Este sábado pasado desplazámonos ata Ribeira, ali se celebrou a 4ª manga do XIV Campeonato de primavera de Lajareu.
Chegamos alí con 4 dornas, dúas chegaron por mar e outras dúas por terra, e con máis tripulantes que embarcacións (caso curioso) co que houbo "equipasos" de 3 para regatear. O conto é que esta proba foi unha das mangas que organiza a Asociación Lajareu a nivel interno, pero isto non foi óbice para que nos deran unha calurosa acollida e que saíramos a disfrutar de unha tarde de navegación con pouco vento.
A pesar de estarmos regateando "fora de concurso" cabe señalar que A Rona e a Faisca fixéronse un meritorio lugar entre os cinco primeiros...A próxima cita será o día 11 de xuño en Portonovo, na IV Regata do Sepelo. E tamén contarvos que A Meca xa se atopa na súa boia en perfecto estado de revista.
(Gracias a Daniel Otero por mandarnos as fotos!)