A Televisión de Galicia emitirá este sábado 10 de novembro, as 16 horas, o documental "MAR DE VELAS", sobre o Patrimonio Maritimo e Fluvial. Rodado durante a celebración do VIII Encontro e noutras vilas, dentro do seu espazo 'Galicia documental'. O filme está dirixido por Pemón Bouzas.
Hoxe foi presentado ós medios.
6 comentarios:
grazas por avisar.
Un saúdo.
Ola, vin o do Sorteo e pareceume unha boa idea, así que aproveitei para comezar a facer este blog … xa veremos como vai indo!
Eis o enderezo: http://orzalleai.wordpress.com/
Por certo, sabedes se hai xeito de ter o documental ... perdinmo e teño curiosidade por velo.
Ola Hugo:
diferentes asuntos
- En primeiro lugar felicitarte pola creación do teu blog, co paso que deches todos somos un pouco máis felices. BNlog que de seguro visitaremos no sucesivo
-Gracias por apoiar o sorteo da CM.
- Xa sabes que acabas de facerte con un boleto para o sorteo, que che outorga Amigos da Dorna Meca. Ademáis de obter a categoría de blog colaborador (lee as bases con atención)
-Non sei se eres do Grove ou de por aquí, pero que sepas que na asociación serás benvido se desexas acercarte a ver o que facemos ou no que andamos.
Saúdos, noraboa e benvido:
Lino
Hugo:
Esquecíame, por agora non hai maneira de conseguir o documental, de todos os xeitos, se nos comunican a hora de unha nova emisión farémolo público na web, como fixemos desta volta.
Saúde:
Lino
FELIZ DIA NACIONAL DO MAR, AMIGO!!!
Ola, pois sonche de Santiago, que non é precisamente zona de moito mar que digamos ... aínda que houbo moito verán en Palmeira, iso si (debeuseme quedar algunha imaxe na cabeciña daquelas dornas e por iso agora entroume o gusanillo por estas cousas).
Un saúdo e gracias pola benvida,
Hugo
Publicar un comentario