lunes, julio 11, 2011

32 dornas na XIV Regata dos Faros

A pesares do desapacible que amencia este sábado a climatoloxía deu unha tregua aos Amigos da Dorna Meca para levaren a cabo a decimocuarta edición da Regata dos Faros, que se celebrou nunha soleada tarde de verán con unha brisa do oeste.

Pouco despois das 16.30 h daba saída a regata con un total de 32 dornas inscritas, a terceira parte das cales eran grovenses, que completaron en algo máis de dúas horas as dúas voltas ao campo de regatas, e que sufriu unha modificación ao trazado inicial, quedando en un triangulo entre o porto do Grove, a baliza do Arido e a delimitación do polígono de entrada ao Grove.


A regata decidiuse ao remate da primeira volta, que se ben foi dominada pola Fuxe, ao inicio da segunda era a Nécora a que se escapaba no largo entre o porto e o Arido, con unha vantaxe de algo máis de media milla, o que significou arrincar máis de sete minutos aos seus perseguidores máis inmediatos, pero isto non foi óbice para que se mantivera a intensidade da loita polo podio, tanto foi así que as 4 embarcacións seguintes en cruzar a liña de meta o fixeron en pouco máis de un minuto.

Podium:

  1. Nécora. AC Dorna. Illa de Arousa
  2. Xarandeira. ACXD Fasquía. Illa de Arousa
  3. Forza R. AC Dorna. Illa de Arousa
  4. Fuxe. Dorna Meca. O Grove
  5. A Rona. Dorna Meca. O Grove

No hay comentarios: