Este sábado 14 de xullo ás 4 da tarde imos celebrar a tradicional Regata dos Faros que alcanza nesta ocasión a súa décimo primeira edición, e que será puntuable para o Trofeo Galicia 2007 de dornas a vela. O percorrido será o de sempre e esperamos ter un bo día para a práctica da navegación tradicional. A entrega de premios será na Lonxa.
Aproveitamos a ocasión para darlle a benvida e agradecer o traballo dos novos colaboradores
1 comentario:
Sorte na organización da regata de hoxe.
Un saúdo mariñeiro e esteirán.
Publicar un comentario