Este sábado, mentras o Rakú ía de camiño para Vilaxoán, onde o agardaba A Meca, os que quedaron no Grove saíro a velear coa brisa leve que tivemos despois das 4 da tarde. Cinco dornas puxeron proa á Illa de Rúa, para unha visita algo fugáz, xa que o vento, que non era moito ía perdendo forza a medida que o facía o sol. Había ambiente polo canal, moito veleiro, e na illa de Rúa estaba amarrado o Chasula, que tiña traballo.
Vedes nas fotografías da volta, que o vento era moi frouxo, pero fumos indo ata chegar ás bateas de Meloxo, onde finalmente houbo que armar remos e bojar, sin matarse moito, porque se estaba mellor no mar que en terra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario