jueves, junio 30, 2011
O mapa de Carril
Aqui tedes o mapa do porto de Carril e os lugares asignados as nosas embarcacións (en verde), sede "jiados" e portádevos ben.
miércoles, junio 29, 2011
A antesala do X Encontro
Na fin de semana levouse a cabo a Semana Náutica de Vilaxoán, que este ano estivo baseada nas xornadas previas oa X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia Carril 2011. O xoves arribou a este porto A Meca e o sábado fixoo o Rakú.
Durante o sábado e o domingo houbo actividades moi diversas: visitas á Illa de Cortegada, música ao vivo, xantar de confraternidade e sobre todo navegación. As fotos que ilustran este post foron tomadas na tarde do domingo.
Ademais de parte da flota da Asociación: o Rakú que volveu ao mar do seu retiro invernal en Moreiras, e a Meca, que leva unhas semanas de navegacións casi diarias, tamén desplazaremos a Carril a nova dorna de tope que se acaba de recuperar para o club.En Vilaxoán tamén estiveron varios socios da Dorna Meca coas suas embarcacións: a Sara, o Xeiteiro, o Ayala, o Voodoo e o Pappaleison.
Galeóns: Nuevo Sofía e Eliseo
PROA A CARRIL!!!!
A vindeira semana estaremos todos en Carril, un Encontro máis (e van 10), un ano mías (e van 20), seguiremos a traballar pola cultura marítima, polo recoñecemento do noso patrimonio, o seu mantemento e a súa socialización. O importante é o traballo que fai cada persoa que conserva, lija, repara, pinta e navega unha embarcación; os que estudian e documentan esta parte da nosa historia e a nosa identidade. Así ten que ser, a pesar de que haxa algúns que se empeñen en intentar impedilo.
Máis información sobre Vilaxoán neste enlace á web da FGCMF
Máis información sobre Vilaxoán neste enlace á web da FGCMF
PROA A CARRIL!!!!
domingo, junio 26, 2011
Unha volta ata Rúa
Este sábado, mentras o Rakú ía de camiño para Vilaxoán, onde o agardaba A Meca, os que quedaron no Grove saíro a velear coa brisa leve que tivemos despois das 4 da tarde. Cinco dornas puxeron proa á Illa de Rúa, para unha visita algo fugáz, xa que o vento, que non era moito ía perdendo forza a medida que o facía o sol. Había ambiente polo canal, moito veleiro, e na illa de Rúa estaba amarrado o Chasula, que tiña traballo.
Vedes nas fotografías da volta, que o vento era moi frouxo, pero fumos indo ata chegar ás bateas de Meloxo, onde finalmente houbo que armar remos e bojar, sin matarse moito, porque se estaba mellor no mar que en terra.
lunes, junio 20, 2011
Na XXVII Volta á Arousa
Foron 6 as dornas que partiron do Grove cara a Illa de Arousa para participar na XXVII Volta á Illa, unha proba que transcorreu sen maiores incidentes e que este ano se adelantou notablemente no calendario.
Un total de 42 embarcacións foron as que conformaron a flota que completaren o percorrido con vento da travesía de entre 7 e 10 nudos, e que finalmente rematou con un podio de dornas locais, rematando 3ª a Pereka, 2ª a Nécora e 1º a Jalerna, con Ricado e Carterola abordo que gañan esta regata por segunda vez: Noraboa chavales!
A Fuxe rematou no 6º lugar.
Pinchando aquí tedes a galería de imaxes da Regata de Maricarme Aguín
A Fuxe rematou no 6º lugar.
Pinchando aquí tedes a galería de imaxes da Regata de Maricarme Aguín
Foto de Maricarme Aguín, tomada de http://acddorna.org/blog
lunes, junio 13, 2011
8 dornas do Grove en Portonovo e podio!
Un total de 8 dornas dornas compoñía a expedición de Amigos da Dorna Meca en Portonovo, onde este sábado se celebrou a IV Regata do Sepelo (que non sepelio) e que organizaron os compañeiros de Amigos da Dorna de Portonovo.
Un ventiño suave do noroeste con algunha racha moderada foi a constante de toda a tarde. A saída deuse pouco despois das 16.30 h e comezou o percorrido habitual desta proba, na que os primeiros clasificados empregaron preto de 2 horas en completar.
Das embarcacións de Dorna Meca desplazadas destacar os bos resultados na competición, xa que en un total de 24 participantes, das nosas metéronse 4 nos 10 primeiros, a todos eles noraboa!
Clasificación:
1ª NECORA - Cultual Dorna
2ª XARANDEIRA - Fasquía
3ª BAZARRA - Cultural Dorna
4ª FAISCA - Dorna Meca
5ª A RONA - Dorna Meca
6ª FUXE - Dorna Meca
7ª JALERNA - Cultural Dorna
8ª CARACOLA - Cultural Dorna
9ª MIMELA - Cultural Dorna

Etiquetas:
regatas Rona Faisca Fuxe Triñana
domingo, junio 12, 2011
WWW.DORNAMECAOGROVE.ORG
Desde hoxe mesmo podes entrar nesta nosa páxina web desde http://dornameca.blogspot.com e tamén desde www.dornamecaogrove.org
martes, junio 07, 2011
Inscritos para Carril 2011
Hoxe martes os dorneiros estabamos convocados a unha reunión no local para tratar varios temas.
Seguros.
Toca renovar o Seguro de Navegante que nos xentiona a FGCMF, para elo é preciso aportar os 10 euros e o DNI do socio que queira gozar deste seguro persoal de accidentes, o cal recomendamos facer para tomar parte das actividades no mar.
Carril.
Tamén demos conta do que sabemos sobre o X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, a celebrar a partir do vinceiro día 30 en Carril. Xa son varias as embarcacións de socios que formalizaron a inscrición, e tamén hoxe se inscribiron as embarcacións propiedade da asociación.
Esta é a web do X Encontro, na que podedes seguir as novedades e incluso as inscricións.
A Meca.
Hoxe saiu A Meca a navegar, probaronlle a vela nova que mercamos hai escasas semanas e, segun dixeron os que a probaron: "vai coma unha paloma". Hai intención de darlle movemento á dorna grande, así que os que queirades probala, ou formar parte da tripulación poñédevos en contacto.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)