jueves, mayo 31, 2012

A regata que marca o inicio da Tempada 2012



Querid@s Dorneir@s ahora si que xa non hay volta atras,o comezo da tempada temolo a volta da esquina.Con ganas de volver a disfrutar desas  tardes a vela,de recontros con vellos amigos,das tertulias o final da regata disfrutando dunhas boas cervezas ou refrescos ben fresquiños acompañados sempre con algo para repoñer forzas,tardes de anecdotas e aventuras e historias contadas polos mais vellos que os oidos da xente nova poderian incluso parecer novelas de Julio Verne,e das que tanto gustamos de oir.


Este sabado 2 de Xuño a Asociacion Amigos da Dorna de Portonovo organiza a V Regata do Sepelo donde esperamos vervos a tod@s ali¡¡¡¡¡


Dende aqui animar a todos os soci@s a acudir as regatas xa que como se informou na ultima reunion e ben sabedes tod@s a asociacion dispon dun carro e organizandonos para o transporte todo e posible¡¡¡¡¡¡¡¡


Un saudiño querid@s Dorneir@s e que a tempada veña cargada de boas tardes de vela¡¡¡¡¡¡¡Bos ventos para tod@s¡¡¡¡

martes, mayo 22, 2012

Reunion cos soci@s e patrons

Como di aquel refran si mal non recordo antes de final de mayo ten o bote preparado....jajajajajja.Como tod@s sabedes o comenzo da tempada das regatas de dornas esta o cair e dende a asociacion gustarianos ter unha pequena reunion cos socios e sobre todo cos patrons  para poñernos o dia coas embarcacions que estan listas para acudir as regatas ,tema de transporte ,uso do carro da asociacion, xa que o dia 2 de xuño(si si estades lendo ben...o 2 de xuño e non queda nada) sera a regata do Sepelo en Portonovo e para poder organizarnos.

Por esto a xunta directiva convoca unha reunion para o viernes 25 de Mayo a partires das 20 horas no local da asociacion (na caseta da praia de Confin) Contamos con vos¡¡

Un saudo,a Directiva.

Aparellamento da Meca


Esta seman estara a caseta aberta e estaremos no lavadero de Peralto aparellando"A Meca" e preparandoa para navegar.Todos aqueles soci@s que queirades pasar a axudar xa sabedes que sodes benvidos,xa que cantos mais sexamos primeiro acabaremos¡¡¡¡¡un saudiño a todos e bos ventos¡¡¡¡

Dia das Letras Galegas 2012

A esta cita non podiamos faltar e inda que a mañan parecia un pouco brava sairon dende Meloxo "A Laxe de Boibas" e "A Rona" con rumbo a Illa.

Xa coas embarcacions amarradas,disfrutabamos da botadurad o racú O Republicano, o bote de Ribadeo O Unicornio e o galeón Rei do Mar


 Despois unha paradiña para disfrutar dunha boa comida para que os navegantes recuperan forzas e comentar as anecdotas da travesia,recibiamos unha chamada para darnos o ultimo parte metereoloxico que previa ventos de hasta 20 nós apurabamos o cafe para  a volta decidindo vir as embarcions por debaixo da ponte da Illa buscando un pouco mais o abrigo...cal seria a  sorpresa q disfrutouse dunha travesia de pouco vento e navegacion tranquila(habera que cambiar de servidor de partes metereoloxicos.....)Un dia incrible cunha navegacion tradicional inmellorable¡¡¡¡¡¡

lunes, abril 09, 2012

A tope nas dornas de tope.






O sabado inda que a tarde aparecia un pouco gris despois de unhas cantas chamadas decidimonos a sair para disfrutar dunha tarde de vela nas dornas de tope,sen rumbo nin obxetivo ningun saimos de Meloxo e decidimos ir hasta Rua inda q o final rematamos indo a Ribeira.Despois dunha paradiña "tecnica" para repoñer forzas volviamos as dornas para iniciar a travesia de volta a casa,unha travesia fermosa nunha compaña inmellorable as dornas de tope volveron a surcar a ria desta vez non para traballar senon para facernos disfrutar dunha tarde de vela tradicional.

viernes, abril 06, 2012

Calendario de actividades FGCMF 2012


Calendario oficial da federacion coas actividades previstas para este 2012.Xa estamos en semana santa e non queda nada querid@s dorneir@s e tempo de rematar os ultimos preparativos despois do inverno e pronto as embarcacions volveran o mar pa cubrir a ria co as suas velas,pa facernos disfrutar de inesquecibles tarde de vento en inmellorables compañias.Dende a asociacion esperamos vervos a tod@s pronto xa que o inverno sempre se fay longo pa volver a disfrutar destas xornadas,un saudiño e bos ventos para tod@s.

sábado, febrero 25, 2012

Convócanse Asambleas

Facemos pública unha doble convocatoria, a celebrar na Sala de Xuntas do Pavillón de Deportes Náuticos, no Porto do Grove, o vindeiro sábado 17 de marzo de 2012, a partir das 19.30: h. Como veredes na comunicación que recibiredes nos coso domicilios e enderezos electrónicos, é tempo de eleccións á nova Xunta Directiva da nosa Asociación, queremos que saibas que o actual equipo directivo non se vai a presentar á reelección, e polo que vos animamos a dar o paso cara á xestión de Amigos da Dorna Meca.

domingo, enero 29, 2012

As dornas de tope xa están no mar


Este sábado volveron ao mar a Laxe de Boibas e A Rubia, aprobeitando que abrigándose ben temos uns bos dias...


O Faro de Vigo interesouse pola actividade e Pablo, Constante e Manolo (especializados en dornas de tope) posaban así de xeitosos para a prensa.

Foto: Miguel Muñiz

domingo, enero 22, 2012

Outro video


Seguimos a recopilar documentos gráficos da temporada pasada, xa que é tempo de dique seco e mantementos diversos nas embarcacións e deste xeito lembramos bos momentos no mar.
O sábado primeiro de outubro de 2011 celebrouse no porto do Grove a Regata do Marisco, un total de 27 dornas sairon con un tripulante abordo e outro sobre o dique de abrigo.

miércoles, enero 11, 2012

Video de Porto Meloxo


O compañeiro Rafa Paterí, da Fanequeira, fainos chegar este pequeno video da II Regata de DOrnas de Porto Meloxo para que o compartamos con todos vos. Nos vindeiros días iremos compartindo outros videos que se van subir ao canal de Amigos da Dorna Meca no Youtube.

lunes, diciembre 26, 2011

Pinos para palos

Rezumando a resina

Neste tempo no que se celebra o cumpleanos de Jesucristo, tamén é época de picar os pinos, ou piñeiros (pinus pinaster), que servirán para aguantar as velas da Meca e da Laxe de Boibas, os pinos secando e as embarcacións están en terra descansando e preparadas para recibir os coidados que merecen na invernada. Tamén toca rematar da aparellar a Laxe de Boibas no que respecta a vela, palo e outros detalles, xa que esta temporada o que se fixo foi deixala co preciso para navegar en Carril.

viernes, diciembre 23, 2011

Adianto do Video de Carril


Ramón xa está a montar o video do X Encontro, coma todos os anos: un traballo de calidade.

miércoles, diciembre 21, 2011

Os barcos en terra

Aínda que estaba previsto facer a varada uns dias atrás, por diversos motivos vímonos obrigados a adiar o asunto, pero finalmente esta mañán subimos A Meca no carro para que pase as festas na casa.
Coa varada desta mañán xa están todos os barcos da asociación en terra.
Proximamente anunciaremos a Asamblea por esta e outras vías.

lunes, diciembre 12, 2011

O Concello de Vilagarcía sigue negándose a pagar a débeda

O Concello imputa aos Encontros de Carril gastos que nada teñen que ver co evento para tentar xustificar o seu incumplimento como parte da organización.

Fotografía: Iñaki Abella, Farodevigo.es

Representantes da FGCMF presentaron por rexistro no Concello de Vilagarcía un escrito no que se debulla, e desarma, a resposta dada polo goberno desa cidade á Federación en relación á debeda do X Encontro de embarcacións Tradicionais de Galicia, celebrado en Carril este verán.

A groso modo esto é o que pasou: a Xunta de Goberno do Concello de Vilagarcía comunicou por escrito que o Concello non vai asumir a débeda de 21.000 euros do Encontro este ano 2011, e tampouco a vai incluir nos orzamentos do 2012. Alega para non facer esto último que xa aportou ao Encontro 100.000 euros, cousa que é totalmente falsa. Sin embargo di que estarían interesados en falar do Encontro de 2013... sen comentarios.

