Este sábado tivemos o II Premio Regata de Dornas a Vela de Porto Meloxo, organizada polos amigos do Bar Meloxeira, (algúns deles son os que nos axudan coas lanchas nas regatas) e cos que colaboramos moi a gusto.
Salimos coas dornas varadas na praia, co palo arriba e a vela armada, despois de dar a saida empuxámolas e armamos o timón para disfrutar da tarde navegando.
Nesta ocasión contamos con 30 dornas nesta xornada coa que pretendemos espallar o mundo da navegación tradicional alí onde se nos requira, e sobre todo, onde mostren o seu interes por apoiar todo este movemento, como é neste caso.
Ganou a Fuxe, con Manolo Parada á caña, seguida pola Cariñosa, do Checo, e de terceira rematou a Cariñosa de Santi Mougán. Tamén houbo un pequeno trofeo para os que pechaban a lista, por aquelo de non desanimarse.
Ao remate sardiñas, xurelos e outros "benmesabes" e o convite aberto a voltar a Porto Meloxo a próxima tempada.Todogrove.com, Faro de Vigo, Culturamaritima.org e o Blog da ACD Dorna fixéronse eco da regata con crónicas e fotografías.
Vémonos o día 3 na Regata do Marisco, onde nos depediremos da competición oficial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario