miércoles, junio 29, 2011

A antesala do X Encontro


Gerard e Ibor no RAkú

Na fin de semana levouse a cabo a Semana Náutica de Vilaxoán, que este ano estivo baseada nas xornadas previas oa X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia Carril 2011. O xoves arribou a este porto A Meca e o sábado fixoo o Rakú.

A Meca (de popa) no pantalán "dos grandes"

Durante o sábado e o domingo houbo actividades moi diversas: visitas á Illa de Cortegada, música ao vivo, xantar de confraternidade e sobre todo navegación. As fotos que ilustran este post foron tomadas na tarde do domingo.
Ademais de parte da flota da Asociación: o Rakú que volveu ao mar do seu retiro invernal en Moreiras, e a Meca, que leva unhas semanas de navegacións casi diarias, tamén desplazaremos a Carril a nova dorna de tope que se acaba de recuperar para o club.
En Vilaxoán tamén estiveron varios socios da Dorna Meca coas suas embarcacións: a Sara, o Xeiteiro, o Ayala, o Voodoo e o Pappaleison.

Galeóns, bote e trincado


A Sara tamén estivo


O Ría de Ferrol e o Bote de Pau, ferrolans 100%


Ambiente de Encontro


O galeón Eliseo en rumbo de "coalición" coa Maristela

A Irmandiña


Galeóns: Nuevo Sofía e Eliseo

A vindeira semana estaremos todos en Carril, un Encontro máis (e van 10), un ano mías (e van 20), seguiremos a traballar pola cultura marítima, polo recoñecemento do noso patrimonio, o seu mantemento e a súa socialización. O importante é o traballo que fai cada persoa que conserva, lija, repara, pinta e navega unha embarcación; os que estudian e documentan esta parte da nosa historia e a nosa identidade. Así ten que ser, a pesar de que haxa algúns que se empeñen en intentar impedilo.

Máis información sobre Vilaxoán neste enlace á web da FGCMF

PROA A CARRIL!!!!

No hay comentarios: