domingo, mayo 31, 2009

Rumbo a Muros


Os IX Encontros de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que terán lugar en Muros, entre o 9 e o 12 de xullo xa están en marcha. Lembrámos que a data tope para inscribir as embarcacións participantes é o 15 de xuño.


Na páxina oficial do Encontros tedes máis información, e aquí a invitación oficial.

domingo, mayo 17, 2009

E agora a traballar


O sábado celebramos as Asambleas, tal e como estaba previsto. A nova Xunta Directiva foi aprobada pola totalidade dos asistentes, e queda configurada como segue:
Lino Prieto, presidente
Manolo Triñanes, vicepresidente
Daniel Otero, secretario
Manolo Rey, tesoureiro
Silvia Marcos, vocal
Jose Manuel Triñanes, vocal
Javier Rey, vocal
Javier Fontán, vocal
Seguirán facéndose as xuntanzas dos mércores, nas que participan e poden participar todos aqueles que desexen aportar a súa axuda, para levar adiante as regatas propostas e organizar xa as saídas abertas na Meca, para fomentar a navegación entre a poboación do Grove.

A noticia nos medios de comunicación:
Faro de Vigo
Todogrove.com

lunes, mayo 11, 2009

Asambleas


ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
Lugar: Centro de Interpretación da Salga e a Pesca. Punta Moreiras. Ogrobe
Día: sábado 16 de maio Hora: 1ª conv. 19:00 h, 2ª conv. 19.30 h

Orde do día

1. Aprobación, se procede, da nova Xunta Directiva


ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Lugar: Centro de Interpretación da Salga e a Pesca. Punta Moreiras. Ogrobe
Día: sábado 16 de maio Hora: 19:45 h.

Orde do día

2. Lectura e aprobación da acta anterior, se procede
3. Dación de contas
4. Actividades 2009
5. Seguros de Navegante
6. Varios
Rogos e preguntas


Debida a importancia dos temas a tratar na Orde do día desde a Xunta Directiva agradeceríamos a máxima asistencia posible.

jueves, mayo 07, 2009

Gravamos para a TVG



Estes días estiveron polo Grove os integrantes do esquipo do programa Salitre, da TVG, conversaron con xentes do mar do Grove, mariñeiros, peixeiras, collareiras, taberneiros... e tamén quixeron coñecer de primeira man a nosa asociación.


É por isto que nos pediron que os leváramos a navegar na Meca mentras Rivadulla Corcón, director e presentador deste programa, que se emite na noite do luns da Televisión de Galicia, entrevistaba ao presidente, Lino Prieto. Quedamoslles agradecidos por ternos tomado en conta para os contidos do seu espazo, e aproveitamos para saudalos.


Daremos debida conta da data de emisión do programa en canto sexa comunicada.

miércoles, mayo 06, 2009

Xa estamos nela...

Pasou o inverno e unha chea de semanas. logo dunha merecida posta a punto A Meca volveu á actividade social, a súa primeira viaxe nesta temporada foi a Vigo para participar no Tall Ship Atlantic Challenge. Aqui a podedes ver lucindo fasquía no peirao da Laxe, xunto con outras embarcacións tradicionais dos nosos compañeiros e outros barcos grandes con un mundo de velas.