lunes, agosto 23, 2010

Volvemos a Combarro


Un agosto máis asistimos á cita cos compañeiros de Combarro, e xa van 15 anos de Concentración de Embarcacións Tradicionais.


Despois de xantar partía A Meca do porto do Grove con moi boa marcha, que non durou moito, para ser exactos ata Con de Fora, onde se movía un neboeiro intenso que obrigou a afinar os sentidos para ver e ser vistos. Ata cegar a divisar Portonovo a néboa era mesta como os pelos dun can, pero de aí en diante a Meca foi costeando e algo mais adiante puxeron rumbo sur, xa que a na outra banda da ría de Pontevedra estaba o día claro e ben despexado.

Unha vez alí navegamos e compartimos bos momentos en terra entre barcos e amigos. Aínda que o tempo non foi moi apacible fixemos todo o posible para disfrutar da cita.


REGATAS

Por causa de un problema loxístico non dispoñiamos de unha dorna de 9 cuartas en Combarro polo que houbo que buscarse a vida para participar na regata de remos, así que o presi Lino, o vice Manolo e o noso Fabián embarcaron na buceta A Boureante, cedida para a ocasión para tomar parte da regata:

conclusión 1ª: o importante é participar e non embestir!

conclusión 2ª: Que-REMEdios!


PROXIMA CITA

O vindeiro fin de semana participaremos co'A Meca na Concentración e Regata de Clásicos de San Vicente, na cal colaboramos nos temas de organización. O regateiros teñen a posibilidade de asistir coas dornas á Regata do Bao, e tamén está a alternativa do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Bueu.

Como todos somos maoires de idade cada un irá a donde prefira.

2 comentarios:

PAULA dijo...

Jrasias amijos da dorna meca por ese fin de semana marabilloso pero sobretodo o que mais me justou foron os fuejos artifisiales que botástedes o venres con motivo do meu cumpleanos......

Amigos da Dorna Meca dijo...

non hai de que querida Paula, sabes que esta asociación vela polo benestar dos seus socios, sobre todo dos mais activos.
Saúdos