sábado, mayo 25, 2013

De hoxe en sete dias....

De hoxe en sete dias.....hay estaremos outro ano mais defendo o patrimonio cultural e maritimo que herdamos, as dornas e as velas de relinga volveran encher as rias como anos atras como  os nosos abos e bisavos  usaban estas embarcacions para gañar o pan e poder traer alimento as suas familias,loitando contra o mar eo vento.Este ano e moy importante para nos xa que este inverno fixeronse e recuperaronse diversas dornas,"A Calloa,A Lourdes,A Outra,A Caropa"dornas que volveran a surcar as augas das diversas rias polas que a tempada de Dornas a vela nos lebaran dende Portonovo a  O Grobe pasando por debaixo da ponte da Illa de Arousa,Ribeira,Cambados.....Moitos sentimentos volven a sair o recordar as tardes que pasamos xuntos intentando loitar por que esta cultura non caia no esquecemento,tardes de amizades,tardes de vento e mar,tardes de tanta cultura maritima, anecotas,contos,e desventuras que os mais vellos nos narran de aqueles tempos tan duros donde unha dorna era un medio de vida unha oportunidade na vida para traeer alimento e cartos para manter as nosas familias.
Dende a Dorna Meca gustarianos invitarvos a que este patrimonio que temos non caia no esquecemento e citarvos o proximo fin de semana en Portonovo para a Regata do Sepelo.7

Un saudo Querid@s Dorneir@s e bos ventos¡¡¡¡¡¡¡¡¡vemonos de hoxe en sete dias¡¡¡¡


No hay comentarios: