martes, junio 07, 2011

Inscritos para Carril 2011

Hoxe martes os dorneiros estabamos convocados a unha reunión no local para tratar varios temas.

Seguros.
Toca renovar o Seguro de Navegante que nos xentiona a FGCMF, para elo é preciso aportar os 10 euros e o DNI do socio que queira gozar deste seguro persoal de accidentes, o cal recomendamos facer para tomar parte das actividades no mar.


Carril.
Tamén demos conta do que sabemos sobre o X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, a celebrar a partir do vinceiro día 30 en Carril. Xa son varias as embarcacións de socios que formalizaron a inscrición, e tamén hoxe se inscribiron as embarcacións propiedade da asociación.
Esta é a web do X Encontro, na que podedes seguir as novedades e incluso as inscricións.

A Meca.
Hoxe saiu A Meca a navegar, probaronlle a vela nova que mercamos hai escasas semanas e, segun dixeron os que a probaron: "vai coma unha paloma". Hai intención de darlle movemento á dorna grande, así que os que queirades probala, ou formar parte da tripulación poñédevos en contacto.

No hay comentarios: