domingo, octubre 02, 2011

Calma na Regata do Marisco 2011

EnlaceFoto: Alejandro Agrelo

O sábado, con unha previsión de tempo excelente, pero sin apenas vento, xuntáronse no Grove un total de 27 dornas, case toda a flota dorneira de Amigos da Dorna Meca estivo no mar para compartir unha tarde de navegación.
Na primeira fotografía podedes ver que introducimos unha novidade, a saída da regata fíxose con un dos tripulantes da dorna "en terra", mais concretamente no dique flotante do porto do Grove, e a vela recollida, no intre da saída o tripulante salta abordo e a navegar. O percorrido non pudo completarse porque o vento non dou para máis, e á altura do faro do Sinás ca correntada das mareas vivas facian que as dornas fora máis para atrás que para avante.

Foto: Alejandro Agrelo

Con todo, a nivel organizativo todo saíu moi ben, fixemos a entrega de premios (aos que foron entrando primeiros nos pasos obligados) e tomamos uns pinchos antes de despedirnos, xa non quedan regatas pero se o tempo nos deixa, o sábado que ven intentaremos facer unha pachanga ou algo. Mentras tanto, e para dar ambientillo puxemos a Siña María e o Rakú á beira do local e unhas dornas varadas na praia de Confín, os veciños encantados din que da gusto ver a plaia así, e os turistas facéndolle fotos.



Tedes máis fotos da regata nestes enlaces de:
Todogrove.com
Diario de Arousa


No hay comentarios: