domingo, septiembre 27, 2009

Navegamos na Festa da Vela

Velas de todo tipo no Grove

Onte sábado saimos a navegar e disfrutar da fantástica tarde de setembro, con unha brisiña do noroeste. A saída consistiu na Festa da Vela, organizada polos compañeiros da Escola de Vela O Grove, que a veñen celebrando desde hai catro anos, e á que nos convidaron.


O pequeno Rakú tamén se apuntou. Foto: Dani Otero

Pois resulta que pouco antes das 5 da tarde saímos todos a velear: A Meca, o Rakú, a Lamaschica e a Nocra. Pero eso non foi o único, a maior parte das embarcacións de vela lixeira da escola tamén sairon, acompañados polo Raquel C e algún que outro cruceiro que se animou a participar.

O Raquel C ofrece unha preciosa estampa

Ao remate cando estabamos todos en terra reunímonos nas dependencias da escola, no Pavillón de Deportes Naúticos, para tomar un pincho e unha fresca.

Carmen, a pequena de Cores, no seu optimist seguida de cerca pola Meca

O sábado que ven despediremos a temporada de regatas de dornas no porto do Grove.
A nova en:

No hay comentarios: