lunes, junio 20, 2011

Na XXVII Volta á Arousa

Foron 6 as dornas que partiron do Grove cara a Illa de Arousa para participar na XXVII Volta á Illa, unha proba que transcorreu sen maiores incidentes e que este ano se adelantou notablemente no calendario.

Un total de 42 embarcacións foron as que conformaron a flota que completaren o percorrido con vento da travesía de entre 7 e 10 nudos, e que finalmente rematou con un podio de dornas locais, rematando 3ª a Pereka, 2ª a Nécora e 1º a Jalerna, con Ricado e Carterola abordo que gañan esta regata por segunda vez: Noraboa chavales!
A Fuxe rematou no 6º lugar.

Pinchando aquí tedes a galería de imaxes da Regata de Maricarme Aguín

Os vencedores
Foto de Maricarme Aguín, tomada de http://acddorna.org/blog

No hay comentarios: