O sabado inda que a tarde aparecia un pouco gris despois de unhas cantas chamadas decidimonos a sair para disfrutar dunha tarde de vela nas dornas de tope,sen rumbo nin obxetivo ningun saimos de Meloxo e decidimos ir hasta Rua inda q o final rematamos indo a Ribeira.Despois dunha paradiña "tecnica" para repoñer forzas volviamos as dornas para iniciar a travesia de volta a casa,unha travesia fermosa nunha compaña inmellorable as dornas de tope volveron a surcar a ria desta vez non para traballar senon para facernos disfrutar dunha tarde de vela tradicional.
lunes, abril 09, 2012
A tope nas dornas de tope.
O sabado inda que a tarde aparecia un pouco gris despois de unhas cantas chamadas decidimonos a sair para disfrutar dunha tarde de vela nas dornas de tope,sen rumbo nin obxetivo ningun saimos de Meloxo e decidimos ir hasta Rua inda q o final rematamos indo a Ribeira.Despois dunha paradiña "tecnica" para repoñer forzas volviamos as dornas para iniciar a travesia de volta a casa,unha travesia fermosa nunha compaña inmellorable as dornas de tope volveron a surcar a ria desta vez non para traballar senon para facernos disfrutar dunha tarde de vela tradicional.
viernes, abril 06, 2012
Calendario de actividades FGCMF 2012

Calendario oficial da federacion coas actividades previstas para este 2012.Xa estamos en semana santa e non queda nada querid@s dorneir@s e tempo de rematar os ultimos preparativos despois do inverno e pronto as embarcacions volveran o mar pa cubrir a ria co as suas velas,pa facernos disfrutar de inesquecibles tarde de vento en inmellorables compañias.Dende a asociacion esperamos vervos a tod@s pronto xa que o inverno sempre se fay longo pa volver a disfrutar destas xornadas,un saudiño e bos ventos para tod@s.
sábado, febrero 25, 2012
Convócanse Asambleas
Facemos pública unha doble convocatoria, a celebrar na Sala de Xuntas do Pavillón de Deportes Náuticos, no Porto do Grove, o vindeiro sábado 17 de marzo de 2012, a partir das 19.30: h. Como veredes na comunicación que recibiredes nos coso domicilios e enderezos electrónicos, é tempo de eleccións á nova Xunta Directiva da nosa Asociación, queremos que saibas que o actual equipo directivo non se vai a presentar á reelección, e polo que vos animamos a dar o paso cara á xestión de Amigos da Dorna Meca.
domingo, enero 29, 2012
As dornas de tope xa están no mar

domingo, enero 22, 2012
Outro video
Seguimos a recopilar documentos gráficos da temporada pasada, xa que é tempo de dique seco e mantementos diversos nas embarcacións e deste xeito lembramos bos momentos no mar.
O sábado primeiro de outubro de 2011 celebrouse no porto do Grove a Regata do Marisco, un total de 27 dornas sairon con un tripulante abordo e outro sobre o dique de abrigo.
miércoles, enero 11, 2012
Video de Porto Meloxo
lunes, diciembre 26, 2011
Pinos para palos

viernes, diciembre 23, 2011
Adianto do Video de Carril
miércoles, diciembre 21, 2011
Os barcos en terra

lunes, diciembre 12, 2011
O Concello de Vilagarcía sigue negándose a pagar a débeda
Fotografía: Iñaki Abella, Farodevigo.es
Representantes da FGCMF presentaron por rexistro no Concello de Vilagarcía un escrito no que se debulla, e desarma, a resposta dada polo goberno desa cidade á Federación en relación á debeda do X Encontro de embarcacións Tradicionais de Galicia, celebrado en Carril este verán.
A groso modo esto é o que pasou: a Xunta de Goberno do Concello de Vilagarcía comunicou por escrito que o Concello non vai asumir a débeda de 21.000 euros do Encontro este ano 2011, e tampouco a vai incluir nos orzamentos do 2012. Alega para non facer esto último que xa aportou ao Encontro 100.000 euros, cousa que é totalmente falsa. Sin embargo di que estarían interesados en falar do Encontro de 2013... sen comentarios.
Tedes a información ampliada nestes enlaces do Faro de Vigo e na Voz de Galicia
martes, diciembre 06, 2011
Varada da Meca
domingo, noviembre 27, 2011
O número 6 da revista Ardentía xa está a venda
Nesta ocasión vaise vender a revista directamente na Asociación, así que todo aquel que a queira mercar pode xa pedila.
miércoles, noviembre 02, 2011
O Concello de Vilagarcía rexeita facerse responsable dos gastos ocasionados polo seu abandono no X Encontro
Máis información no seguinte enlace:
http://culturamaritima.org/node/17105
lunes, octubre 31, 2011
O X Encontro e a débeda do Concello de Vilagarcía a Pleno.
A Convocatoria da FGCMF di:
Durante a organización e celebración do Encontro en Carril houbo problemas co Concello de Vilagarcia, quen simplemente "desapareceu" do Comité Organizador desde o cambio de goberno propiciado polas últimas eleccións municipais.
Debido a que o Concello non fixo ningunha aportación directa ao Encontro, tívose que asumir o que en principio lle correspondía ao Concello e como consecuencia hai un desfase no orzamento de 21.000 euros aproximadamente.
Dende a realización do Encontro ata o día de hoxe non foi posible falar co equipo de goberno do Concello de Vilagarcía de Arousa, a pesares de solicitálo a FGCMF en numerosas ocasións e por diferentes vías. Por esta razón a Xunta Directiva da FGCMF non lle quedou outra solución que manter reunións cos grupos políticos da oposición do Concello de Vilagarcia para tratar este tema (en principio mostráronse favorables), e fíxose unha petición para que sexa tratado no próximo Pleno e que poida intervir un representante da FGCMF nese Pleno.
O xoves, soupemos que o tema non estaba incluído na Orden do día do Pleno do Concello de Vilagarcía do vindeiro luns 31 de outubro. Por esta razón, os grupos da oposición van pedir o mesmo luns no Pleno, que pola vía de urxencia se inclua na orden do día o asunto do X Encontro. Na solicitude que se presentou no Concello se pide que un representante da FGCMF interveña no Pleno para explicar a problemática.
A xunta directiva da FGCMF pide o voso apoio e solicita a vosa presenza o luns no Pleno que terá lugar na sede do Concello ás 17:00 horas. É importante que fagades chegar esta solicitude de apoio a todos os interesados en defender o patrimonio marítimo galego.
Para coordinar o tema propoñemos:
-Estar o luns 31 na entrada do Concello as 16:30 horas, alí repartiremos unhas camisetas que nos identificarán.
-Neste intre trátase de facernos ver, polo de agora non faremos ruído. Polo tanto no caso de que ao inicio do Pleno non se acepte tratar o tema nese Pleno retirarémonos en silencio.
É importante que se poida pechar correctamente o X Encontro, xa que se así non fose estaríase poñendo en perigo, como mínimo, a convocatoria do seguinte Encontro.
sábado, octubre 29, 2011
Dias de marusía

Esta semana tivemos mal tempo, na praia de Confín notouse ben a marusía, como vedes na fotografía o mar chegou aos cimentos do local, mais concretamente no repunte da marea mollouse a plataforma e todo, afortunadamente o vento non foi moito e evitou que houbera máis destrozos que que dos que xa houbo en Virxe das Mareas... e coma sempre despois do temporal veu a calma.
lunes, octubre 17, 2011
Poñendo juapo o local

A pesares de que temos un tempo primaveral, xa vai sendo hora de pensar en invernar os barcos. Durante a Festa do Marisco quixemos facer algo de ambiente poñendo na plataforma do local unha dorna e o Rakú, como o racusiño estaba ben seco xa lle demos un par de mans de mejunge, como da fé a foto na que o vice Manolo puxo a sulfatadora ao rojo vivo.

Cando o barco estivo listo, esperando a ser gardado para pasar o duro inverno, foi momento de poñernos a adecentar o local que nos ten cedido o Concello do Grove, que xa que o usamos queremos que estea en condicións. O primeiro foi reafirmar a barandilla, tanto os postes como os cables e os listóns de madeira, que foron atornillados e recibiron unha man do protector da madeira que usaramos para o propio local.
O sábado pola tarde a plataforma na que se encontra o local foi chorreada con agua a presión, como preparación do que lle esperaba nesta tarde de luns, na que lle demos un tratamento a base de producto protector da madeira, quedou todo arranxadiño, e queda para outro dia a parte de atrás, na que está o Rakú.Aínda que hai un grupo xeitoso de voluntarios a axuda que poida vir nunca está de máis, se botar unha man nestes traballos pásate por Confín pola tarde.

jueves, octubre 13, 2011
Pachanga do Pilar


domingo, octubre 02, 2011
Calma na Regata do Marisco 2011
Na primeira fotografía podedes ver que introducimos unha novidade, a saída da regata fíxose con un dos tripulantes da dorna "en terra", mais concretamente no dique flotante do porto do Grove, e a vela recollida, no intre da saída o tripulante salta abordo e a navegar. O percorrido non pudo completarse porque o vento non dou para máis, e á altura do faro do Sinás ca correntada das mareas vivas facian que as dornas fora máis para atrás que para avante.
Con todo, a nivel organizativo todo saíu moi ben, fixemos a entrega de premios (aos que foron entrando primeiros nos pasos obligados) e tomamos uns pinchos antes de despedirnos, xa non quedan regatas pero se o tempo nos deixa, o sábado que ven intentaremos facer unha pachanga ou algo. Mentras tanto, e para dar ambientillo puxemos a Siña María e o Rakú á beira do local e unhas dornas varadas na praia de Confín, os veciños encantados din que da gusto ver a plaia así, e os turistas facéndolle fotos.

Tedes máis fotos da regata nestes enlaces de:
Todogrove.com
Diario de Arousa
martes, septiembre 27, 2011
Regata do Marisco 2011

Un ano máis remata a temporada de regatas de dornas a vela coa Regata do Marisco, esta edición terá lugar o vindeiro sábado 1 de outubro en augas do porto do Grove, a saída está prevista para as 4 da tarde, teremos a marea para arriba toda a tarde.
Esta regata inclúese no programa da Festa do Marisco, organizada por Amigos da Dorna Meca e co patrocinio do Concello do Grove.
