miércoles, octubre 13, 2010

A Pachanga do Pilar


Como a previsión para o martes era de día festivo e con unha airexa de norte, puxémonos de acordo para salir a navegar, cada un puxo un pouco da súa parte e organizamos unha pachanga.
Con todo botámonos ao mar 9 dornas, preparamos un recorrido non moi longo e aos dous minutos demos a saída.

A ver, pa onde imos?

Como quedou dito tivemos concurencia e saímos a dar uns bordos ata o arido , para coller a baliza de entrada no porto e logo para terra de novo.
A tarde sirveu para pasar un dia de navegación xuntos, e incluso para que algunha socia se estrenara na navegación en dorna.

Primeira lección: hai que poñer o torno antes de baixar a dorna

Ao chegar a terra houbo unha cuchipanda para os participantes nun ambiente inmellorable: arros con marisquiños bivalbos e uns xureles-caneus na brasa. Despois incluso se entregaron uns modestos trofeos aos mellores do día. Así da gusto.
Esta seguro que é para moitos de nós a última saida a velear deste ano, e quedamos con un moi bo sabor de boca, polas viandas e mais pola experiencia. Para a temporada que ven esperemos que máis e mellor. (Se o vento non nos dá tanta estronda coma este ano...)

domingo, octubre 10, 2010

Acabouse a temporada coa Regata do Marisco

Foto de familia da regata

Este sábado tivemos un día espléndido para celebrar a Regata do Marisco 2010, preto de 15 dornas tomaron a saída na última regata da temporada, a inmensa maioría delas do noso club, aínda que tamén estiveron dornas da Illa de Arousa e de Vilanova.
Para Amigos da Dorna Meca este foi un bo remate da temporada xa que todo saiu ben nesta última cita na que completamos un pódium meco.

A clasificación quedou como sigue:
1. Semparada. Dorna Meca
2. Fuxe. Dorna Meca
3. Lamaschica. Dorna Meca
4. A Rona. Dorna Meca
5. Siña María. Dorna Meca
6. Marijuana. Dorna Meca
7. Bandalla. ACD Dorna
8. Fanequeira. Dorna Meca
9. Faisca. Dorna Meca
10. Javiota. ACD Dorna

Aqui tedes a galería de imaxes de Todogrove.com
A noticia en Faro de Vigo e na Voz de Galicia

domingo, septiembre 26, 2010

Regata do Marisco 2010

A REGATA DO MARISCO CAMBIA DE DATA
celebrarase o vindeiro fin de semana en lugar do día 2

sábado, septiembre 25, 2010

A Rona, primeira en Porto Meloxo

Un total de 27 embarcacións foron as que tomaron a saída nesta terceira edición, na que tiveron que completar dúas voltas un percorrido triangular entre o porto, o Faro das Pedras e unha baliza fondeada na praia da Mexilloeira, e que se desarrollou con ventos de compoñente noroeste e intensidade variable.

O premio para a dorna mellor clasificada quedou no Grove, foi para a A Rona, tripulada por Daniel Otero e Lucía Álvarez, a Asociación de Amigos da Dorna Meca, a que entrou primeira na liña de meta tras un intenso man a man entre o grupo de cabeza de regata, chegando incluso a perigar a súa posición por unha mala manobra nun dos últimos bordos de ceñida para encarar o remate da regata.

Foi esta ceñida desde a Mexilloeira ata a bocana de Porto Meloxo que decidiu a clasificación da proba, e foron Juan Manuel Parada e Juan Servando a bordo da Forza R a segunda en completar o percorrido seguidos da Mimela, tripulada por Salva Allo de Adelino González, ambos da Asociación Cultural Dorna da Illa de Arousa.

Outros premios

Pero non se acabou ahí o recoñecemento aos participantes, xa que a organización se reservaba algunha que outra sorpresa, deste xeito tamén se agasallou ao tripulante de máis idade, que foi José Paz que aos seus 76 anos é un habitual das regatas de dornas a bordo da Freixana; e tamén Manuel Meis levou un agasallo por ser o dorneiro máis mozo, que con 10 anos de idade navega na Nocra. E non parou ahí a cousa, xa que tamén houbo un trofeo para “o primiero pola cola”, un revulsivo contra o desánimo para as tripulantes da Chati.

Participación

As preto de trinta dornas participàntes chegaron a Porto Meloxo desde diversos puntos, ademáis das 10 dornas que aportaron os membros da Asociación de Amigos da Dorna Meca, hai que sumar os participantes da Asocaición Lajareu por Barlovento, de Ribeira: da Asociación de Amigos da Dorna de Portonovo; Asociación Mar do Bohido, de Cambados; e da Asociación Cultural Dorna, da Illa de Arousa.

Esta regata foi organizada polo Bar Meloxeira coa colaboración de Amigos da Dorna Meca.

A seguiinte cita para as dornas será o vindeiro sábado, no porto do Grove, con motivo da Regata do Marisco 2010, e coa que se pon remate á temporada desta competición.

Fotografías e video en Todogrove.com

lunes, septiembre 20, 2010

III Premio Regata dornas a vela Porto Meloxo

Este sábado volven as dornas a Porto Meloxo co III Premio Regata dornas a vela Porto Meloxo.
Esta é unha cita festiva, a temporada vai rematando e un ano máis a xente do Bar Meloxeira aposta por convocar as dornas a vela nesta praia, e Amigos da Dorna Meca non pode máis que brindar o seu total apoio na organización.
A saída está para as 4 dda tarde, e teremos que andar vivos e atendos ao reloxo que alí a marea non perdona.

jueves, septiembre 16, 2010

I MEMORIAL TITO SILVA

O pasado sábado 11 de setembro asistimos unha representación de Amigos da Dorna Meca ao I Memorial Tito Silva, que reuniu en Cambados un amplo abano de velas e formas...

Fotografía cedida por Fernando P.

Do Grove acercáronse a navegar outros amigos cos seus barcos, como Paco, no Ayala; Leiro, no seu Snipe; Gerardo e Klaus, no Voodoo; Ricardo, na Plaia da Panadeira, ou XA Ochoa, a bordo da Sara O.

Se queredes saber mais sobre Tito Silva e ver algunhas fotografías da tarde de mar, pinchade nestes enlaces:
Bou de Vara. "En memoria de Tito"
Dornablog
Acd Dorna. "I Memorial Tito Silva. A dorna de tope"

lunes, agosto 30, 2010

III Regata de Clásicos


A Asociación de Amigos da Dorna Meca, volveu a colaborar co Club Náutico San Vicente do Mar na organzación deste evento, queremos dar as gracias a todas as asociacións e tripulantes que se achegaron ata O Grove para tomar parte da concentración e III regata de clásicos De San Vicente.

Xuntos estamos conseguindo que esta sexa unha xornada de convivencia na que se reunen barcos moi diferentes pero con moitas cousas en común. Nesta terceira edición acadáronse os 24 barcos participantes e o domingo foi unha xonrada estupenda para velear, lástima de un pouco máis de vento...


Non faltou a Meca e algunhas dornas dos socios, e ainda que o importante é participar aquí vos deixamos o reparto de premios.

- Sara O, de Xosé Avelino Ochoa, embarcación con maior número de tripulantes da Escola de Vela do Club Náutico San Vicente.

- A dorna xeiteira Rabandeira, da Asociación Rabandeira de Vilanova de Arousa, como primeira clasificada na categoría de barcos de traballo.

- O Aguete, motovelero propiedade da Armada Española, como primeiro clasificado nos barcos Espírito de Tradición.

- O gañador en barcos clásicos foi o Ébano, un vela lixeira da clase Snipe, construído en madeira laminada nos estaleiros Lago de Vigo en 1970, tripulado polos irmáns David e Sonia Leiro.

- O premio ao barco máis fermoso por votación entre os participantes foi para o Naia, de Pablo Blanco.

- O premio ao barco de Época foi a parar ao galeón Nuevo Sofía, da Asociación Rabandeira de Vilanova de Arousa.

lunes, agosto 23, 2010

Volvemos a Combarro


Un agosto máis asistimos á cita cos compañeiros de Combarro, e xa van 15 anos de Concentración de Embarcacións Tradicionais.


Despois de xantar partía A Meca do porto do Grove con moi boa marcha, que non durou moito, para ser exactos ata Con de Fora, onde se movía un neboeiro intenso que obrigou a afinar os sentidos para ver e ser vistos. Ata cegar a divisar Portonovo a néboa era mesta como os pelos dun can, pero de aí en diante a Meca foi costeando e algo mais adiante puxeron rumbo sur, xa que a na outra banda da ría de Pontevedra estaba o día claro e ben despexado.

Unha vez alí navegamos e compartimos bos momentos en terra entre barcos e amigos. Aínda que o tempo non foi moi apacible fixemos todo o posible para disfrutar da cita.


REGATAS

Por causa de un problema loxístico non dispoñiamos de unha dorna de 9 cuartas en Combarro polo que houbo que buscarse a vida para participar na regata de remos, así que o presi Lino, o vice Manolo e o noso Fabián embarcaron na buceta A Boureante, cedida para a ocasión para tomar parte da regata:

conclusión 1ª: o importante é participar e non embestir!

conclusión 2ª: Que-REMEdios!


PROXIMA CITA

O vindeiro fin de semana participaremos co'A Meca na Concentración e Regata de Clásicos de San Vicente, na cal colaboramos nos temas de organización. O regateiros teñen a posibilidade de asistir coas dornas á Regata do Bao, e tamén está a alternativa do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Bueu.

Como todos somos maoires de idade cada un irá a donde prefira.

lunes, agosto 16, 2010

Novedades varias

Hai xa algún tempo que non damos conta do que acontece no eido da Asociación, pois agora é o momento de poñerse ao día.

XIV REGATA DOS FAROS.
Esta cita ilusionante tivo que ser aprazada por motivos dos fortes ventos que tiñamos na mañá do 17 de xullo. Tras unha posta en común dos membros da directiva e algúns dos socios que participan da organización, a Xunta Directiva acordou tomar a decisión de aprazar a regata, xa que a responsabilidade última no aspecto da seguridade no mar, recae sobre o presidente da Asociación.
Afortunadamente puidemos avisar a participantes, lanchas de apoio e demais partes interesadas para que ninguén dera viaxes en balde.
A nova data está por determinar.



III REGATA DE SAN VICENTE
Celebrouse este sábado 14 de agosto, entre a Lanzada e Pedras Negras, un ano máis en estreita colaboración co Club Náutico San Vicente do Mar, e con un vento que finalmente dou unha tregua para poder velear, con rizos, eso si.
A nova e fotografías en Todogrove.com
A organización desta regata seguiu os cauces habituais pero o número de dornas participantes foi ínfimo, practicamente reuniuse o quorum mínimo e indispensable para poder chamarlle regata.
Con estes vimbios hai que facer o cesto, que quere dicir esto? pois que todos debemos reflexionar en frio, meditar, e valorar os resultados dos recursos que empregamos para levar as cousas adiante.
Unha vez analizadas as conclusións deberemos actuar en consecuencia.


XV CONCENTRACIÓN DE EMBARCACIONS TRADICIONAIS DE POIO

Vimos de formalizar a inscrición de varias embarcacións vinculadas á Asociación de Amigos da Dorna Meca, para tomar parte un ano máis no encontro de Combarro. De xeito que esta fin de semana deixaranse ver as fasquías e os falares mecos nas augas da Ría de Pontevedra.

lunes, julio 12, 2010

XIV Regata dos Faros


Xa o temos casi todo listo, vémonos o sábado.
Ao remate da regata saliremos navegando para participar na Varada de Santo Tomé que organizan os nosos amigos do Club Mariño Salnés, que nos acollerán con sardiñas, pan e viño.

lunes, mayo 31, 2010

Xente traballando

O sábado, a pesar de amanecer un dia bastante roñento, que nos cortou o rollo coa choiva en un par de ocasións pudemos aproveitar a mañan para porlle man á Meca.

Rascouse o casco por forae douselle unha primera man de lixa, por dentro deixámola en casco e pasámoslle a aspiradora. repuxemos a cadena do timón e colocámoslle uns zincs no quillote, aproveitamos para mercar o material necesario para a posta a punto e para organizar o material que tiñamos no astillero.

O traballo restante farano os Manolos (Rei e Triñanes) durante a semana, xunto cos voluntarios que teñan as tardes libres e se acheguen.

Aos que acudístedes moitas gracias:

Manolo, Eduardo e Miguel; Quin e Dani; Fabián e Pepe, Toli, Aguiño, Santos, Lino, Marcos, Gerardo, Rafilla, Javi... creo que están todos. Durante a semana seguiran dándolle os Manolos (Triñanes, Rey e Aguiño) e algún que outro voluntario que se preste.

Dehoxe en 8 días estará lista para navegar.

A noticia en Faro de Vigo

jueves, mayo 27, 2010

Arranxar a Meca o sábado 29 de maio


Este sábado 29 de maio empezamos os traballos na Meca, imos a arranxala: rascar pintura e patente e poñela ben bonita.

Toda a axuda será benvida, polo que quedamos Astillero dos Garrido ás 10.30 da mañan con roupa de faena.

Agradeceríamosvos que todos os que poidades vos acheguedes a botar unha man, sexa media hora ou o que sexa, xa que cantos mais seamos antes acabaremos, A Meca é cousa de todos e tamén vos lembramos que está ahí para navegar a disposición dos socios.


domingo, mayo 09, 2010

Celebrada a primeira Asamblea do ano

Foto: Todogrove.com


Case 30 socios tomamos parte da Asamblea Xeral Oridinaria, celebrada este sábado no Pavillón de Deportes Náuticos, e na que tratamos temas tan relevantes como a situación d'A Meca, que se reparará esta semana, e onde detallamos os contidos das actividades para este ano.
Faremos unha convocatoria para rascar e pintar A Meca, vía movil e internet.

A noticia en Todogrove.com
na Voz de Galicia

miércoles, febrero 03, 2010

Enmenda á «Ley General de Navegación Marítima»

Solicitamosvos a vosa participàción individual na campaña para que se acepte unha enmenda na futura «Ley General de Navegación Marítima» que recoñeza ás embarcacións tradicionais e históricas.

Pronto se vai reunir a Comisión de Justicia do Congreso dos Deputados para tratar este tema e cantos máis apoios se teñan máis posibilidades haberá de que se acepte.
Neste momento son moitos os colectivos e institucións de toda España que enviaron o seu apoio, pero ainda precisamos máis apoios individuais.
Se cres que a enmenda é necesaria escribe a enmiendalgnm@gmail.com co seguinte texto:

Por el presente documento, (NOME APELIDOS E NUMERO DE DNI) manifiesta su pleno apoyo a la enmienda al Proyecto de Ley General de Navegación Marítima que contempla la introducción de una disposición adicional titulada «Protección del Patrimonio marítimo flotante. Estatuto jurídico de las embarcaciones históricas y tradicionales». Con ello se pretende que dichas embarcaciones se rijan por una legislación específica que garantice su protección y su uso, y contribuir a la protección de nuestro patrimonio marítimo flotante, en línea con otros países de nuestro entorno.

LUGAR DE RESIDENCIA E DATA.

Non se responderá aos correos nin se gardarán datos despois da presentación da enmenda.

Anímate a participar, enviando un simple correo electrónico poderemos conseguir esta consideración para as embarcacións tradicionais

lunes, noviembre 16, 2009

O racú inverna en Moreiras

Fotografías: Todogrove.com

O pasado sábado tivemos a Asamblea Xeral, pero antes quixemos aproveitar a tarde e a vontade de un bo número de socios para facer o traslado do RAKÚ ata Punta Moreiras.
O viaxe por carretera xuntou a unha cantidade ben xeitosa de voluntarios, que o colleron no varadoiro de Peralto para achegalo ata o CIPES. Unha vez alí cambiouse para un carriño de varada máis pequeno e foi levado ata o lugar onde pasará este inverno.
A arquitectura do CIPES non nos permitiu empiar o palo e izarlle a vela... que lle imos facer.
Mentras estea en seco instalarémoslle un motor e remataremos de acondicionalo.

Nesta asamblea reunímonos preto de 30 socios, e algúnhas caras novas que se incorporan á asociación con ganas de navegar e participar, dámoslles a benvida e agardamos que así sexa en canto o tempo no-lo permita.



lunes, octubre 26, 2009

Asamblea Xeral

Queda convocada a

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
Lugar: Centro de Interpretación da Salga e a Pesca. Punta Moreiras. O Grove
Día: sábado 14 de novembro de 2009 Hora: 19:00 h.

