domingo, junio 10, 2007

A Fuxe quinta clasificada na Regata Fasquía


Empezou a tempada de dornas, a primeira regata foi na Illa de Arousa, puntuable para o Trofeo Galicia de Dornas a Vela. Desplazaronse 7 dornas da nosa asociación, que en conxunto desenvolveron unha regata bastante notable. A Fuxe, de Manolo e Brais Parada foi quinta, a Chunga de Fabián Garrido e Javi Fernandez foi séptima e a Fanequeira con Rafa Paterí e Rafilla, quedaron nun sorprendente noveno posto. Tamén estiveron alá a Pelexa, a Siña María, a Lamaschica e aTriñana.

Aquí tedes o album de fotos do día,

1 comentario:

O´Fartura dijo...

Grazas polas fotos, que nos axudan a todos a facernos unha idea do que representan as regatas de dornas.
Hai moitos anos que teño coñecemento da celebración das regatas de dornas.
Esta temporada ademáis temos a oportunidade de seguir a competiciòn a través do voso blog e mais do de Lajareu.
Grazas e un saúdo mariñeiro