martes, septiembre 29, 2009

Vamos, que nos vamos!!


Este sábado 3 de outubro teremos a Regata do Marisco 2009, organizada pola Asociación de Amigos da Dorna Meca co patrocinio do Concello do Grove, e que está incluída no programa da Festa do Marisco deste ano.

Para esta ocasión temos preparada unha pequena sorpresa para a regata.

Animamos e convidamos a participar nesta última regata da temporada, que será a última das 4 regatas celebradas no Grove este anos, no que desde a asociación comezamos con iniciativas de fomento e participación social das embarcacións tradicionais, na medida do posible.

domingo, septiembre 27, 2009

Navegamos na Festa da Vela

Velas de todo tipo no Grove

Onte sábado saimos a navegar e disfrutar da fantástica tarde de setembro, con unha brisiña do noroeste. A saída consistiu na Festa da Vela, organizada polos compañeiros da Escola de Vela O Grove, que a veñen celebrando desde hai catro anos, e á que nos convidaron.


O pequeno Rakú tamén se apuntou. Foto: Dani Otero

Pois resulta que pouco antes das 5 da tarde saímos todos a velear: A Meca, o Rakú, a Lamaschica e a Nocra. Pero eso non foi o único, a maior parte das embarcacións de vela lixeira da escola tamén sairon, acompañados polo Raquel C e algún que outro cruceiro que se animou a participar.

O Raquel C ofrece unha preciosa estampa

Ao remate cando estabamos todos en terra reunímonos nas dependencias da escola, no Pavillón de Deportes Naúticos, para tomar un pincho e unha fresca.

Carmen, a pequena de Cores, no seu optimist seguida de cerca pola Meca

O sábado que ven despediremos a temporada de regatas de dornas no porto do Grove.
A nova en:

lunes, septiembre 21, 2009

A Regata de Porto Meloxo sigue a medrar



Este sábado tivemos o II Premio Regata de Dornas a Vela de Porto Meloxo, organizada polos amigos do Bar Meloxeira, (algúns deles son os que nos axudan coas lanchas nas regatas) e cos que colaboramos moi a gusto.


Salimos coas dornas varadas na praia, co palo arriba e a vela armada, despois de dar a saida empuxámolas e armamos o timón para disfrutar da tarde navegando.


Nesta ocasión contamos con 30 dornas nesta xornada coa que pretendemos espallar o mundo da navegación tradicional alí onde se nos requira, e sobre todo, onde mostren o seu interes por apoiar todo este movemento, como é neste caso.


Ganou a Fuxe, con Manolo Parada á caña, seguida pola Cariñosa, do Checo, e de terceira rematou a Cariñosa de Santi Mougán. Tamén houbo un pequeno trofeo para os que pechaban a lista, por aquelo de non desanimarse.
Ao remate sardiñas, xurelos e outros "benmesabes" e o convite aberto a voltar a Porto Meloxo a próxima tempada.


Todogrove.com, Faro de Vigo, Culturamaritima.org e o Blog da ACD Dorna fixéronse eco da regata con crónicas e fotografías.
Vémonos o día 3 na Regata do Marisco, onde nos depediremos da competición oficial.

martes, septiembre 08, 2009

Regata en Porto Meloxo

Este ano volveremos a facer unha regata en Porto Meloxa, colaboraremos cos amigos deste barrio que se movilizaron para facer posible o II Premio Regata de Dornas a Vela de Porto Meloxo, a cita é o sábado 19 de setembro ás 4 e media da tarde.
Alí nos veremos.