lunes, octubre 31, 2011

O X Encontro e a débeda do Concello de Vilagarcía a Pleno.

Hoxe imos a Vilagarcía de Arousa, xa que este Concello e a sua corporación entrante se fixeron os locos no Comité Organizador dos X Encontros de Embarcacións Tradicionais de Carril, hoxe imos asistir ao pleno para saber que pasa cos mais de 20.000 euros de gastos que provocou o seu incumplimento, as 15.00 h estaremos no local de Confín para repartirnos nos coche e ir alá.


A Convocatoria da FGCMF di:

Durante a organización e celebración do Encontro en Carril houbo problemas co Concello de Vilagarcia, quen simplemente "desapareceu" do Comité Organizador desde o cambio de goberno propiciado polas últimas eleccións municipais.

Debido a que o Concello non fixo ningunha aportación directa ao Encontro, tívose que asumir o que en principio lle correspondía ao Concello e como consecuencia hai un desfase no orzamento de 21.000 euros aproximadamente.

Dende a realización do Encontro ata o día de hoxe non foi posible falar co equipo de goberno do Concello de Vilagarcía de Arousa, a pesares de solicitálo a FGCMF en numerosas ocasións e por diferentes vías. Por esta razón a Xunta Directiva da FGCMF non lle quedou outra solución que manter reunións cos grupos políticos da oposición do Concello de Vilagarcia para tratar este tema (en principio mostráronse favorables), e fíxose unha petición para que sexa tratado no próximo Pleno e que poida intervir un representante da FGCMF nese Pleno.

O xoves, soupemos que o tema non estaba incluído na Orden do día do Pleno do Concello de Vilagarcía do vindeiro luns 31 de outubro. Por esta razón, os grupos da oposición van pedir o mesmo luns no Pleno, que pola vía de urxencia se inclua na orden do día o asunto do X Encontro. Na solicitude que se presentou no Concello se pide que un representante da FGCMF interveña no Pleno para explicar a problemática.

A xunta directiva da FGCMF pide o voso apoio e solicita a vosa presenza o luns no Pleno que terá lugar na sede do Concello ás 17:00 horas. É importante que fagades chegar esta solicitude de apoio a todos os interesados en defender o patrimonio marítimo galego.

Para coordinar o tema propoñemos:
-Estar o luns 31 na entrada do Concello as 16:30 horas, alí repartiremos unhas camisetas que nos identificarán.
-Neste intre trátase de facernos ver, polo de agora non faremos ruído. Polo tanto no caso de que ao inicio do Pleno non se acepte tratar o tema nese Pleno retirarémonos en silencio.

É importante que se poida pechar correctamente o X Encontro, xa que se así non fose estaríase poñendo en perigo, como mínimo, a convocatoria do seguinte Encontro.


sábado, octubre 29, 2011

Dias de marusía


Esta semana tivemos mal tempo, na praia de Confín notouse ben a marusía, como vedes na fotografía o mar chegou aos cimentos do local, mais concretamente no repunte da marea mollouse a plataforma e todo, afortunadamente o vento non foi moito e evitou que houbera máis destrozos que que dos que xa houbo en Virxe das Mareas... e coma sempre despois do temporal veu a calma.

lunes, octubre 17, 2011

Poñendo juapo o local


A pesares de que temos un tempo primaveral, xa vai sendo hora de pensar en invernar os barcos. Durante a Festa do Marisco quixemos facer algo de ambiente poñendo na plataforma do local unha dorna e o Rakú, como o racusiño estaba ben seco xa lle demos un par de mans de mejunge, como da fé a foto na que o vice Manolo puxo a sulfatadora ao rojo vivo.



Cando o barco estivo listo, esperando a ser gardado para pasar o duro inverno, foi momento de poñernos a adecentar o local que nos ten cedido o Concello do Grove, que xa que o usamos queremos que estea en condicións. O primeiro foi reafirmar a barandilla, tanto os postes como os cables e os listóns de madeira, que foron atornillados e recibiron unha man do protector da madeira que usaramos para o propio local.


O sábado pola tarde a plataforma na que se encontra o local foi chorreada con agua a presión, como preparación do que lle esperaba nesta tarde de luns, na que lle demos un tratamento a base de producto protector da madeira, quedou todo arranxadiño, e queda para outro dia a parte de atrás, na que está o Rakú.
Aínda que hai un grupo xeitoso de voluntarios a axuda que poida vir nunca está de máis, se botar unha man nestes traballos pásate por Confín pola tarde.



jueves, octubre 13, 2011

Pachanga do Pilar



Como o día da Regata do Marisco fallou o vento, que non se presentou en todo o día, quedamos con ganas de máis. Si a esto lle sumamos que temos unha climatoloxía que nin na primeira quincena de agosto, obtemos a Pachanga do Pilar, é decirl que o 12 de outubro a tino de que non é dia de traballo para a inmensa maioría quedamos no local para facer unha regatiña máis informal, entre nós...

A saída decidiuse por sufraxio universal entre os participantes, así que 14 dornas vararon na praia de Confín, ao pé do local para completar un percorrido, con pouco vento pero un ambiente inmellorable.

Estaban case todas as dornas dos Amigos da Dorna Meca, ás que se sumaron a Lara Doce e a Secreta, e solo faltaron a Triñana, a Tesedeira e a Uxoa, que por motivos diversos non puderon estar, penso que non me queda ningunha atrás!

Foto: Lucía Álvarez

Aqui tedes a foto de familia do día, que non se diga que no Grove non hai afición ás dornas, e con esto rematamos a temporada 2011.
Agora toca ir arranxando as embarcacións para pasaren o inverno e traballar un pouco no local, manteremosvos informados.

domingo, octubre 02, 2011

Calma na Regata do Marisco 2011

EnlaceFoto: Alejandro Agrelo

O sábado, con unha previsión de tempo excelente, pero sin apenas vento, xuntáronse no Grove un total de 27 dornas, case toda a flota dorneira de Amigos da Dorna Meca estivo no mar para compartir unha tarde de navegación.
Na primeira fotografía podedes ver que introducimos unha novidade, a saída da regata fíxose con un dos tripulantes da dorna "en terra", mais concretamente no dique flotante do porto do Grove, e a vela recollida, no intre da saída o tripulante salta abordo e a navegar. O percorrido non pudo completarse porque o vento non dou para máis, e á altura do faro do Sinás ca correntada das mareas vivas facian que as dornas fora máis para atrás que para avante.

Foto: Alejandro Agrelo

Con todo, a nivel organizativo todo saíu moi ben, fixemos a entrega de premios (aos que foron entrando primeiros nos pasos obligados) e tomamos uns pinchos antes de despedirnos, xa non quedan regatas pero se o tempo nos deixa, o sábado que ven intentaremos facer unha pachanga ou algo. Mentras tanto, e para dar ambientillo puxemos a Siña María e o Rakú á beira do local e unhas dornas varadas na praia de Confín, os veciños encantados din que da gusto ver a plaia así, e os turistas facéndolle fotos.



Tedes máis fotos da regata nestes enlaces de:
Todogrove.com
Diario de Arousa