miércoles, julio 29, 2009

Saídas abertas

Por fin saímos! Hoxe mércores realizamos a primeira saída divulgativa na Dorna Meca. Nesta primeira ocasión navegaron n’A Meca catro rapazas, que pasaron unha tarde de navegación na que a choiva non nos respetou.

Con todo as nosas primeiras convidadas quedaron satisfeitas coa experiencia e esperamos que volvan e decidan incorporarse ao mundo das embarcacións tradicionais.
Na Voz fixeron unha reportaxe, publicada hoxe 4 de agosto

domingo, julio 19, 2009

O Grove no programa Salitre


Mañá luns, na TVG, a partir das 21.30 horas, emítese o programa Salitre, que tratará sobreo porto do Grove. O equipo do programa saiu a navegar cos Amigos da Dorna Meca a bordo da Meca, onde entrevistaron ao presidente: Lino Prieto.
Lembrade: este luns ás 21.30 horas.

sábado, julio 18, 2009

Vinteunha dornas na XIII Regata dos Faros


Marabillosa tarde de navegación a que tivemos na XIII Regata dos Faros, xuntámonos 21 embarcacións para disfrutar de unha tarde para as dornas. Os compañeiros e amigos da ACD Dorna, da Illa de Arousa estaban hoxe de festa grande polo Carme, e disculparon a súa ausencia, ainda que si que asistiu unha pequena delegación dos seus afectivos. Tamén faltou algunha das nosas dornas...
O ambiente foi excelente e a regata siui moi ben, gracias ao traballo de organización que desempeñou o equipo que se encargou de preparar o evento.Gracias a todos eles e gracias tamén aos que asistiron á regata.

Clasificación

1ª Bazarra ACD Dorna Illa de Arousa
2ª Fuxe Dorna Meca O Grove
3ª Jalerna ACD Dorna Illa de Arousa
4ª Fanequeira Dorna Meca O Grove
5ª Maristela Rabandeira Vilanova de Arousa
6ª Triñana Dorna Meca O Grove
7ª A Rona Dorna Meca O Grove
8ª Zenaida ACD Dorna Illa de Arousa
9ª Coninha AD Portonovo Portonovo
10ª Marijuana Dorna Meca O Grove
11ª Bandalla ACD Dorna Illa de Arousa
12ª Siña Maria (Blue) Dorna Meca O Grove
13ª Semparada Dorna Meca O Grove
14ª Montañesa ACD Dorna Illa de Arousa
15ª Bicoca AD Portonovo Portonovo
16ª Siña María (Black) Dorna Meca O Grove
17ª Siña Pepa Dorna Meca O Grove
18ª Nerea Rabandeira Vilanova de Arousa
19ª Nocra Dorna Meca O Grove
--- Salitrosa Dorna Meca O Grove
--- A Meca Dorna Meca O Grove

A noticia e máis fotografías en
Todogrove.com

miércoles, julio 15, 2009

XIII Regata dos Faros


Este sábado temos a XIII Regata dos Faros, apenas nos repuxemos de Muros, pero seguimos adiante. A partir das 16.00 horas no Porto do Grove.

martes, julio 07, 2009

... e o racú a hinchar


Despois do intenso traballo levado a cabo nos ultimos días, practicamente a contrareloxo, para rematar de aparellar o racú hoxe botámolo ao mar para que hinche e se impregne de salitre. Xa conta con timón novo, ferraxes, panas e cuarteles.

En Muros, se todo vai ben, poderemos ver navegar a vela ao pequeno RAKÚ.

lunes, julio 06, 2009

A Meca en Muros


A dorna Meca chagou este sábado a Muros, desde agora atópase no pantalán esperando o incio do IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.

miércoles, julio 01, 2009

Gústanche as dornas?



Comezamos hoxe unha nova liña de traballo en favor do fomento da navegación tradicional, a cultura e o patrimonio marítmo do Grove.


Trátase de realizar saídas abertas de navegación na Dorna Meca, todas aquelas persoas que sintan interese ou curiosidade polo mundo das dornas e a navegación a vela tradicional poderán achegarse e navegar con nos.


Para participar nestas saídas é preciso chamar con antelación ao teléfono da Asociación (670 84 64 03), posuir o seguro de navegante da FGCMF (ou algun outro seguro persoal de accidentes), traer roupa de abrigo e gañas de aprender e disfrutar de unha tarde a bordo da Meca. En principio sairemos os mércores, con posibilidade de aumentar o número de días se a iniciativa ten aceptación.
A noticia nos medios

Suspendida a XXV Volta á Arousa

Fotografía cedida por http://fungona.blogspot.com


A pasada fin de semana saiu da Praia do Bao a XXV edición da Volta á Arousa. Tomaron parte da proba un total de 62 embarcacións, entre elas 10 dornas do Grove: A Rona, Bichasa, Chunga, Fanequeira, Fuxe, Marijuana, Semparada, Siña María, Pendona e Triñana.

O forte vento sur reinante levou aos responsables da seguridade da regata a tomar a decisión de suspendela.

O pequeno RAKÚ na prensa

A volta a casa do noso racú mereceu a atención da prensa escrita, neste caso o Faro de Vigo interesouse por este barco e pola actividade da asociación.



Podedes ver a nova pinchando aquí.
Mentras tanto contiuaremos a traballar para intentar que o racú chegue ao Encontro de Muros no mellor estado posible.