Orde do día

1. Lectura e aprobación da acta anterior, se procede
2. Dación de contas
3. Memoria de actividades 2009
4. Cambios nas regatas
5. Saídas abertas
6. Varios:
Rogos e preguntas

sábado, octubre 03, 2009

Regata do Marisco 2009 Frustrada


Foi unha pena, pero finalmente non puidemos rematar a Regata do Marisco deste ano, saímos ao mar un total de 34 dornas (12 delas eramos do Grove) e máis A Meca, e despois de moito esperar polo vento, este non deu chegado.

A nosa idea era darlle a volta á Illa da Toxa, o que podería ser unha regata ben bonita, pero quedámonos pouco máis adiante da Cabreira.


Agradecémoslles a participación a todos os dorneiros que se achegaron ao grove neste día e despedimos as regatas ata o ano que ven.



martes, septiembre 29, 2009

Vamos, que nos vamos!!


Este sábado 3 de outubro teremos a Regata do Marisco 2009, organizada pola Asociación de Amigos da Dorna Meca co patrocinio do Concello do Grove, e que está incluída no programa da Festa do Marisco deste ano.

Para esta ocasión temos preparada unha pequena sorpresa para a regata.

Animamos e convidamos a participar nesta última regata da temporada, que será a última das 4 regatas celebradas no Grove este anos, no que desde a asociación comezamos con iniciativas de fomento e participación social das embarcacións tradicionais, na medida do posible.

domingo, septiembre 27, 2009

Navegamos na Festa da Vela

Velas de todo tipo no Grove

Onte sábado saimos a navegar e disfrutar da fantástica tarde de setembro, con unha brisiña do noroeste. A saída consistiu na Festa da Vela, organizada polos compañeiros da Escola de Vela O Grove, que a veñen celebrando desde hai catro anos, e á que nos convidaron.


O pequeno Rakú tamén se apuntou. Foto: Dani Otero

Pois resulta que pouco antes das 5 da tarde saímos todos a velear: A Meca, o Rakú, a Lamaschica e a Nocra. Pero eso non foi o único, a maior parte das embarcacións de vela lixeira da escola tamén sairon, acompañados polo Raquel C e algún que outro cruceiro que se animou a participar.

O Raquel C ofrece unha preciosa estampa

Ao remate cando estabamos todos en terra reunímonos nas dependencias da escola, no Pavillón de Deportes Naúticos, para tomar un pincho e unha fresca.

Carmen, a pequena de Cores, no seu optimist seguida de cerca pola Meca

O sábado que ven despediremos a temporada de regatas de dornas no porto do Grove.
A nova en:

lunes, septiembre 21, 2009

A Regata de Porto Meloxo sigue a medrar



Este sábado tivemos o II Premio Regata de Dornas a Vela de Porto Meloxo, organizada polos amigos do Bar Meloxeira, (algúns deles son os que nos axudan coas lanchas nas regatas) e cos que colaboramos moi a gusto.


Salimos coas dornas varadas na praia, co palo arriba e a vela armada, despois de dar a saida empuxámolas e armamos o timón para disfrutar da tarde navegando.


Nesta ocasión contamos con 30 dornas nesta xornada coa que pretendemos espallar o mundo da navegación tradicional alí onde se nos requira, e sobre todo, onde mostren o seu interes por apoiar todo este movemento, como é neste caso.


Ganou a Fuxe, con Manolo Parada á caña, seguida pola Cariñosa, do Checo, e de terceira rematou a Cariñosa de Santi Mougán. Tamén houbo un pequeno trofeo para os que pechaban a lista, por aquelo de non desanimarse.
Ao remate sardiñas, xurelos e outros "benmesabes" e o convite aberto a voltar a Porto Meloxo a próxima tempada.


Todogrove.com, Faro de Vigo, Culturamaritima.org e o Blog da ACD Dorna fixéronse eco da regata con crónicas e fotografías.
Vémonos o día 3 na Regata do Marisco, onde nos depediremos da competición oficial.

martes, septiembre 08, 2009

Regata en Porto Meloxo

Este ano volveremos a facer unha regata en Porto Meloxa, colaboraremos cos amigos deste barrio que se movilizaron para facer posible o II Premio Regata de Dornas a Vela de Porto Meloxo, a cita é o sábado 19 de setembro ás 4 e media da tarde.
Alí nos veremos.

sábado, agosto 29, 2009

Saídas abertas

Como quedou dito no anterior post, continúa a campaña de saídas abertas de navegación tradicional que estamos a levar a cabo a bordo da'A Meca.
Na do pasado mércores embarcou Olalla Sánchez, unha xornalista de La Voz de Galicia, que elaborou esta reportaxe audiovisual sobre a travesía.


Fotografía tomada da web de La Voz de Galicia
Neste caso o viaxe foi desde San vicente ao porto do Grove, con ventiño do sur, e nel paticiparon tamén María, do Grove, Patricia, coruñesa aínda que grovense por motivos laborais, e Jesús, de Mosteiro.

jueves, agosto 27, 2009

Amigos da Dorna Meca non pecha en agosto

A Meca coa Illa de Tambo pola proa

A pasada fin de semana rexistramos unha intensa actividade no movemento das nosas embarcacións. O venres as 3 da tarde saía para Combarro A Meca, a fin de participar na XIV Concentración de Embarcacións Tradicionais de Combarro. O sabado navegou pola mañán e durante toda a tarde anduvo tamén pola ría, en compañía da Semparada.
O sábado tamén saiu do porto do Grove o Rakú, que o domingo participuo na II Regata de Clásicos Emprosal, na que houbo bastante vento e algo de ola, o que non lle impediu aos tripulantes pasar unha espléndida tarde de navegación (da xenio velo). Tamén participou A Meca, xa de volta de Combarro.

O Rakú coa Barrosa de fondo

A Meca pola Lanzada

A todo esto, continúan as saídas abertas de navegación que estamos a levar a cabo este verán.

domingo, agosto 16, 2009

A Cariñosa gaña a II Regata de San Vicente

Finalmente o vento dounos unha tregua e puidemos disputar a II edición da Regata de San Vicente. Participaron un total de 16 dornas que completaron un percorrido aberto e no que se fixemos ver desde as praias ateigadas de xente. Vento moderado e moito sol nunha tarde máis de regatas.
Foto tomada de: Todogrove.com

Clasificación da II Regata de San Vicente de Dornas a Vela

Cariñosa ACD Dorna

Xarandeira AC Fasquía

Fuxe Dorna Meca

Forza R ACD Dorna

Zenaida ACD Dorna

A Rona Dorna Meca

Tiñana Dorna Meca

Nerea Rabandeira

Maristela Rabandeira

10ª Semparada Dorna Meca

11ª Freixana CM Salnés

12ª Siña María (Negra) Dorna Meca

13ª Maria Victoria Dorna Meca

14ª Siña Pepa Dorna Meca

15ª Nocra Dorna Meca

16ª Bicoca Portonovo


A noticia en Todogrove.com

sábado, agosto 08, 2009

II Regata de Dornas de San Vicente


Un ano máis, temos a satisfación de convidarvos á II Regata de Dornas de San Vicente.
O próximo sábado 15 de agosto, ás 4 da tarde, agardamos vervos alí.

miércoles, julio 29, 2009

Saídas abertas

Por fin saímos! Hoxe mércores realizamos a primeira saída divulgativa na Dorna Meca. Nesta primeira ocasión navegaron n’A Meca catro rapazas, que pasaron unha tarde de navegación na que a choiva non nos respetou.

Con todo as nosas primeiras convidadas quedaron satisfeitas coa experiencia e esperamos que volvan e decidan incorporarse ao mundo das embarcacións tradicionais.
Na Voz fixeron unha reportaxe, publicada hoxe 4 de agosto

domingo, julio 19, 2009

O Grove no programa Salitre


Mañá luns, na TVG, a partir das 21.30 horas, emítese o programa Salitre, que tratará sobreo porto do Grove. O equipo do programa saiu a navegar cos Amigos da Dorna Meca a bordo da Meca, onde entrevistaron ao presidente: Lino Prieto.
Lembrade: este luns ás 21.30 horas.

sábado, julio 18, 2009

Vinteunha dornas na XIII Regata dos Faros


Marabillosa tarde de navegación a que tivemos na XIII Regata dos Faros, xuntámonos 21 embarcacións para disfrutar de unha tarde para as dornas. Os compañeiros e amigos da ACD Dorna, da Illa de Arousa estaban hoxe de festa grande polo Carme, e disculparon a súa ausencia, ainda que si que asistiu unha pequena delegación dos seus afectivos. Tamén faltou algunha das nosas dornas...
O ambiente foi excelente e a regata siui moi ben, gracias ao traballo de organización que desempeñou o equipo que se encargou de preparar o evento.Gracias a todos eles e gracias tamén aos que asistiron á regata.

Clasificación

1ª Bazarra ACD Dorna Illa de Arousa
2ª Fuxe Dorna Meca O Grove
3ª Jalerna ACD Dorna Illa de Arousa
4ª Fanequeira Dorna Meca O Grove
5ª Maristela Rabandeira Vilanova de Arousa
6ª Triñana Dorna Meca O Grove
7ª A Rona Dorna Meca O Grove
8ª Zenaida ACD Dorna Illa de Arousa
9ª Coninha AD Portonovo Portonovo
10ª Marijuana Dorna Meca O Grove
11ª Bandalla ACD Dorna Illa de Arousa
12ª Siña Maria (Blue) Dorna Meca O Grove
13ª Semparada Dorna Meca O Grove
14ª Montañesa ACD Dorna Illa de Arousa
15ª Bicoca AD Portonovo Portonovo
16ª Siña María (Black) Dorna Meca O Grove
17ª Siña Pepa Dorna Meca O Grove
18ª Nerea Rabandeira Vilanova de Arousa
19ª Nocra Dorna Meca O Grove
--- Salitrosa Dorna Meca O Grove
--- A Meca Dorna Meca O Grove

A noticia e máis fotografías en
Todogrove.com

miércoles, julio 15, 2009

XIII Regata dos Faros


Este sábado temos a XIII Regata dos Faros, apenas nos repuxemos de Muros, pero seguimos adiante. A partir das 16.00 horas no Porto do Grove.

martes, julio 07, 2009

... e o racú a hinchar


Despois do intenso traballo levado a cabo nos ultimos días, practicamente a contrareloxo, para rematar de aparellar o racú hoxe botámolo ao mar para que hinche e se impregne de salitre. Xa conta con timón novo, ferraxes, panas e cuarteles.

En Muros, se todo vai ben, poderemos ver navegar a vela ao pequeno RAKÚ.

lunes, julio 06, 2009

A Meca en Muros


A dorna Meca chagou este sábado a Muros, desde agora atópase no pantalán esperando o incio do IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.

miércoles, julio 01, 2009

Gústanche as dornas?



Comezamos hoxe unha nova liña de traballo en favor do fomento da navegación tradicional, a cultura e o patrimonio marítmo do Grove.


Trátase de realizar saídas abertas de navegación na Dorna Meca, todas aquelas persoas que sintan interese ou curiosidade polo mundo das dornas e a navegación a vela tradicional poderán achegarse e navegar con nos.


Para participar nestas saídas é preciso chamar con antelación ao teléfono da Asociación (670 84 64 03), posuir o seguro de navegante da FGCMF (ou algun outro seguro persoal de accidentes), traer roupa de abrigo e gañas de aprender e disfrutar de unha tarde a bordo da Meca. En principio sairemos os mércores, con posibilidade de aumentar o número de días se a iniciativa ten aceptación.
A noticia nos medios

Suspendida a XXV Volta á Arousa

Fotografía cedida por http://fungona.blogspot.com


A pasada fin de semana saiu da Praia do Bao a XXV edición da Volta á Arousa. Tomaron parte da proba un total de 62 embarcacións, entre elas 10 dornas do Grove: A Rona, Bichasa, Chunga, Fanequeira, Fuxe, Marijuana, Semparada, Siña María, Pendona e Triñana.

O forte vento sur reinante levou aos responsables da seguridade da regata a tomar a decisión de suspendela.

O pequeno RAKÚ na prensa

A volta a casa do noso racú mereceu a atención da prensa escrita, neste caso o Faro de Vigo interesouse por este barco e pola actividade da asociación.



Podedes ver a nova pinchando aquí.
Mentras tanto contiuaremos a traballar para intentar que o racú chegue ao Encontro de Muros no mellor estado posible.