sábado, marzo 30, 2013

Convocatoria Asamblea Xeral Extraordinaria

A Asociacion Amigos da Dorna Meca convoca Asamblea Xeral Extraordinaria para tod@s os seus Soci@s para o proximo dia 6 de Abril no Pabellon de Deportes Nauticos na praia de Confin,en horario de primeira convocatoria as 19:30 horas e segunda convocatoria as 20:00,que debido a magnitude de tal evento esperamos a maxima asistencia a cal agradecemos xa que unha tempada nova esta a piques de empezar e para informarvos das novas xestions que se estan a realizar asi como temas de maxima importancia decara os Encontros o estado dos barcos e organizacion de tripulacions.

Agardamosvos o proximo dia 6,que non volo conten¡¡¡¡¡¡vente a disfrutar da Dorna Meca¡¡¡

viernes, marzo 01, 2013

Movemento de barcos

 Un saudo Queridos Dorneir@s,coa primaveira xa a volta da esquina gustarianos este sabado mover os barcos da Asociacion para espertalos xa do seu longo descansar invernal.Xa sei que un aviso dun dia para outro pero de non poder o sabado,xa q necesitariamos de doce persoas a lo menos para poder movelos ben,outro dia seria tamen o luns pola tarde,agradeceriamos enormemente q cantos mais foramos mellor.Para resolvervos calquera duda xa sabedes que podedes chamar o telefono da Asociacion,ou enviar unha mensaxe polo feisbuk de "a min tamen me justa a Dorna Meca".


Bos ventos para tod@s.