miércoles, octubre 13, 2010
A Pachanga do Pilar
Como a previsión para o martes era de día festivo e con unha airexa de norte, puxémonos de acordo para salir a navegar, cada un puxo un pouco da súa parte e organizamos unha pachanga.
Con todo botámonos ao mar 9 dornas, preparamos un recorrido non moi longo e aos dous minutos demos a saída.
Como quedou dito tivemos concurencia e saímos a dar uns bordos ata o arido , para coller a baliza de entrada no porto e logo para terra de novo.
A tarde sirveu para pasar un dia de navegación xuntos, e incluso para que algunha socia se estrenara na navegación en dorna.
Ao chegar a terra houbo unha cuchipanda para os participantes nun ambiente inmellorable: arros con marisquiños bivalbos e uns xureles-caneus na brasa. Despois incluso se entregaron uns modestos trofeos aos mellores do día. Así da gusto.
Esta seguro que é para moitos de nós a última saida a velear deste ano, e quedamos con un moi bo sabor de boca, polas viandas e mais pola experiencia. Para a temporada que ven esperemos que máis e mellor. (Se o vento non nos dá tanta estronda coma este ano...)
domingo, octubre 10, 2010
Acabouse a temporada coa Regata do Marisco
Para Amigos da Dorna Meca este foi un bo remate da temporada xa que todo saiu ben nesta última cita na que completamos un pódium meco.
A clasificación quedou como sigue:
1. Semparada. Dorna Meca
2. Fuxe. Dorna Meca
3. Lamaschica. Dorna Meca
4. A Rona. Dorna Meca
5. Siña María. Dorna Meca
6. Marijuana. Dorna Meca
7. Bandalla. ACD Dorna
8. Fanequeira. Dorna Meca
9. Faisca. Dorna Meca
10. Javiota. ACD Dorna
Aqui tedes a galería de imaxes de Todogrove.com
A noticia en Faro de Vigo e na Voz de Galicia
domingo, septiembre 26, 2010
sábado, septiembre 25, 2010
A Rona, primeira en Porto Meloxo
O premio para a dorna mellor clasificada quedou no Grove, foi para a A Rona, tripulada por Daniel Otero e Lucía Álvarez, a Asociación de Amigos da Dorna Meca, a que entrou primeira na liña de meta tras un intenso man a man entre o grupo de cabeza de regata, chegando incluso a perigar a súa posición por unha mala manobra nun dos últimos bordos de ceñida para encarar o remate da regata.
Foi esta ceñida desde a Mexilloeira ata a bocana de Porto Meloxo que decidiu a clasificación da proba, e foron Juan Manuel Parada e Juan Servando a bordo da Forza R a segunda en completar o percorrido seguidos da Mimela, tripulada por Salva Allo de Adelino González, ambos da Asociación Cultural Dorna da Illa de Arousa.
Outros premios
Pero non se acabou ahí o recoñecemento aos participantes, xa que a organización se reservaba algunha que outra sorpresa, deste xeito tamén se agasallou ao tripulante de máis idade, que foi José Paz que aos seus 76 anos é un habitual das regatas de dornas a bordo da Freixana; e tamén Manuel Meis levou un agasallo por ser o dorneiro máis mozo, que con 10 anos de idade navega na Nocra. E non parou ahí a cousa, xa que tamén houbo un trofeo para “o primiero pola cola”, un revulsivo contra o desánimo para as tripulantes da Chati.
Participación
As preto de trinta dornas participàntes chegaron a Porto Meloxo desde diversos puntos, ademáis das 10 dornas que aportaron os membros da Asociación de Amigos da Dorna Meca, hai que sumar os participantes da Asocaición Lajareu por Barlovento, de Ribeira: da Asociación de Amigos da Dorna de Portonovo; Asociación Mar do Bohido, de Cambados; e da Asociación Cultural Dorna, da Illa de Arousa.
Esta regata foi organizada polo Bar Meloxeira coa colaboración de Amigos da Dorna Meca.
A seguiinte cita para as dornas será o vindeiro sábado, no porto do Grove, con motivo da Regata do Marisco 2010, e coa que se pon remate á temporada desta competición.Fotografías e video en Todogrove.com
lunes, septiembre 20, 2010
III Premio Regata dornas a vela Porto Meloxo
Esta é unha cita festiva, a temporada vai rematando e un ano máis a xente do Bar Meloxeira aposta por convocar as dornas a vela nesta praia, e Amigos da Dorna Meca non pode máis que brindar o seu total apoio na organización.
A saída está para as 4 dda tarde, e teremos que andar vivos e atendos ao reloxo que alí a marea non perdona.
jueves, septiembre 16, 2010
I MEMORIAL TITO SILVA
Do Grove acercáronse a navegar outros amigos cos seus barcos, como Paco, no Ayala; Leiro, no seu Snipe; Gerardo e Klaus, no Voodoo; Ricardo, na Plaia da Panadeira, ou XA Ochoa, a bordo da Sara O.
Se queredes saber mais sobre Tito Silva e ver algunhas fotografías da tarde de mar, pinchade nestes enlaces:
Bou de Vara. "En memoria de Tito"
Dornablog
Acd Dorna. "I Memorial Tito Silva. A dorna de tope"
lunes, agosto 30, 2010
III Regata de Clásicos
Xuntos estamos conseguindo que esta sexa unha xornada de convivencia na que se reunen barcos moi diferentes pero con moitas cousas en común. Nesta terceira edición acadáronse os 24 barcos participantes e o domingo foi unha xonrada estupenda para velear, lástima de un pouco máis de vento...
Non faltou a Meca e algunhas dornas dos socios, e ainda que o importante é participar aquí vos deixamos o reparto de premios.
- Sara O, de Xosé Avelino Ochoa, embarcación con maior número de tripulantes da Escola de Vela do Club Náutico San Vicente.
- A dorna xeiteira Rabandeira, da Asociación Rabandeira de Vilanova de Arousa, como primeira clasificada na categoría de barcos de traballo.
- O Aguete, motovelero propiedade da Armada Española, como primeiro clasificado nos barcos Espírito de Tradición.
- O gañador en barcos clásicos foi o Ébano, un vela lixeira da clase Snipe, construído en madeira laminada nos estaleiros Lago de Vigo en 1970, tripulado polos irmáns David e Sonia Leiro.
- O premio ao barco máis fermoso por votación entre os participantes foi para o Naia, de Pablo Blanco.
- O premio ao barco de Época foi a parar ao galeón Nuevo Sofía, da Asociación Rabandeira de Vilanova de Arousa.
lunes, agosto 23, 2010
Volvemos a Combarro
Un agosto máis asistimos á cita cos compañeiros de Combarro, e xa van 15 anos de Concentración de Embarcacións Tradicionais.
Despois de xantar partía A Meca do porto do Grove con moi boa marcha, que non durou moito, para ser exactos ata Con de Fora, onde se movía un neboeiro intenso que obrigou a afinar os sentidos para ver e ser vistos. Ata cegar a divisar Portonovo a néboa era mesta como os pelos dun can, pero de aí en diante a Meca foi costeando e algo mais adiante puxeron rumbo sur, xa que a na outra banda da ría de Pontevedra estaba o día claro e ben despexado.
Unha vez alí navegamos e compartimos bos momentos en terra entre barcos e amigos. Aínda que o tempo non foi moi apacible fixemos todo o posible para disfrutar da cita.
REGATAS
Por causa de un problema loxístico non dispoñiamos de unha dorna de 9 cuartas en Combarro polo que houbo que buscarse a vida para participar na regata de remos, así que o presi Lino, o vice Manolo e o noso Fabián embarcaron na buceta A Boureante, cedida para a ocasión para tomar parte da regata:
conclusión 1ª: o importante é participar e non embestir!
PROXIMA CITA
O vindeiro fin de semana participaremos co'A Meca na Concentración e Regata de Clásicos de San Vicente, na cal colaboramos nos temas de organización. O regateiros teñen a posibilidade de asistir coas dornas á Regata do Bao, e tamén está a alternativa do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Bueu.
