño de 2007
APLAZAMOS A REGATA ATA O DIA 23 sairemos do Porto do Grove ás 4 da tarde para completar un percorrido de dúas voltas. O mesmo das edicións anteriores. Esta edición conta co patrocinio da Deputación de Pontevedra e coa colaboración na organización de diversas empresas locais. Esperamos que esta ocasión sirva para atoparnos unha vez máis.
A noticia en Vieiros
domingo, junio 10, 2007
A Fuxe quinta clasificada na Regata Fasquía
jueves, junio 07, 2007
Regata Fasquía
Como todos sabedes, este sabado día 9 empeza a temporada de regatas, estrenamos na Illa de Arousa coa Regata Fasquía, que será ás 16:00 con saída do Porto do Xufre. Para os que queirades asistir á competición ou a acompañarnos sairemos do Porto do Grove ás 12 do mediodía, agradecese a puntualidade para evitar demoras innecesarias.A seguinte semana a Regata organizamolo nos, así que ide pensando en botar unha man.
viernes, mayo 25, 2007
A Meca ao carro
domingo, mayo 06, 2007
Botou a andar NaBeira08

martes, mayo 01, 2007
A revista dos Encontros de Coruxo 1995

sábado, marzo 31, 2007
Presentación de Ardentía

Luís Rei, director da revistaque tratará o tema "As mulleres do mar"
Eduardo Parada, membro da Asociación e colaborador da revista.
miércoles, marzo 21, 2007
Este sábado temos asamblea
martes, marzo 06, 2007
A revista dos Encontros de Poio 2001
domingo, febrero 25, 2007
Próxima Asemblea
Ó remate da Asemblea haberá cena-baile por riguroso proceso de reserva.
Terémos-vos debidamente informados.
miércoles, enero 31, 2007
Preparando o calendario
Proximamente convocaremos unha reunión para todos aqueles que estean interesados no tema das regatas: patróns, proeis, lanchas de apoio, organización en terra, colaboración... para ir preparando a temporada.
Avisaremos con tempo.
sábado, enero 20, 2007
Documental sobre o Barco da Memoria

Poñense en contacto con nós desde a Productora Saga Tv para informarnos estiveron traballando nun documental sobre a viaxe e as historias vitais que albergou a adega do Hidria durante este vran no programa que tiña por nome "O Barco da Memoria", o documental será emitido na TVG, o próximo sábado 27 de Xaneiro ás 16:00 h. no espazo "Galicia documental"
miércoles, enero 03, 2007
Pegatinas da dorna
Para empezar o ano presentámos-vos estas pegatinas que fixemos; diseño propio en vinilo adhesivo, o mesmo material que se utiliza para rotular, polo de agora dispoñemos delas en blanco e negro como podedes ver na imaxe. O seu tamaño aproximado é de 12 cm. de alto por uns 7 de ancho.domingo, diciembre 24, 2006
Feliz Ano 2007
Agradecer tamén o traballo de todas as persoas e empresas cercanas a nós: Sen persoas coma vos, nós nunca poderíamos facer o que fixemos.
Para todos: que pasedes unhas boas festas e que o ano 2007 só vos traia cousas boas.
Amigos da Dorna Meca.
jueves, diciembre 14, 2006
www.dornameca.org
miércoles, noviembre 29, 2006
A "Lamaschica" en Internet
A dorna de máis recente incorporación na Asociación, a "Lamaschica" de Dani Otero, está na páxina www.modelismonaval.com, que acaba de publicar unha reportaxe sobre o proceso de restauración desta pequena dorna con máis de 70 anos nas súas cuadernas, e que para a próxima temporada andará entre nós de porto en porto.
miércoles, noviembre 15, 2006
ASAMBLEA XERAL 2/XII/06
CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL
Lugar: Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey. Ogrobe
Día: sábado 2 de Decembro Hora: 19:00 h.
Menú do día
1. Dación de contas
2. Situación de trámites actuais (subvencións, solicitudes, novo e-mail...)
3. Posta ó día de datos dos socios
4. Aprobación de compra do dominio www.dornameca.org
5. O Racú
6. Convocatoria de eleccións da nova Xunta Directiva
7. Varios:
Lotería de Nadal
Rogos e preguntas
martes, noviembre 14, 2006
Novo correo electrónico
amigosdornameca@gmail.com