Tedes a información ampliada nestes enlaces do Faro de Vigo e na Voz de Galicia

martes, diciembre 06, 2011

Varada da Meca

Mañán mércores imos a varar A Meca, para que pase o nadal en terra, que xa lle vai tocando, a partir das 14.00 horas estaremos arriandolle os cabos para lavala para a rampa do varadoiro vello e metela no carro.

domingo, noviembre 27, 2011

O número 6 da revista Ardentía xa está a venda

Desde esta fin de semana atópase a vosa disposición o número 6 da revista Ardentía, todos aqueles que estean interesados en facerse con un exemplar poden poñerse en contacto por correo electrónico ou por teléfono.
Nesta ocasión vaise vender a revista directamente na Asociación, así que todo aquel que a queira mercar pode xa pedila.

miércoles, noviembre 02, 2011

O Concello de Vilagarcía rexeita facerse responsable dos gastos ocasionados polo seu abandono no X Encontro

Amigos da Dorna Meca aportou 10 socios á mobilización convocada pola FGCMF o pasado luns no Concello de Vilagarcía, finalmente despois do preceptivo cruce de acusacións e reproches entre os grupos políticos, a Corporación votou sobre a aceptación ou rexeitamento da moción presentada pola FGCMF, dando un resultado de empate, polo que o alcalde daquela cidade botou abaixo a reclamanción da Federación co seu voto de calidade.

Máis información no seguinte enlace:
http://culturamaritima.org/node/17105

lunes, octubre 31, 2011

O X Encontro e a débeda do Concello de Vilagarcía a Pleno.

Hoxe imos a Vilagarcía de Arousa, xa que este Concello e a sua corporación entrante se fixeron os locos no Comité Organizador dos X Encontros de Embarcacións Tradicionais de Carril, hoxe imos asistir ao pleno para saber que pasa cos mais de 20.000 euros de gastos que provocou o seu incumplimento, as 15.00 h estaremos no local de Confín para repartirnos nos coche e ir alá.


A Convocatoria da FGCMF di:

Durante a organización e celebración do Encontro en Carril houbo problemas co Concello de Vilagarcia, quen simplemente "desapareceu" do Comité Organizador desde o cambio de goberno propiciado polas últimas eleccións municipais.

Debido a que o Concello non fixo ningunha aportación directa ao Encontro, tívose que asumir o que en principio lle correspondía ao Concello e como consecuencia hai un desfase no orzamento de 21.000 euros aproximadamente.

Dende a realización do Encontro ata o día de hoxe non foi posible falar co equipo de goberno do Concello de Vilagarcía de Arousa, a pesares de solicitálo a FGCMF en numerosas ocasións e por diferentes vías. Por esta razón a Xunta Directiva da FGCMF non lle quedou outra solución que manter reunións cos grupos políticos da oposición do Concello de Vilagarcia para tratar este tema (en principio mostráronse favorables), e fíxose unha petición para que sexa tratado no próximo Pleno e que poida intervir un representante da FGCMF nese Pleno.

O xoves, soupemos que o tema non estaba incluído na Orden do día do Pleno do Concello de Vilagarcía do vindeiro luns 31 de outubro. Por esta razón, os grupos da oposición van pedir o mesmo luns no Pleno, que pola vía de urxencia se inclua na orden do día o asunto do X Encontro. Na solicitude que se presentou no Concello se pide que un representante da FGCMF interveña no Pleno para explicar a problemática.

A xunta directiva da FGCMF pide o voso apoio e solicita a vosa presenza o luns no Pleno que terá lugar na sede do Concello ás 17:00 horas. É importante que fagades chegar esta solicitude de apoio a todos os interesados en defender o patrimonio marítimo galego.

Para coordinar o tema propoñemos:
-Estar o luns 31 na entrada do Concello as 16:30 horas, alí repartiremos unhas camisetas que nos identificarán.
-Neste intre trátase de facernos ver, polo de agora non faremos ruído. Polo tanto no caso de que ao inicio do Pleno non se acepte tratar o tema nese Pleno retirarémonos en silencio.

É importante que se poida pechar correctamente o X Encontro, xa que se así non fose estaríase poñendo en perigo, como mínimo, a convocatoria do seguinte Encontro.


sábado, octubre 29, 2011

Dias de marusía


Esta semana tivemos mal tempo, na praia de Confín notouse ben a marusía, como vedes na fotografía o mar chegou aos cimentos do local, mais concretamente no repunte da marea mollouse a plataforma e todo, afortunadamente o vento non foi moito e evitou que houbera máis destrozos que que dos que xa houbo en Virxe das Mareas... e coma sempre despois do temporal veu a calma.