Como todos somos maoires de idade cada un irá a donde prefira.
lunes, agosto 16, 2010
Novedades varias
XIV REGATA DOS FAROS.
Afortunadamente puidemos avisar a participantes, lanchas de apoio e demais partes interesadas para que ninguén dera viaxes en balde.
A nova data está por determinar.
III REGATA DE SAN VICENTE
A nova e fotografías en Todogrove.com
A organización desta regata seguiu os cauces habituais pero o número de dornas participantes foi ínfimo, practicamente reuniuse o quorum mínimo e indispensable para poder chamarlle regata.
Con estes vimbios hai que facer o cesto, que quere dicir esto? pois que todos debemos reflexionar en frio, meditar, e valorar os resultados dos recursos que empregamos para levar as cousas adiante.
Unha vez analizadas as conclusións deberemos actuar en consecuencia.
XV CONCENTRACIÓN DE EMBARCACIONS TRADICIONAIS DE POIO
lunes, julio 12, 2010
XIV Regata dos Faros
lunes, mayo 31, 2010
Xente traballando
Rascouse o casco por forae douselle unha primera man de lixa, por dentro deixámola en casco e pasámoslle a aspiradora. repuxemos a cadena do timón e colocámoslle uns zincs no quillote, aproveitamos para mercar o material necesario para a posta a punto e para organizar o material que tiñamos no astillero.
O traballo restante farano os Manolos (Rei e Triñanes) durante a semana, xunto cos voluntarios que teñan as tardes libres e se acheguen.
Aos que acudístedes moitas gracias:
Manolo, Eduardo e Miguel; Quin e Dani; Fabián e Pepe, Toli, Aguiño, Santos, Lino, Marcos, Gerardo, Rafilla, Javi... creo que están todos. Durante a semana seguiran dándolle os Manolos (Triñanes, Rey e Aguiño) e algún que outro voluntario que se preste.
Dehoxe en 8 días estará lista para navegar.
A noticia en Faro de Vigo
jueves, mayo 27, 2010
Arranxar a Meca o sábado 29 de maio
Este sábado 29 de maio empezamos os traballos na Meca, imos a arranxala: rascar pintura e patente e poñela ben bonita.
Toda a axuda será benvida, polo que quedamos Astillero dos Garrido ás 10.30 da mañan con roupa de faena.
Agradeceríamosvos que todos os que poidades vos acheguedes a botar unha man, sexa media hora ou o que sexa, xa que cantos mais seamos antes acabaremos, A Meca é cousa de todos e tamén vos lembramos que está ahí para navegar a disposición dos socios.
domingo, mayo 09, 2010
Celebrada a primeira Asamblea do ano
Faremos unha convocatoria para rascar e pintar A Meca, vía movil e internet.
A noticia en Todogrove.com
na Voz de Galicia
miércoles, febrero 03, 2010
Enmenda á «Ley General de Navegación Marítima»
Pronto se vai reunir a Comisión de Justicia do Congreso dos Deputados para tratar este tema e cantos máis apoios se teñan máis posibilidades haberá de que se acepte.
Neste momento son moitos os colectivos e institucións de toda España que enviaron o seu apoio, pero ainda precisamos máis apoios individuais.
Se cres que a enmenda é necesaria escribe a enmiendalgnm@gmail.com co seguinte texto:
Por el presente documento, (NOME APELIDOS E NUMERO DE DNI) manifiesta su pleno apoyo a la enmienda al Proyecto de Ley General de Navegación Marítima que contempla la introducción de una disposición adicional titulada «Protección del Patrimonio marítimo flotante. Estatuto jurídico de las embarcaciones históricas y tradicionales». Con ello se pretende que dichas embarcaciones se rijan por una legislación específica que garantice su protección y su uso, y contribuir a la protección de nuestro patrimonio marítimo flotante, en línea con otros países de nuestro entorno.
LUGAR DE RESIDENCIA E DATA.
Non se responderá aos correos nin se gardarán datos despois da presentación da enmenda.
Anímate a participar, enviando un simple correo electrónico poderemos conseguir esta consideración para as embarcacións tradicionais